13 octubre, 2007

Nota enviada polo Movemento polos Dereitos Civís


Os dispositivos, instalados na Praza do Corgo, unha das máis céntricas da localidade pontevedresa, están sendo vixiados por traballadores do concello

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento na tarde de hoxe de que o concello do Grove instalou varias cámaras de videovixiancia que controlan a xente que pasa pola Praza do Corgo, unha das máis céntricas da localidade, durante a festa do marisco, que se está a celebrar nestes días. Os dispositivos foron instalados de xeito puntual para a ocasión, operación que é ilegal ao igual que que estea controlados por traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e non por membros da Policía Local.

O concello di que son cámaras legais porque non gravan son e están enfocadas a dentro da carpa, obviando que esta está situada na Praza do Corgo, pola que pasan milleiros de persoas que se achegan ao Grove nestas datas. Por outro lado, tampouco existe ningún cartel que informe sobre a colocación das mesmas aos cidadáns que até alí se achegan.

Segundo di a Lei de Videovixancia as entidades que queiran colocar cámaras teñen que solicitar un permiso previo á Comisión de Garantías de Videovixiancia, dependente da Delegación do Goberno. Na súa solicitude debe constar exactamente o punto da súa colocación así como que é o que van a estar gravando. Como se pode observar neste caso, a colocación é ilegal posto que non pode ser nin de xeito puntual nin gravar un espazo público sen unha razón aparente.

Ante estes feitos, o MpDC dirixirase ao concello do Grove para solicitar unha explicación da colocación destes dispositivos de videovixiancia así como os correspondentes permisos. Por outro lado, tamén se dirixirá á Delegación do Goberno e á Axencia Española de Protección de Datos explicando os feitos e presentando a denuncia pertinente.

Tamén queremos solicitar, dende Dereitos Civís, a todos os cidadáns que se acheguen nestes días ao Grove que se dirixa ao concello para solicitar unha explicación de por que están a ser gravados e presente unha queixa por atentar contra o noso dereito de intimidade e da propia imaxe. Cada día vemos como son máis as entidades locais que, baseadas nun descoñecemento da normativa, instalan cámaras sen motivo aparente só como ferramenta política de intentar mostrar que se preocupan pola seguridade cidadá. Deste xeito obvian que as cámaras non van conseguir frear os índices de delincuencia e si atentar contra os dereitos de milleiros de inocentes que quedan alí rexistrados sen cometer ningún delito.

68 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Quén é o responsable ou irresponsable da idea?
¿Exerceremos autocrítica ou só vemos a palla no ollo alleo?
¿Dará explicacións o político de turno ou defenderase atacando?

¡Hai que predicar có exemplo! Atentar contra a intimidade e a imaxe dos cidadáns sin o consentemento deles nin os permisos debidos é un delito grave.

¡Qué mala sorte teñen os do GRUMIR, que sempre están metidos en todas as leas sin pretendelo! ¿Qué cualificación teñen eles para vixiar a ninguén?

Anónimo dijo...

Alguén me pode dicir por que as bibliotecas do Grove están pechadas? Tanto a do Monte da Vila como a de San Vicente? E que as están arranxando ou algo?

Anónimo dijo...

Eu estou a favor das cámaras sempre que sirvan para incrementar a seguridade cidadana e para identificar os " chorizos ".A xente honrrada no ten que ter medo as cámaras pero si me rouban a cartera ou o bolso ou o coche , etc... que sirvan para identificar os delincuentes.

Anónimo dijo...

Eu estou a favor da camaras, pero para que se retransmita en directo a festa por internet. Para que alucine todo o estado co cheo que tivemos durante toda a festa.. O resto son choradas e gañas de buscar as cosquillas onde non se pode. enoraboa ao goberno pola organización no seu conxunto, seguridade, transporte público, actividades, etc.

Anónimo dijo...

¿Chámaslle chorrada a un presunto delito contra a intimidade das persoas? Pois é ben grave e está tipificado como tal nas nosas leis.
Pero podes seguir a aplicar a lei do embudo de que si o fai o PP é unha cacicada e si o fan os do cuatripartito é unha maravilla.

Anónimo dijo...

Os problemas nas bibliotecas son debidos a baixas do personal dese servicio. O concejal de personal ten que cubrir esas eventualidades pero non se fai.

Anónimo dijo...

A Festa está desbordando literalmente a península meca. É de esperar que vindeiros anos traian ainda mais xente. A cámara de vixiancia vaise facer cada vez mais indispensábel, po-lo que haberá que pensar en face-las cousas ben, dar parte ós organismos, acadar os permisos e mercar un dispositivo de grabazón. Non só po-lo carácter disuasorio que posúe a soa presenza da cámara senon porque os compoñentes, equipos, aparellos e demais serán cada vez mais valiosos (no contido que aportan baseáse a enorme atración de Ogrobe, non só no marisco) e pertecen a todo o pobo, así que o Concello terá que ir acadando medios para protexelos.

Anónimo dijo...

Ten razón quen pretende que se cumpra coa lei en materia de vixiancia. Non se poden poñer cámaras pola rúa, sen máis trámite que o capricho do señor responsable do Grumir, que disque sabe moito de seguridade pública, pero a min méteme medo ter no pueblo ese tipo de Cherif de Texas, con guardia propia, e con uniforme de bombeiro patateiro.

