28 septiembre, 2007

Susi Otero recoñece diante do Xuiz que cubriu os formularios das listas vascas


A imputada acusa ao ex alcalde do Grove da falsificación das listas do PP para o País Vasco.
A empregada municipal asegura que Miguel Ángel Pérez mandoulle cubrir as fichas.
A traballadora do Grumir e antiga secretaria do ex rexedor municipal de O Grove Miguel Pérez recoñeceu que a súa letra era a que figuraba nos impresos electorais que acabaron integrando candidaturas nas municipais no País Basco, aínda que manifestou que o fixera ao sentirse presionada e considerar a Pérez como superior xerárquico e pola súa precariedade laboral no Concello, onde viña encadeando sucesivos contratos laborais. Na comparecencia que onte realizou no xulgado como imputada, dixo que no Grumir encargábase de facer gardas, pero que no concello «facía un pouco de todo, desde ir comprarlle unhas medias a unha concelleira ata realizar traballos para un partido político», e que nesas funcións a favor do partido «só obedecía as ordes do señor alcalde».
Deixovos o enlace a esta nova no Diario de Arousa en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e no diario El Pais, do Faro de Vigo xa non poño nada, porque simplemente non falan nada desto na sua edición dixital. O porque non o sei, pero xa o imaxino. Por certo, a foto foi sacada da paxina http://www.todogrove.com/

25 septiembre, 2007

Sen ruído

O Concello aproba unha ordenanza que implicará multas para quen fagan excesivo ruído a partir das dez da noite
O Grove é un sitio ruidoso, non cabe dúbida. Nas estreitas rúas da nosa vila, fan ruído ata os policías, aos que o pasado verán a entón concelleira de Seguridade Cidadá tivo que pedir que utilizasen o chifre con moderación, que os veciños estaban dos nervios. Acordadevos da entrada deste mismo blog Cousas da Concejala de Seguridade: O Grove no quiere pitos.
As denuncias por contaminación acústica non paraban de chegar ao Concello así que cando tras as eleccións Fredi Bea -do Partido Galeguista- púxose á fronte da concellaría, botou unha ollada á ordenanza que regulaba ese tipo de cuestións e decatouse de que estaba obsoleta, que non se actualizou en dez anos. Púxose ao choio e elaborou un documento no que se endurece o control de ruído, sobre todo en horario nocturno, para que os veciños poidan durmir tranquilos. Así, vixiaranse as xoldas nas terrazas, os ladridos dos cans ou os decibeis da música nos pubs. Pero non só os cidadáns deberán ter coidado, senón tamén os operarios municipais, xa que o camión do lixo deberá andar con pés de chumbo e non molestar en exceso.
Extraido do xornal La voz de Galicia, donde podedes ler a nova enteira.

11 septiembre, 2007

O DEREITO A SABER


Desde uns posicionamentos paternalistas, promoveuse a conveniencia de ignorar os acontecementos relacionados co golpe de estado franquista e a represión posterior; acusando aos que sacaban á luz feitos e nomes asociados con ese período de “pór en perigo a convivencia e a reconciliación entre os españois”. Ademais de xerar un estado de opinión nese sentido, tamén se puxeron trabas legais e académicas concretas ao acceso a información e a divulgación deste asunto e mesmo se deu algunha denuncia e secuestro de publicacións. Aínda así, a enxurrada da memoria foi desbordando os diques do esquecemento e as vendas nos ollos foron transparentando unha verdade que se resiste a enmudecer. Quizais por iso, desde hai un tempo pasouse de mirar mal e obstruír a perseguir directamente a aqueles que están a traballar en condicións precarias para rescatar o ocorrido nesta etapa do noso pasado.Neste contexto de ofensiva contra a investigación histórica é preciso pararse a reflexionar sobre o status desta ciencia nunha sociedade democrática e aberta, mais fundamentalmente o que implica o seu uso público e as consecuencias sociais que ten o acoso aos que traballan desde a perspectiva dos vencidos e a inseguridade xurídica na que quedan, fronte á impunidade na que se moven os apoloxetas do réxime totalitario, propagadores da versión oficial que xustifica a censura das ideas, o asasinato dos discrepantes e a descualificación do sistema democrático.Para analizarmos a situación na que se atopan estudosos e difusores da represión franquista imos levar a cabo estas xornadas que baixo o título de “O dereito a saber, a liberdade de investigar” servirán para debater este asunto abordando as distintas dimensións do problema, tanto no plano académico e institucional como cívico e asociativo, desde o punto de vista máis interno e metodolóxico desta ciencia como na súa vertente pública e no seu tratamento nos medios de comunicación; e sobre todo examinar o marco xurídico e sociolóxico no que se desenvolve o labor de persoas e colectivos ocupados en rehabilitar a memoria histórica.

