13 febrero, 2008

Gran Irmán na Festa do Marisco

A seguinte nota foi enviada a esta paxina polo Movemento polos Dereitos Civís


A entidade instalou catro dispositivos de control nas carpas da Festa do Marisco a pesar de que carecía da autorización da Delegación do Goberno.


O Valedor do Pobo iniciou esta semana as actuación pertinentes ante o Concello de Ogrobe para esclarecer a utilización indebida por parte da entidade de cámaras de videovixilancia durante a Festa do Marisco. Durante o pasado mes de setembro, o Concello instalou catro dispositivos de vixilancia nas carpas nas que se desenvolvía a festa para controlar os posibles furtos, segundo o edil de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea. Non obstante, a entidade carecía dos permisos necesarios estabelecidos pola Lei Orgánica 4/97 para a ubicación desta clase de dispositivos de control, que deben ser autorizados pola Delegación do Goberno logo dun informe favorábel dunha Comisión. Asimesmo, a lei indica que o público será informado “de maneira clara e permanente da existencia de vídeo cámaras fixas”, principio que o Concello non cumpriu. Estas medidas están destinadas a garantir a protección das liberdades e dos dereitos fundamentais dos cidadáns recollidos na Constitución Española. Aínda así, Alfredo Bea xustificou a instalación asegurando que a autorización non é preciso se se trata de cámaras de carácter puntual, terxiversando a lei, xa que esta é clara e de ningún precepto da mesma se deriva dita interpretación, pois de ser así, os dereitos afectados por este tipo de medidas quedarían totalmente desprotexidos.
Os dispositivos foron instalados de xeito puntual para a ocasión, operación que é ilegal ao igual que que estea controlados por traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e non por membros da Policía Local.

A nova tamen esta recollida no xornal A Nosa Terra