Escévola dijo...

A min como cidadán non me parecen ben as cámaras, teñan ou non os permisos pertinentes, só que se ademais non os teñen a cousa é logo un atentado contra as persoas. Non sei eu de onde se saca que as cámaras reducen a delincuencia xa que a maioría dos estudos non o din. Normalmente só contribuen a trasladar os delictos de lugar. Pero a cousa non só é se son útiles ou non, a min non me gustan porque non sei porque me teñen que vixiar sen estar eu cometendo ningún delito, non sei porque teño que estar vixiado nunhas rúas que contribuo a pagar e das cales, como todos os cidadáns, tamén son propietario.
Ademais como xa teño escrito noutros lugares non entendo a obsesión que se está creando na nosa vila coa seguridade xa que moitas veces parece que vivimos nun sitio de coidado, cando en realidade os datos amosan que vivimos nun lugar con moi pouca delincuencia.

Anónimo dijo...

E eu aínda diria mais, van onte no pleno e aprobanlle de forma ilegal o xefe da policia local 1800 euros mais no especifico, o que non fixo o PP faino a esquerda, o mundo o revés. Compañeiros concelleiros e concelleiras, mais sentidiño por favor.

Anónimo dijo...

Pois si se fixo e non corresponde, bótase abaixo e punto pelota.
O que non entendo é que fai Xan Lamelas (concejal de personal) en brazos de Yovana (funcionaria responsable do personal) sen meterlle man ao asunto do unto.
E non falo de sexo. Solo de seso. Deste ten pouco Lamelas cando deixa que lle coman as papas na cabesa.

Anónimo dijo...

Eló a outra pava ten moito seso?

Anónimo dijo...

Neste caso o único que se opuxo a esa subida foi Xan, proposta por Fredy e aceptada polos demais. Quizais ahí Xan pecou de novato, xa que él é o Concelleiro de persoal, debería haber vetado esa proposta, e si Fredy é chulo os demais tamén poden selo, pero un governo de esquerdas non pode permitir cacicadas e ainda por riba ilegais.

Anónimo dijo...

Xan tes moito conto, de opoñerse nada, non te enteras de que vai a vaina e calzároncha por detrás, e eso que estabas avisado. Novato sí pero aljo paspán tamén.

Anónimo dijo...

La aprobación de un complemento para dos funcionarios enfrenta al Comité con el cuatripartito

La decisión del cuatripartito de incluir en los presupuestos aprobados el pasado lunes un complemento específico de 1.800 euros anuales para los jefes de la Policía Local y de Mantenimiento, respectivamente, a sentado como un jarro de agua fría al comité de empresa, con mayoría de Comisiones Obreras.

ANA BARCALA > O GROVE


Los integrantes del comité consideran irregular la aprobación de cualquier subida salarial sin una negociación previa e incluso tachan de "ilegal" la aprobación del presupuesto, con partidas específicas relacionadas con el salario del personal municipal, sin haberles facilitado previamente la información.

Xan Caneda, representante comarcal de Comisiones Obreras, reconocía ayer que los delegados decidirán hoy si impugnan el presupuesto, al haberse obviado "uns dereitos que por lei amparan ós representantes dos traballadores".

Caneda explicaba también que el comité de empresa evitó forzar este año la negociación del convenio colectivo, "por un lado para darlle un marxe de tempo ó cuatripartito e por outro porque o concelleiro de Persoal anunciou a realización dunha valoración dos postos de traballo a través dun convenio coa Universidade de Santiago. Nós demostramos a nosa boa vontade, e eles actuan deste xeito. A xente está moi cabreada".

El malestar ha ido en aumento a medida que la noticia de la aprobación del complemento específico para los dos trabajadores se iba extendiendo entre sus compañeros.

Los miembros del comité mantuvieron una primera reunión con el alcalde, el concejal de Personal y el de Seguridad para exigirles una explicación por lo ocurrido. Aseguran que mientras Xan Lamelas pidió disculpas por lo que consideró "un erro nas formas", Fredi Bea "cunha actitude autoritaria, insistiu en que a lei lle da dereito ó alcalde a designar libremente os complementos específicos. Demostrou un nulo talante negociador".

La reunión, que pretendía reconducir la situación, calentó más los ánimos de los sindicalistas ya que, según manifestó alguno de los asistentes al encuentro, el responsable de Limpieza y Seguridad argumentó que "hai xente que xa cobra de máis", cuando le recriminaron el agravio comparativo que se producía al subir el salario de sólo dos personas cuando hay trabajadores con salarios sensiblemente inferiores, incluso por debajo de los 1.000 euros mensuales.

Recuerdan también que hay agentes de la Policía Local a los que se les deben horas extras "dende hai anos, e din que non hai cartos para pagarlles estes atrasos, e agora si os hai para establecer dous complementos específicos, cunha subida que supón un 20%".

Creen que la decisión se ha tomado "con nocturnidade e alevosía". No niegan que los complementos sean merecidos pero exigen "que estas cousas se negocien, con seriedade e sentados nunha mesa".

Anónimo dijo...