Extraido do blog dereito a saber

22 agosto, 2007

O Grove retira o monólito fascista

Os restos da peza depositáronse no almacén municipal e no seu lugar colocarase unha marquesiña
A Praza dá Fonte do Galo do Grove loce desde onte unha imaxe distinta: fáltalle o monólito erixido en memoria dos caídos na Guerra Civil polo bando franquista.
O concelleiro de Cultura e promotor da iniciativa para que levase a cabo a súa retirada, Antón Mascato, informou de que o obxectivo estaba cumprido. «Do que se trataba era de facelo desaparecer e ou feito é que xa non está. Isto é unha proba evidente de que ou goberno do Grove vai cumprir vos compromisos que adquira e de que estamos unidos á hora de tomar decisións, en contra dúas que din que este goberno vai durar seis meses».
En canto á retirada do título de fillo predilecto a Franco, o Concello abriu xa o expediente para dar trámite ao acordo adoptado polo grupo de goberno.

01 agosto, 2007

Mascato propón retirar o monolito falanxista

O 17 de Agosto, Día da Galiza Mártir, lémbrase na Galiza a represión exercida polo fascismo contra o pobo galego, nomeadamente coas persoas máis comprometidas coa liberdade da Galiza e co seu desenvolvemento social, económico e cultural. Milleiros de persoas sufriron na Galiza cárcere, tortura e asasinatos (xudiciais e extraxudiciais), nun proceso que eliminou unha xeración comprometida coa liberdade e rachou de vez o avanzo e a evolución natural do nacionalismo galego, que tería de reorganizarse de novo nos anos 60. Alexandre Bóveda foi submetido a un xuízo inxusto e condeado a morrer por un Tribunal Militar; asasinado nas corredoiras da Caeira (Poio) o 17 de Agosto de 1936, manifestou no xuízo o seu desexo de ser soterrado baixo a bandeira galega, nunhas palabras que aínda estremecen:"A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervosamente, xamais a traizoaría, inda que me concedesen séculos de vida. Adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañábel, debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidera. Se non podo ata me gustaría morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, si o tribunal, en conciencia, xulga que debo selo. "Xosé Sesto, quen na morte de Bóveda apresurouse para poder colocar a bandeira galega debaixo da súa chaqueta, contaba que moitos crían que Bóveda morrera, que Alexandre Bóveda morrera definitivamente. "Están, estaban equivocados os asasinos, os enterradores. Por el, por Alexandre, puido decir Castelao, seu irmán, seu amigo, no seu álbum Galiza Mártir "non enterran cadáveres, enterran semente".Castelao, desde o exílio, achou que o 17 de Agosto deberia ficar como " Dia da Galiza Mártir", e así apareceu recollido na revista A Nosa Terra do 25 de xullo de 1942: "Nun día como ise do ano 1936, as forzas negras da reaución nemigas da liberdade de Galicia e treidoras a República Hespañola, fusilaron ao mártir máisimo da Patria Galega: Alexandre Bóveda, segredario do Partido Galeguista. (...)Isa data, Día dos Mártires Galegos, ficará consagrada na ialma do pobo galego como xusta eisaltación dos que deron o seu sangue e a súa vida pola nosa sagra Terra e ficará como eterna maldizón para os treidores de Galicia e pra os que decretaron i executaron as mortes dises milleiros de irmáns nosos". O irmán Bóveda simbolizaria a todos os galegos e galegas vítimas da barbarie fascista e do martirio da nosa Terra no decorrer da História.



Rompamolo monolito coas nosas propias mans, é unha "obriga histórica".

26 julio, 2007

Listas do PP, ata 6 anos de cárcere


O caso das listas do PP vasco pode carrexar 6 anos de cárcere
Calquera funcionario ou cargo público que faia manipulado ou filtrado os datos arríscase a ser inhabilitado durante 12 anos

A presentación de dúas denuncias marca o inicio da conta atrás para a investigación xudicial da incorporación de veciños da comarca de Arousa ás candidaturas do Partido Popular vasco sen o seu coñecemento. E as consecuencias poden ser moi graves para os virtuais responsables dunha manipulación que, segundo as dúas reclamacións interpostas ata o momento, vulneran dez artigos do Código Penal e tres apartados da Lei Orgánica do Réxime Electoral.


