A imputada acusa ao ex alcalde do Grove da falsificación das listas do PP para o País Vasco.
A empregada municipal asegura que Miguel Ángel Pérez mandoulle cubrir as fichas.
A traballadora do Grumir e antiga secretaria do ex rexedor municipal de O Grove Miguel Pérez recoñeceu que a súa letra era a que figuraba nos impresos electorais que acabaron integrando candidaturas nas municipais no País Basco, aínda que manifestou que o fixera ao sentirse presionada e considerar a Pérez como superior xerárquico e pola súa precariedade laboral no Concello, onde viña encadeando sucesivos contratos laborais. Na comparecencia que onte realizou no xulgado como imputada, dixo que no Grumir encargábase de facer gardas, pero que no concello «facía un pouco de todo, desde ir comprarlle unhas medias a unha concelleira ata realizar traballos para un partido político», e que nesas funcións a favor do partido «só obedecía as ordes do señor alcalde».
Deixovos o enlace a esta nova no Diario de Arousa en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e no diario El Pais, do Faro de Vigo xa non poño nada, porque simplemente non falan nada desto na sua edición dixital. O porque non o sei, pero xa o imaxino. Por certo, a foto foi sacada da paxina http://www.todogrove.com/