Xan Lamelas: "Tivemos un descoido e estamos vendo quen foi o que fallou"

El responsable de Personal y Empleo, Xan Lamelas, reconocía ayer que la tensión laboral registrada en el Concello a raiz de la aprobación del complemento específico es "desagradable". Asegura haber pedido ya disculpas a los representantes de los trabajadores por lo que considera que fue "un descoido, non demasiado grave, pero non se mantiveron as formas adecuadas". Dijo ser conocedor de los derechos de los trabajadores a conocer el presupuesto antes de su aprobación, un error por el que pedirán responsabilidades en el grupo de gobierno, ya que correspondería al titular de Hacienda hacer llegar el documento a los trabajadores.

A.B. > O GROVE


A pesar de asumir "toda a responsabilidades por non ter entregado os orzamentos ó comité", Xan Lamelas defiende la aprobación de ambos complementos por considerar que los dos trabajadores que se beneficiarán de ellos "están mal retribuidos polos cargos que ocupan". Defendió, al igual que Fredi Bea, la capacidad del alcalde para tomar este tipo de decisiones al margen de cualquier negociación con los sindicatos.

El comité de empresa no ha solicitado ninguna nueva reunión con el cuatripartito pero Xan Lamelas mostró su disposición a "reconducir a situación, porque o que menos queremos é ter un conflicto laboral no Concello".

Aseguró que la realización de la valoración de los puestos de trabajo pondrá fin a las situaciones de agravio comparativo entre unos y otros. Aseguró que el convenio con la Universidad de Santiago para realizar este trabajo está muy avanzado y que posiblemente el próximo mes de diciembre comenzarán a trabajar. "Dende o primeiro momento falamos cos traballadores para recoller as súas sensibilidades porque consideramos que eles son outro socio máis deste goberno".

Anónimo dijo...

¿Queda claro que Xan Lamelas ten competencias que lle caen moi grandes?
¿Como pode defender algo que non defende nin o seu partido nin o seu sindicato?
¿Pensará en deixar polo menos a concellería de emprego?

Anónimo dijo...

Xan non é mal rapás pero déixase manexar polos outros concelleiros. Creo que sabe o que ten que facer pero non lle deixan

Anónimo dijo...

Non lle deixan? Pois daquela é un inútil que é moito peor que ser paspán. E por encima cárgalle as culpas a Olleros, xa lle vale. Que dimita desa concejalía senon sabe que facer. E o outro Xan que non faga de tutor, que lles queda fatal a imagen de pai e fillo.

Anónimo dijo...

¿cal e o motibo de k eses da memoria historica participen na orgqanizacion da gala da festa do marisco?

non entendo k ten que ver a memoria historica coa festqa do marisco.

cecais alguns dos da memoria queran ter demasiado protagonismo en o grove, un protagonismo k non lle dan as furnas.

Anónimo dijo...

¿cal e o motibo de k eses da memoria historica participen na orgqanizacion da gala da festa do marisco?

non entendo k ten que ver a memoria historica coa festqa do marisco.

cecais alguns dos da memoria queran ter demasiado protagonismo en o grove, un protagonismo k non lle dan as furnas.

Anónimo dijo...

!! Hagan juego señores ...!!

Anónimo dijo...

¿ke e o k hay k faser xogo?

Anónimo dijo...

Xan Lamelas anda fino para negarlle cartos á Festa do Carme porque é "relixiosa". Anda fino para descolgar a imaxe do rei. E agora esto.
Se fose empregado dunha empresa sería despedido de xeito fulminante. Desgraciadamente, en política a incompetencia non sirve para despedir a ninguén. Pero si é certo que ten algo de dignidade sería boa cousa que fose pensando nunha saida digna.
Xan. Dimite. Non estás preparado para desenrolar o posto que ocupas. Non é como ser delegado de curso na clase. Aquí estás a xogar cós intereses de moitas persoas que non teñen culpa da tua falla de experiencia, nin teñen porqué padecela.

Anónimo dijo...

Hoxe pola mañá cando saín da miña casa, dirixinme a mercar o diario, cando foi a miña sorpresa que a xente me paraba e me comentaba cousas que non tiña nin idea que saíran no noticieiro. Referentes a subida salarial do xefe da policía do Grove, eu que estou curado en espantos pensei que o que me estaban era contando unha trola.

Despois de adquirir o diario, lin unha nota na que falaba da subida salarial do xefe da policía e do xefe do persoal laboral, para entendernos do xefe do almacén. Unha subida salarial de 150 € mensuais, pensando un pouco do acontecido con anterioridade do que podo dar fe, non me pareceu unha loucura. Seguindo sen dar importancia os improperios da xente, pensei que estaba pasando, polo que mirei os demais xornais, cando a miña sorpresa e que no xornal de Mentireiro Manipulador soio se refiren o xefe da policía omitindo o xefe do almacén, penso que con algún animo de encandilar a xente. Pero ben o pobo de O Grove non e tonta e sabe moi ben, por quen esta dirixido este panfleto.

Na miña opinión tendo algún coñecemento sobre a materia, soio podo dicir que non e normal que un auxiliar de augas ou electricidade teña un complemento especifico maior que o xefe do seu departamento e incluso que o xefe da policía, imos deixarnos de nomes e imos falar do posto que desempeña cada quen.

Recordo que alguén me comentou que nunha reunión da mesa de negociación do convenio vixente, un representante dun sindicato levaba melloras para o seu departamento e que o anterior alcalde taxativamente dicíalle que non, sen acabar de escoitar a argumentación, onde estaban estes sindicatos nese momento, deixando soio a un compañeiro na mesa de negociación.