Maís información no diario A VOZ DE GALICIA

20 julio, 2007

Nove veciños de Ogrobe candidatos do PP vasco sin sabelo

Nova extraida do xornal La Voz de Galicia
Otras cuatro personas, todas de O Grove, recibieron las cartas de agradecimiento de la presidenta del PP vasco, María San Gil. De ellas, dos figuraron en las listas de Muskiz y Ugao-Miraballes. Así las cosas, el número de ciudadanos gallegos implicados en este proceso se eleva ya a once (nueve vecinos de O Grove y dos de A Illa), de los cuales cinco fueron incorporados a los equipos electorales de cuatro municipios vizcaínos diferentes (además de los ya citados, Orozko y Erandio). El fenómeno llega a ser, por momentos, desconcertante. Hasta cuatro miembros de una misma familia grovense fueron utilizados como voluntarios sin su consentimiento, y dos de ellos fueron incluidos en sendas candidaturas. En O Grove, el epicentro de la polémica sigue instalado en los servicios dependientes de Protección Civil, un departamento municipal con el que de una u otra forma se relacionan la mayoría de los casos descubiertos en el ayuntamiento arousano, contratados antes del 27-M, cuando el PP todavía gobernaba la localidad.

04 julio, 2007

Greenpeace, "Destrucción a toda costa"

Greenpeace se hace eco de los abusos urbanísticos en O Grove
En su informe anual recoge las denuncias hechas por los ecologistas y el BNG


En el último informe de Greenpeace sobre el estado del litoral español aparecen recogidos todos los desmanen urbanísticos que se están denunciando en el municipio de O Grove. En el documento Destrucción a toda costa correspondiente al año 2006, la organización se hace eco de las denuncias realizadas por el Colectivo Ecoloxista do Salnés sobre el proyecto del PXOM grovense, «por sus intentos de reducir los espacios pertenecientes a la Red Natura 2000 en varios puntos, San Vicente do Mar, Ardia y en las inmediciones de la playa de O Carreiro». También se refieren a los límites de servidumbre de protección recogidos en la Ley de Costas y que, según los ecologistas, no han sido respetados en O Carreiro, Area Grande-Punta Barcala y en Ardia. Greenpeace recoge también en el informe el reciente desembarco del Grupo de Delitos Urbanísticos en la península para investigar la urbanización de Raeiros, denunciada por el BNG. «La licencia -dice el artículo- fue concedida hace 13 años y recoge la edificación de un apartotel, no de viviendas adosadas. Además, la construcción se está realizando en suelo rústico de protección oficial de Costas».No es el único municipio de la comarca que aparece en el informe por sus supuestas aberraciones urbanísticas.
Greenpeace enumera los problemas de contaminación en la ensenada de O Grove, donde la Consellería de Medio Ambiente detectó hasta 70 puntos de vertidos, tanto de origen industrial como urbano, así como los residuos de aguas fecales en la playa de Canelas, en Vilaxoán, o las denuncias realizadas por las mariscadoras de Vilanova por los numerosos episodios contaminantes en la zona de O Esteiro.

30 junio, 2007

A noite de San Xoan, ¿Bromas ou vandalismo?

A noite de San Xoán é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianízada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima. A medida que a fogueira se vai extinguindo, a mocedade forma pandillas que saen a "atrancar as rúas, para que non pase ninguen". Recorren barrios e parroquias entre cantos e berros acompañados polo ruido de tarteiras vellas e outros cacharros. 0 propio da noite era "andar ás cancelas". Pero tampouco quedaban atrás os carros, xugos, chalanas, e mesmamente se metían co gando recollido nas poucas cortes que hai em Ogrobe. Pola maña seguinte era doado ir a busca-la cancela que faltaba do seu sitio. Esa noite todo estaba perdoado e isto xa ven de moi atrás, pois consideran os etnógrafos que se facía como un ritual dos ataques do mal para fomentar o caos e o desorde. Hoxe en día, hai bromas que se escapan do senso lúdico e humorístico e tórnanse en vandalismo, perigosas e costosas que poden provocar accidentes, incendios e ata causar mortes a animais maltratados e po-lo visto este ano, as persoas. Quizais falle algo de imaxinación, pero sobor de todo educación cívica. Este ano disque “só” queimaron un contedor de lixo, fai dous anos foron doce e cada un deles debe andar pólos 500 € que pagamos todos nos. E verdade, pasaron moitas menos animaladas ca outros anos, grazas a presenza da nosa Policía nas rúas, pero o que aconteceu e moi grave. Por riba, son menores de idade e pouco se pode facer. Alguen ten que empezar a buscar solucións.

