26 julio, 2007

Listas do PP, ata 6 anos de cárcere


O caso das listas do PP vasco pode carrexar 6 anos de cárcere
Calquera funcionario ou cargo público que faia manipulado ou filtrado os datos arríscase a ser inhabilitado durante 12 anos

A presentación de dúas denuncias marca o inicio da conta atrás para a investigación xudicial da incorporación de veciños da comarca de Arousa ás candidaturas do Partido Popular vasco sen o seu coñecemento. E as consecuencias poden ser moi graves para os virtuais responsables dunha manipulación que, segundo as dúas reclamacións interpostas ata o momento, vulneran dez artigos do Código Penal e tres apartados da Lei Orgánica do Réxime Electoral.


Maís información no diario A VOZ DE GALICIA

7 comentarios:

Panaide dijo...

Por fin se pon a cousa a andar...Non só estes dous casos de denuncias axilizan o proceso,senón que o mesmo Cuatripartito vai exercer de acusación polo mesmo caso,co cal vaiselle dar máis importancia o asunto do que xa de por si ten...
Non vamos a permitir máis atropelos caciquís...NIN OS QUEREMOS

(a ver que poñedes agora a modo de defensa do PP os amantes das conspiracións rojilla-judeo-masónicas),canto mal fai escoitar a COPE,verdade?

Anónimo dijo...

Si, veña Sufraxista, que estamos agardando o teu corta e pega de chorradas.

Escévola dijo...

Ainda vai vir alguén a contarnos algunha historia decindo que en realidade foi todo un malentendido, que non foi culpa do exército de Flanders ou calquera cousa polo estilo... . Este é o problema desta nosa vila para a xente que pode votar ao PP parece que da igual o que fagan os seus representantes que despois sempre hai algunha conspiración ou tal para botarlles a culpa a outros e iso non pode ser, se os representantes políticos non son honrados os seus propios votantes deberían pedirlles a dimisión en vez de excusalos.

prensa do concello dijo...

O xoves día 2 de agosto, ás nove e media da noite, na Casa da Cultura Manuel Lueiro de O Grove representación da obra de Teatro

ÁS VECES SENTÍMONOS TAN CANSOS QUE FACEMOS ESTAS COUSAS, da compañía NOVE DOUS TEATRO.

Entrada libre restrinxida para maiores de 18 anos. Organiza a Concellería de Cultura do Concello de O Grove.

Anónimo dijo...

O grove esta que arde.....e o peor ainda esta por vir......

Anónimo dijo...

Es curioso que uno de los personajes que denunciaron este blog esté imputado en uno de los mas graves delitos de una democracia.

conroibo dijo...

Creo que definitivamente está desbotado que as fotocopias dos documentos de identidade non chegaron a sé local do PP por arte de maxia, que alguén os entregou alí. Que o que levou a documentación o remitiu esta a sé do PP en Pontevedra tamén o tén que saber. Que o responsable de remitir esta ao PP de Bizkaia tamén tén que saber quen lla entregou. Polo tanto todos o saben, máis de seguro ninguén se vai ir da lingua. Algunhas promesas de postos por aquí postos por alá farán recuar a aquelas persoas que prometaran diante do Xuíz dicir a verdade, e ao remate moito me temo, que ao non haber autor non haberá delicto e se dictara sobreseimento e o arquivo provisional das actuacións. Ogallá erre e o/a Sr./a Fiscal ande fino/a e lle apreten as tuercas a quen teñen a obriga de dicir a verdade.