Penso que isto ultimo non se entende moi ben, vou tentar aclaralo, aos electricista e fontaneiros, tanto os que teñen esta categoría como os auxiliares o goberno de Migueliño deulle unha gratificación de 180 € todos os meses polas gardas (dúas cada tres meses), hoxe en día integradas no seu salario, onde estaban estes sindicatos nese intre. Non sei, supoño que negociando outra falcatruada co anterior alcalde.

Non sei que pasa, pero un dos que mais protestan agora e un dos que mais lle subiron co anterior goberno.

Outro día espallareime mais, pero hoxe estou canso, perdoade as miñas faltas ortográficas na nosa lingua, pero polo menos o intento.

Un saúdo a todos.

Anónimo dijo...

O Grove celebra o certame de Habaneiras

Fin de semana musical no cine
O Mariño

A canción coral celebra neste ano 2007, o quinto aniversario do Certame Coral de Habaneiras do Concello de O Grove. Un festival tradicionalmente realizado nos toldos da Festa do Marisco, que nesta edición muda o seu espazo para o recuperado Cine O Mariño, a todas luces mais axeitado para a celebración dun evento cultural destas características. A organización deste certame pasou a ser competencia da Concellería de Cultura que xestiona Antón Mascato.

Na presente edición o certame desenvólvese o sábado, día 20, e o domingo, día 21, de outubro, dúas xornadas distintas, coa mesma hora de inicio dos concertos: as 20 horas da tarde no que cada unha das corais participantes interpreta catro pezas, das que tres son habaneras e unha de libre escolla.

A elevada participación das corais na presente edición do Certame é resultado da selección de entre unhas sesenta maquetas presentadas, o que obrigou a un enorme esforzo de escolla entre as corais candidatas. Sen dúbida unha resposta tan elevada responde ao crecente prestixio que vai gañando este evento, entre os afeccionados e entre os profesionais do canto coral de diferentes lugares de Galicia. Máis de cincocentas persoas pasarán pola bancada do Cine O Mariño para debullar coas súas voces esas harmonías que traen ata O Grove sabores caribeños, e exquisitos rexistros melómanos.

Ten O Grove dous referentes nídios no relativo ao canto Coral, a Polifónica da Confraría de San Martiño, que dirixe Xosefa Dourado; e a Coral Boca da Ría, de San Vicente. Se ben nesta oportunidade tamén se contará coa actuación do Coro infantil da primeira delas.
A entrada é libre ata completar o aforo.

Os coros que participan nesta quinta edición do Certame son:

Sábado 20:
Coro infantil da Confraría de San Martiño, O Grove
Polifónica Coruñesa Canticorum, A Coruña
Coral Polifónica O Piñeiral, Redondela
Coro da Sociedade Cultural A Traíña, Cariño
Coral Polifónica Lembranzas da Terra, Valdoviño
Coro de Cámara do Clube Artístico, Ribadavia
Coral Boca da Ría de San Vicente, O Grove.

Domingo 21
Coral Polifónica Voces e Cordas, Barbadás.
Coral Polifónica Airiños, Campañó
Coral Polifónica Harmonía, Ferrol
Coral Polifónica Pazo de Oca, A Estrada
Coral Polifónica María Auxiliadora, Vigo
Coral Polifónica da Confraría San Martiño, O Grove.

Anónimo dijo...

Costóunos moito traballo ter un cambio político no Concello do Grove, poñer dacordo a catro forzas diferentes, con nove persoas tamén moi distintas entre elas foi un traballo no que pouca xente acreditaba... é de esperar que a xente que vota esquerda non participe deste bombardeo propio da dereita do Partido Poular. Sentidiño que faltan catro anos, e equivocacións vai haber moitas, pero segruro que cousas moi ben feitas haberá moitas máis. Calma camaradas e respeto polo dereito a equivocarse, sexa quen sexa dos nove que gobernan. E apoio con crítica construtiva, limpa e clara. A ética da esquerda non pode pasar por menos.

Anónimo dijo...

As dereitas deste pais nos ganan por golexada en canto a erros e equivocacións (algunhas cousas, inda que poucas, tamén as fixeron ben ).Tiveron moitos anos de goberno sen que nadie poidese protestar e , cando protestabas non che facían caso.Agora e lóxico que o cuatripartito teña fallos , pero sen maldade , porque son novatos.Dentro de oito anos se lles podrá criticar ou alabar o seu goberno pero agora e ganas de tocar o carallo e dinamitar a labor de goberno ao estilo de Rajoy e Feijoo.

Anónimo dijo...

o das 4:49PM... vale tes rasón. PERO SUBIRLLE O SOLDO A ESE FACHA PALANQUIN.....!!
¿Quen foi mais torpe? ¿Xan, Fredi oou o seu asesor Victor?
Vaia tropa. Victor menos cafeces con ese jalopin!!

Anónimo dijo...

Si foi con maldade. Eso non é un erro sabían ben o que estaban a facer.
Na prensa sae que está previsto unha catalogación dos postos de traballo así que por que non esperaron? Porque eles fan o que lles da a gaña que para eso son nove. Ou ao menos iso é o que se comenta que dixo Fredi
Un pouco chulo sí que é o rapás

Anónimo dijo...