20 junio, 2007

Pérez contrató a uno de sus sobrinos y al hermano del aparejador antes de irse


El cuatripartito investigará las últimas incorporaciones de personal que hizo el PP meco.
En su último día como regidor, 24 horas antes de la toma de posesión de la nueva corporación, Pérez contrató a Miguel Ángel Estévez, vecino de Marín y hermano del aparejador municipal meco, un alto cargo de la Administración local popular cuya labor está siendo investigada por el Grupo de Delitos Urbanísticos. La inusitada fiebre contratadora del dirigente conservador no se limita a este episodio de última hora. Diez días antes, el 5 de este mes, Miguel Pérez rubricó otros dos contratos. El primero tiene como beneficiario a un familiar directo del entonces regidor, concretamente a uno de sus sobrinos políticos, Javier Sanmartín. El segundo nuevo empleado municipal es el hijo de una funcionaria relacionada con el propio aparejador.

El cuatripartito (PSOE-BNG-PG-EU-EG) va ahora a investigar las últimas contrataciones que llevó a cabo el Partido Popular a pocos días de dejar la alcaldía, ya que sus integrantes consideran que son, cuando menos, sospechosas.

Hay más contratos realizados tras las elecciones que se están revisando para determinar si existen relaciones familiares o intereses más allá de lo meramente laboral. Algunos podrían llegar, incluso, a ser anulados.

Noticia extraida de La Voz de Galicia

18 junio, 2007

Xa temos novo Alcalde e un goberno de progreso

¿Que Che parece a formación dun goberno cuatripartito para Ogrobe?
PSOE, BNG, IU e PG forman o novo goberno municipal de Ogrobe. O sabado foi a toma de posesión do novo Alcalde, Jose Antonio Cacabelos Rico e xa ese mismo día tivo unha axenda apretada, con bodas e demais historias. ¿Pensades que sera beneficioso para Ogrobe?. Os retos son moitos e o traballo grande. Tamen para aut@r@ deste pequena fiestra aberta, sempre, a vosa opinión. Como di Xarabal no seu blog, outra pregunta que queda no aire e o que vai a pasar agora co futuro de Miguel Angel, que eso si que vai ser guapo.
A foto e cortesia dos rapaces e rapazas do IES AS BIZOCAS.-

@s Mec@s, elegido el mejor blog del curso

Los alumnos de 4º de ESO del IES As Bizocas, de O Grove (Pontevedra), incentivados por su profesor Román Cerqueiro, han ganado con su blog @s Mec@s el premio al Mejor Cuaderno Digital del curso, de Prensa-Escuela. La bitácora representa para esta clase del Taller de Expresión Escrita un lugar donde opinar y volcar trabajos, pero, sobre todo, es el espacio a partir del cual se abre el colegio a toda la comunidad educativa: incluye numerosos mensajes sobre actividades del centro (exposiciones, novedades, certámenes), en donde el blog actúa como transmisor de información y como expositor hacia el exterior. A juicio del jurado, el aula ha sabido aprovechar la bitácora como herramienta para analizar las información del periódico. A través de su taller de prensa, aborda una gran variedad de noticias seleccionadas por los alumnos, tratadas desde una perspectiva poco habitual ya que además de resumirlas y comentarlas, las enriquecen con recursos multimedia (enlaces, vídeos, tiras cómicas, etcétera).
Podedes ler a nova completa AQUI. Noraboa polo traballo feito o longo deste curso e seguide sempre adiante. Ogrobe movese, e movese na boa dirección.

14 junio, 2007

La Voz de Galicia, 14 junio de 2007

(Firma: XURXO MELCHOR)
"O GROVE tiene tres blogs:
Cousas de Ogrobe (http://ogrobe.blogspot.com), Xarabal (http://xarabal.blogspot.com) y Cartas desde Delfos (http://oraculogaliza.blogspot.com). Dudo mucho que concellos más grandes tengan tal cantidad de blogs en la Red dedicados única y exclusivamente a la vida política y social de sus municipios. O Grove, como siempre, es único, peculiar y maravillosamente dinámico. Cousas de Ogrobe es el más cañero. Ahí reparten a diestro y siniestro y no se salva ni el tato. Ni yo mismo. El Xarabal es incisivo, pero huye del insulto y cuenta con un más que interesante debate de actualidad en el que no faltan personajes muy conocidos. Cartas desde Delfos es el más reposado y sesudo. El que se lleva la palma últimamente es el Xarabal , que actúa como complemento de los medios de comunicación tradicionales. Confieso que me gusta leerlo y que como científico de la comunicación -es lo que pone en mi título- me asombra lo rápido que está cambiando el modo en el que la gente se informa y participa de la actualidad. Entren y vean."