¿aljen sabe se e certo k o mozo de aida a de alternativa meca e pensionista?

por certo, ajresivo k e o mozo ese k ten..din as malas linguas k vai pola vida ameazando a ken non pensa ijual ca el...tamen dixeron as malas lenjuas k aljunha ves apajoulle un pitillo no pescoso a un amijo del.. ¡con amijos coma eses, ken quere enemijos!

¿ese tio inda foi ken de presentarse como candidato para jobernar ogrobe?

Deus os da, e eles se xuntan..ke o noso señor nos colla confesados!

avuriño amijosssssss..

Anónimo dijo...

puxeron noutro blog que o jran achado de mozo de aida filguera traballa no barco ana maria, entón se e pensionista, ¿como esta traballando? eu non entendo nada. ¿e si e pensionista e esta traballando, dijo eu ke na capitania maritima, na casa do mar e na confraria teñeno ke saber, non? ¿e como e ke non poñen remedio a eso?
¡mednudo capitan maritimo, menudo patron maior e menudo jaliñans...!
!porke si estes 3 o saben e non poñen remedio, vaia por dios!

Anónimo dijo...

o patron maior non pode solucionar ese tema por que anda moi ocupado saindo nas fotos con touriño e carmen gallego e falando nas jalas da festa do marisco, agora hay que faserse querer. como cambia o conto: hai anos andavan a tirarse das jreñas carmen gallego e o patron maior.
¡AMORES REÑIDOS, AMORES QUERIDOS!

Anónimo dijo...

Ayda faite un favor e cambia de moso que non tes problema pa lijar tía buena que xa sabes que hasta te confundimos no jrobe cunha brasileña, e ese brutan non fai mais que escarallarte as campañas que vas fasendo e de paso mira tamen de cambiar de amistades pelijrosas que as que levas abordo son caña brava tipo jarrafonaso

Anónimo dijo...

Os funcionarios municipais mailos sindicatos do Grove están boquiabertos de cómo se están a facer as cousas no Grove, con estes gobernos multipactos que están tan de moda, e no que se fan as cousas tan consensuadas e tan democraticamente falando. Goberno singular en toda Galiza e non precisamente por dialogante ou por respetar as regras do xogo, pero tendo en conta as pelexas existentes entre Presidencia da Xunta, Vicepresidencia e Zapatero, non nos estraña nadiña.
A derradeira bomba en estoupar, é a subida de salario individual para o Xefe da Policía Local e o Xefe de Mantenemento unilateralmente sen consensuar nin coa oposición nin cos Sindicatos nin con ningún membro da plantilla de persoal municipal.
O cabreo é grande, sobre todo, porque os sindicatos, dispostos a impugnar os Presupostos 2007, se reuniron con Alfredo Bea para queixarse da súa decisión e el lles soltou, en outras verbas un “PORQUE YO LO VALGO..”. A cara de estupefacción foi inminente, ninguén se cría que un goberno de esquerdas fixera tal cousa, e eso debe de ser, porque ninguén sabe o que está a acontecer na China ou en Cuba onde os dereitos dos traballadores brillan pola súa ausencia. O que pasa é que colgarlles San Benitos ás agrupacións e colectivos é o que trae…Moitos botan ás mans á cachola para que volva o goberno dialogante, aberto e democrático de Miguel Pérez onde tódalas forzas e agrupacións municipais tiñan cabida e onde se respectaba o xogo da DEMOCRACIA.Os sindicatos botan man do exemplo do rexidor anterior é advirten de que non van a pasar nada por alto e Xan Caneda salta á palestra con cara de póker dicindo que esto non é senón un feito sen precedentes na historia da democracia meca e que “o que nunca fixo o PP, atrévese a facelo un goberno de esquerdas”.
E que o que acontece é que nun goberno respetuoso coa colectividade a defensa dos traballadores non se toma á lixeira, e sobre todo, se fan as cousas e se toman as decisións de forma seria, consensuada, e o que é máis importante ..en Democracia.
Se se deixaran dunha vez por todas de MEMORIAS HISTORICAS e RESPETARAN AS MEMORIAS PRESENTES, ao POBO do GROVE, e ás AGRUPACIÖNS LOCAIS… outro jalo lles cantaría

Anónimo dijo...

Pois Xan Caneda, o funsionario liberado, xa está nejosiando co goberno para obter vantaxas para esquerda unida. Traballadores do Concello DESPERTADE porque Xan e Loliña van a vendervos por dous pesos

Anónimo dijo...

Tropa de palanquíns enchufada por Miguel Péres, e corrutos hasta as pelotas, é o que abunda no axuntamento, así que o comité xa pode ir vendo como cambiar a idea que temos todo OGROBE dos palanquineros e palanquineras.
Por cada un que traballa hai des vajos.

Anónimo dijo...

Justame moito o de que volva o joberno dialogante de Mijhelito e moito máis a democracia que practicaba. En que País vives meu, ¿no de Alicia no País da Marabillas?.

Anónimo dijo...

Para a Malina das 11.17

Sí muller sí, o que teñen que faser os funsionarios é pasarse en masa ao sindicato amarillo que domina Marisa e máis tí Marina Acosadora, que Xan e Loliña son pelijrosos. Non solo eres fea como a fame, eres dunha maldá sin límite.

Anónimo dijo...

Os do goberno teñen a
obligación de sanear as alcantarillas, dependencias e aledaños do Concello. Onde cheira moi mal. E facer unha campaña de desratización, porque hai niños delas en varios departamentos.
Mentras non afronten seriamente o problema da sanidade interna, que afecta ao cadro de personal cunha saúde moi deteriorada por anos de padecemento, non poderán avanzar na saúde pública da vida municipal. O problema de non facer as curas a tempo é a gangrena, que
en pouco tempo acaba por devorar todo o resto, a parte sana, que é moita. E falo de ratas, e malos cheiros, e ambiente insalubre
e contaminado. En absoluto de Alfonsos, Yovanas, Carballas, Figueiros, Marinas, Casales, Molinos e outros exemplares funcionarios municipais, gracias aos que todo continua tal e como o encontraron os que ocupan os cargos de goberno.

Anónimo dijo...

¿E non haberá tamén algunha viborila desas que frecuentan o Nata y Chocolate da catorce?

Anónimo dijo...

O Cine O Mariño acolle de novo unha programación estable de cinema



A Concellería de Cultura do Concello do Grove continúa dotando de contidos culturais ao recuperado Cine O Mariño, e nesta ocasión súmase ao proxecto Cinemas Dixitais, organizado pola Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Igaem.
Ao longo dos meses de novembro, decembro e xaneiro, todos os venres ás dez da noite realizarase a proxección de trece filmes, non comerciais, feitos en Galicia, que contarán nalgúns casos coa presenza no mesmo cine O Mariño de directores, actores, guionistas, produtores ou actrices que participaron nalgunhas das películas que se inclúen neste ciclo

O concelleiro de Cultura, Antón Mascato, valorou de xeito positivo “o feito de recuperarmos no Grove unha programación estable de cine”, e que esta veña marcada polas “producións que actualmente se realizan en Galicia e que normalmente non chega ao circuítos comerciais” nos que dominan os carísmos e ben promocionados proxectos norteamericanos. “Estou convencido de que se conseguimos interesar ao público na visisón destas producións acabaremos vendo con absoluta normalidade a nosa produción cinematográfica”, que neste caso foi ben seleccionada nestas trece obras de ficción cinematográfica.

A primeira proxección terá lugar o venres, 2 de novembro ás 10 da noite. Trátase do filme que leva por título A Atlántida, dirixida por Belén Macías, e que ten a Nancho Novo como protagonista, e na que participan ademais Antonio Durán Morris e Isabel Blanco. Un film de ficción que narra historias actuais nas que o drama e os conflitos socias toman a forma de crónica.

Anónimo dijo...

Exposición

Etnografía do Salnés

O Deputado Provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, e o concelleiro de Cultura do Concello do Grove, Antón Mascato, teñen o pracer de convidarvos á inauguración da exposición Etnografía do Salnés, que vai ter lugar o xoves día sete de novembro, ás 17.30 horas da tarde na Casa da Cultura Manuel Lueiro, do Grove.


A exposición recolle unha escolma das mais salientables pezas do valioso patriomonio etnográfico da comarca do Salnés, presentada mediante paneis fotográficos e textos documentais, incluíndo muíños, pombais, fontes e lavadoiros, piornos e cruceiros.


Neste acto participarán, ademais de José Juan Durán e Antón Mascato, Marta Lucio, comisaria da Exposición e José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove


A mostra comisariada por Marta Lucio, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, poderá ser visitada ata o día 22 de novembro en horario de mañá e tarde, de luns a venres, e os sábados pola mañá.

Serán organizadas visitas escolares guiadas en colaboración cos Centros educativos do Grove.

Anónimo dijo...

Eu non sei, pero acabo de decatarme de que debo estar un pouco fora do tempo. O motivo cal ven sendo? pois que acabo de botarlle unha ollada as páxinas webs dos partidos políticos do pobo de Ogrobe, e as miñas conclusións son:

1º.- o pesoe é o partido mais probiño porque non ten páxina web

2º.- seguimos tendo un alcalde do PP.- Como? pero que dis?.... pois sí amijosssssss...! na páxina web do PP, hoxe día 10/11/2007, dí:


PARTIDO POPULAR

Saúdo do Alcalde
Ideoloxía
O Grove que queremos
A historia do PP local
Resultados electoráis
Sede do PP de O Grove
Executiva local
Contacta con nós

SAúDO DO ALCALDE
PARTIDO POPULAR > Saúdo do Alcalde
Benvida de Miguel Pérez.
Na actualidade a Sociedade da Información estase a converter na pedra angular da eficiencia económica, grazas ....


despois de que no mes de xuño tomase posesión o novo alcalde, na paxina web do PP de Ogrobe aparece nun primeiro apartado o "Saúdo do Alcalde".... pregúntome eu, a ver si é que Cacabelos se pasou o PP?, a ver si é que Pérez aínda non se decatou de que xa non é Alcalde? A ver si resulta que é todo un mal soño meu?

Anónimo dijo...

jjjjajaaaa, pois creo que non é un soño meu... na mesma páxina web do PP de Ogrobe seguen decindo:

Miguel A. Pérez, o Alcalde que desbloqueou xestión aprazadas dende hai tempo, xestións de vital importancia para o Grove.