Agradezo a Xurxo Melchor que de novo o seu diaro faga mención sobre o noso Blog, simplemente quero recordarlle a entrada do día 31 de Xaneiro, Aclaración sobre ó contido deste Blog, penso que aqui non se reparte a diestro e siniestro, coma el mismo suliña no seu artigo, que se marcou a existencia duns limites e que á chamada á calma e á serenidade esta á funcionar. Por suposto falase nos comentarios de Xurxo e de outras xentes, pero sempre dende o respecto, ainda que non se estea de acordo coas opiniós. Grazas, Xurxo, por abrir de vez en cando as nosas fiestras. Sobor de todo, GRAZAS, a tod@s que nos ledes ou que deixades un comentario nos nosos espacios, axuda saber que alguén esta do outro lado.

09 junio, 2007

A politica e un servicio público, e as veces os servicios públicos cheiran a podre

Diversos personajes se acercaron a la sede de la famosa Guía Guiness de records mundiales para "renovar sus títulos": Entró Blancanieves y a los cinco minutos salió llena de alegría:- ¡¡Sigo siendo la más bella del Mundo!!. Luego entró Pulgarcito y a los pocos minutos salía saltando y de lo más contento:- ¡¡Todavía no hay nadie más pequeño que yo!!. Entró DUMBO y enseguida salió feliz, batiendo sus orejas:- ¡¡AUN SOY EL UNICO ELEFANTE VOLADOR!!. Entró ALÍ BABÁ escoltado por sus 40 ladrones...- A los 10 minutos salió rojo de la rabia, insultando y gritando en voz alta :- ¡¡¡¿¿Quién coño son el Alcalde de Marbella y el aparejador municipal??!!!

08 junio, 2007

¿cerrado o acordo de goberno?

La izquierda de O Grove diseña un gobierno con catorce concejalías
Además del PG y el alcalde del PSOE, el BNG también podría tener un edil liberado
Los grupos ven con recelo que los galeguistas sigan acudiendo a las reuniones con el PP
El BNG se plantea quedarse en la oposición ante las «imposicións» de los galeguistas
Los grupos políticos que están negociando la formación de un cuatripartito en O Grove -PSOE, BNG, EU y PG- han cerrado el acuerdo sobre cuál debe ser el organigrama del gobierno local, aunque todavía hay lagunas respecto a cómo se van a distribuir las competencias. El diseño establece catorce o quince concejalías, en función de si las delegaciones de Urbanismo y Vivenda e Solo confluyen en una única área o si se dividen en dos. En las últimas reuniones también se habló del reparto de las concejalías liberadas. Esquerda Unida renuncia a tener un edil con sueldo de modo que como máximo habría tres liberados: el alcalde, Fredi Bea y un tercero del BNG.
La postura de Esquerda Unida en la reunión del jueves por la noche fue la de intentar limar asperezas. Sus pretensiones fueron de lo más lógicas y no supusieron ningún enfrentamiento. Así, hubo acuerdo en que se hagan cargo de Mocidade y Formación e Emprego y descartan contar con una concejalía liberada. La posibilidad de que el BNG no entre en el gobierno progresista de O Grove sería un duro golpe para este pacto y muy probablemente haría que otras fuerzas, como Esquerda Unida, se replanteasen el modo y la implicación en la que ellos formarán parte del nuevo ejecutivo local.

03 junio, 2007

El BNG quiere llevar al fiscal a los grandes infractores locales


El Bloque Nacionalista Galego ha tenido mucho que ver en la investigación por corrupción urbanística abierta en O Grove. El BNG ha denunciado el denominado caso Raeiros en múltiples ocasiones. Durante la campaña electoral incluso incluyó entre sus propuestas urgentes para el Concello el que se trasladase este asunto al fiscal, así como todas las grandes infracciones urbanísticas del municipio.El portavoz del Bloque en O Grove, Carlos Álvarez Besada, manifestó ayer que era «intolerable» que «mentres aos veciños do barrio de Virxe das Mareas -uno de los más populares del municipio- se lles poñen mil e unha trabas para retellar as súas casas os grandes infractores campan as súas anchas polo Grove», afirmó.Es más, el BNG quiere que se «investiguen algunhas connivencias de funcionarios con redes de corrupción urbanística» y aclara que sólo firmará un pacto de gobierno en O Grove -el PP tiene minoría y la izquierda podría arrebatarle la alcaldía- «se todos os grupos que o formemos temos completamente claro que hai que enviar ao fiscal tanto o caso Raeiros como outros que existen no noso concello», añadió Álvarez Besada.
Grazas pola foto a O BLOG DE XARABAL, de quen por certo, hai que dicir que xa adiantou a nova antes que ninguen. Noraboa.