Un Alcalde comprometido co seu pobo, acompañado dun equipo que supo estar a altura das circunstancias. O Grove non é o mesmo que fai uns anos, Catro Carrís de entrada polo Bao, reordenación do tráfico, mellora da estrada de ardía, nova ponte da Toxa, novas instalacións portuarias, plan de excelencia turística, Casa de Acollida, Paso de Meloxo, Praia de Peralto, recuperación do rural, Campo de Fútbol, humanización da vila e así un largo etc de obras que nos permitiron facerlle unha lavada o noso municipio en beneficio de todos.

Anónimo dijo...

Si si, www.Tonidesfaifestas. com. Unha páxina onde podedes obter información de como acabar coa programación cultural do Grove en tres meses.
Ou www.Cacabelosajuantano sillon.es
a páxina dun Alcale do PSOE máis caudillo que franco.

Anónimo dijo...

Tranquilosssssss amijosssssss, tranquilos, que imos ter cabalgatas, carnavais, e demais festas a rachar, que pa eso tivo que votar man delo unha muller, Noemí, CONCELLEIRA (si, concelleira con maiusculas)do PSOE e que ten unha grande vontade e compromiso co pobo de Ogrobe....

Tranquilos que seguro que Noemí non nos vai deixar nin tirados nin decepcionados...!

Anónimo dijo...

E a os fala é Marina a ex mandona de cultura que ahora ten que ir traballar pola tarde e os sábados, e está que vota lume polo escote de vampiresa co que disimula o FEA que é por fora e por dentro. No Grove temos ahora a biblioteca aberta todo o día o os sábados. Esa é a mecha que arde, e quen o fixo foi eses dous aos que insultades:Cacabelos e Mascato. E Marisa a sindicalista disfrasada de amarillo, color que tan ben lle vai ao seu sindicatillo. Canta máis rabia teñan esa pécora e ese bicho, mellor o estades facendo.

Anónimo dijo...

En relación coas Festas Locais, na reunión do goberno celebrada o luns pasado pedín que se considerase o feito de que non deixamos establecido, no pacto de goberno, quen se ía responsabilizar da organización das Festas. Referín que varias desas festas incluían responsabilidades, competencias, e necesidade de recursos económicos, que ían máis alá dunha única area de xestión, e que a organización dalgunha delas trascendía as competencias dun único concelleiro. Algo no que estiveron dacordo todos os membros do goberno presentes. E que foi ratificado polo propio Alcalde. Puxen o exemplo da celebración do Nadal, que na miña opinión incumbía a diversos concelleiros, no que eu debería responsabilizarme dos concertos conmemorativos tal e como xa me comprometín coas corais de San Martiño e San Vicente, pero non da Cabalgata, que incumbía a outros colectivos, como as Anpa´s, ou as Asociacións de Veciños e a Alfredo Bea o relacionado coa seguridade vial; ou o Entroido, no que eu tería que asumir a responsabilidade principal, e que xa comecei a organizar cos directivos das comparsas; pedindo o apoio doutros compañeiros con delegacións en educación ou seguridade pública; e dese xeito acordamos que a concelleira de Educación, Noemí Outeda, excelente compañeira, fixera de coordinadora da organización das Festas Locais, contando coa colaboración de cada concelleiro delegado cando se estimase necesario, e según a celebración específica.

Dese xeito, o concelleiro Antón Mascato, colaborará coa concelleira Noemí Outeda, igual que os restantes membros deste goberno, naquela parte da programación que se refira a actividade cultural. Non sendo da súa competencia a organización de actos relixiosos, nin actividades escolares, nin aqueles aspectos relacionados con protección civil, ou o regulamento do tráfico. Eso é todo. Nese sentido teño que rexeitar as distorsionadas informacións que hoxe se publican. Lamentando que podan darse falsas interpretacións de problemas internos no grupo de goberno do Concello do Grove, algo que non se corresponde coa realidade. E que o único que conseguen é reforzar a cohesión interna deste grupo de catro forzas políticas e nove persoas diferentes.

Anónimo dijo...

A única interpretación posible é que non hai ganas de traballar ou que non hai ganas de coordinar con outros concelleiros de partidos diferentes.
Dende que hai gobernos democráticos no noso pobo... ¿Cando se viu que un concelleiro de Cultura non organice as festas alegando que non son da sua competencia? ¿Quere decir que é incompetente? Iso parece. Cando menos é unha boa forma de botar balóns fora. Non pideu permiso a ninguén para os actos da Memoria Histórica nin para retirar o Manolito. Pero, polo visto, a cabalgata de Reis require as competencias de tres concelleiros para chegar a bon porto.
Non hai peor cego que o que non quere ver. Si para ter lonxe do sillón ó PP hai que pasar por esto... conmigo non contes, Cacabelos, que xa nos tomaron o pelo bastante nos últimos anos como para postular a Mascato para o Nóbel de Cultura.
De pena, vamos!

Anónimo dijo...