La Guardia Civil investiga al Concello de O Grove por corrupción urbanística

01/06/2007
El Grupo de Delitos Urbanísticos interrogó a funcionarios y se llevó documentación.
La operación se centra en el caso de Raeiros y de otras urbanizaciones con problemas legales.
Muchas veces se ha comparado O Grove con Marbella por su urbanismo caótico y repleto de flagrantes ilegalidades a pie de playa que han destrozado una de las mejores costas de Galicia. El recién creado Grupo de Delitos Urbanísticos de la Guardia Civil, formado tras el escándalo marbellí de la operación Malaya, se ha estrenado en la comunidad abriendo una investigación por presunta corrupción urbanística en el concello. La investigación, que se centra en la oficina del aparejador municipal. La irrupción de los agentes provocó momentos de gran sorpresa y nerviosismo entre los trabajadores de la oficina del aparejador municipal. Las preguntas no fueron sólo dirigidas a los funcionarios de este departamento del Ayuntamiento, sino también a otros empleados municipales, a los que se interrogó sobre sus compañeros y por determinadas obras ilegales existentes en el municipio.En la investigación por corrupción urbanística abierta en el Concello de O Grove el caso Raeiros parece ser sólo la punta del iceberg. Éste es uno de los casos más llamativos de los existentes en el municipio arousano. Junto a la playa de Raeiros, en San Vicente do Mar, ha aparecido una mole de cemento que enseguida llamó la atención de vecinos y partidos políticos.Las obras se construyeron con licencia para apartotel, aunque en la práctica se trata de 52 chalés individuales y con finca privada y en donde, de momento, no hay las zonas comunes características de los apartoteles.

RESULTADOS ELECCIONS LOCAIS 2007

PP Votos 2349 / 35,34% Concejales: 7

PSdeG-PSOE Votos: 1465 / 20,04% Concejales: 4

BNG Votos: 1205 / 18,13% Concejales: 3

A MECA Votos: 514 / 7,73% Concejales: 1

P.G. Votos: 494 / 7,43% Concejales: 1

EU-IU Votos: 483 / 7,27% Concejales: 1

27 febrero, 2007

El PSOE de O Grove


El PSOE de O Grove ha despejado el camino hacia las elecciones de mayo. Tras varias semanas de marejada interna por la decisión del partido de designar a José Antonio Cacabelos como candidato. Tal y como se apuntó en los últimos días, Jorge Olleros, el presidente de la Asociación de hostelería de O Grove, ocupará el puesto número dos seguido de María de los Ángeles Domínguez Fernández, en el número tres; la ex concejala Noemí Outeda concurrirá en el número cuatro seguida de Santiago Meis Otero, Francisco Álvarez Sanmartín Pacucho y Enma Torres Romai.Hay que llegar al puesto 8 para encontrar a un concejal de la actual legislatura: Joaquín Escalante. El resto de la candidatura la integran María del Pilar Pérez Núñez, María del Carmen Fontoira Bea, José Manuel Díaz Prol (ex concejal), Silvia Montesinos Domínguez, Antonio Míguez Días, María de Carmen Prieto Pérez, Lourdes Blanco Portela, José Carlos Díaz Iglesias y Alfonso Meis Mascato. Mercedes Lorenzo, Gonzalo González y Manuel Castro (presidente de la gestora) concurren en calidad de suplentes.

Mientras la hasta hace unas semanas secretaria general de la agrupación local y portavoz municipal del grupo se ha dado de baja como militante del partido y manifiesta «El partido está dando una imagen lamentable y todo el procedimiento a dedo que se hizo es indignante». «A Cacabelos lo propusieron el 28 de diciembre, el día de los Santos Inocentes, y lo ratificaron el domingo de carnaval. Esperemos que el 27 de mayo sea por fin el día de la sensatez y de la democracia». Advierte que ahora hay posiblidades de que presente y encabeze una lista independiente. ¿Que vos parece o conto?