Según Mascato, os actos relixiosos non son cultura.
Según Mascato, as actividades escolares non son cultura.
Nin actos relacionados con Protección Civil ou o regulamento do tráfico.
Pase o do tráfico e o de Protección Civil... pero decir que os actos relixiosos ou as actividades escolares non son cultura...
Unha coral cantando unha Salve nunha igrexa non ten nada que ver coa cultura. Pero si catro bloqueiros lle cantan ós rumorosos na costa verdecente no Marino, xa é para estar en primeira fila.
Si os rapaces teñen actividades escolares que non son cultura, hai que denuncialo na Consellería de Educación ou avisar ó Defensor do Menor. Gravísimo decir tal cousa de boca do Concelleiro de Cultura!
Moi ocupado debe estar xestionando os vinte museos e as cincuenta bibliotecas que hai no pobo, para non poder adicarlle o seu valioso tempo a estas parvadas da cabalgata de reis ou a "moi relixiosa" festa de San Martiño (Como si só recibira votos dos ateos). En vez de ver unha oportunidade nestes eventos para transmitir ou difundir cultura, o que ve o noso "ideólogo" é unha oportunidade de reivindicarse a si mesmo e ós seus valores persoais, a maior gloria e louvanza da sua persoa. Ese maniqueismo político do "porque teño razón", do "porque a miña ideoloxía non mo permite", do "porque seredes maioría pero eu son un concelleiro ateo", do "porque yo lo valgo"... Ese maniqueismo só serve para alimentar o egocentrismo dunha persoa en detrimento do que demanda o pobo. Á meirande parte da xente impórtanlle pouco as crenzas de Mascato, pero queren festa do Carme e festa de San Martiño. A meirande parte de nos queremos enterro relixioso e funerais. Pero, sobor de todo, respecto con unha tradición secular de festas relixiosas e populares, que si non son cultura... que baixe Deus e o vexa.

Anónimo dijo...

Tamén é salientable destacar que o propio Mascato recoñece que no Pacto de Goberno que os levou a formar o cuatripartito "non deixamos establecido,(...), quen se ía responsabilizar da organización das Festas".

E logo... ¿Quén organizou as festas en pasadas lexislaturas sin tanta polémica?
E logo... ¿Só lles preocupaba que non gobernase o PP?
E logo... ¿Só lles preocupaba o reparto do poder?
E logo... ¿A organización das festas é un eido cativo? ¿Non require orzamentos millonarios? ¿En qué termos se plantexou o pacto de goberno? ¿Antepúxose o interese xeral do pobo ou a ambición política duns poucos? Eu penso que moitas concellalías liberadas (cós cartos de todos, ateos e cristiás) e moi pouca competencia. (De feito xa vemos que ninguén as quere...)

Agora ben... "el pequeño Lenin pasará a los anales".

Anónimo dijo...

hoxe cando ia para traballar, parei a tomar o cafelito diario no bar de sempre e ollei a prensa do día... Horror.. disque Alternativa Meca vai neghosiar con Rosa Diez para entrar no partido desta última.

Vaise, vin o "retrato" da comisión neghosiadora, menudo escándalo! Alá foron Aida, Bombero, Xé, Uca e o mozo de Aida. ¿Cecais agasarían a Rosa Diez con algunhas centoliñas (en veda) das que Prol, o mozo de Aida descarjou durante estas semáns atrás con tanta rapidez dende o barco nejro ese no que anda a unha furjoneta?

Vaise, Vaise... e despois saen na prensa os melloriños.... Hai que telos rectangulares...!

Anónimo dijo...

Antón Mascato responde ante las acusaciones del Partido Popular
martes, 13 de noviembre de 2007
El Partido Popular criticó ayer al concejal de Cultura, el nacionalista Antón Mascato, por negarse a organizar los eventos culturales más tradicionales de O Grove, como la fiesta del patrón, San Martiño, la cabalgata de Reyes o el Entroido, y obligar a la concejala de Educación, la socialista Noemí Outeda, a asumir sus funciones.


COMUNICADO INTEGRO DO CONCELLEIRO DE CULTURA



En relación coas manifestacións do Partido Popular acusando ao Concelleiro de Cultura de non querer organizar as festas locais e os insultos que me dedican decirlle que non coñezo peor covardía política que a dos dous dirixentes do PP de O Grove que estando imputados no caso das listas falsas do País Vasco, intentan cargarlle a unha traballadora do Concello as responsabilidades políticas de tal acción, unha nova mostra da concepción dexenerada que teñen estes individuos do noso sistema democrático. Atrévense a pedir a dimisión dun concelleiro por un cambio na organización do goberno local, precisamente eles os que son obxecto de investigación por presuntos delitos urbanísticos, e nin se lle ocorreu presentar a súa dimisión.

Xa foi perfectamente explicado polo Alcalde de O Grove, a quen lle agradezo o seu apoio e confianza, e pola concelleira coordinadora de festas, que non é verdade o que manifesta o Partido Popular sobre a miña negativa a organizar as Festas, vaia unha vez máis, por se algún despistado queda aínda. O que decidimos os nove membros do goberno foi crear unha coordinación das Festas para que se facilite dese xeito o labor que afecta a varias concellerías. Precisamente onte mesmo renuímonos cos representanmtes de sete das comparsas do Grove para comezar a organizar o Entroido do próximo ano. Do mesmo xeito que xa están en marcha os traballos preparatorios da programación do Nadal, nos que asumiremos cadanseu concelleiro as súas responsabilidades e competencias, porque este goberno de nove non só funciona, senon que se cohesiona con cada novo ataque burdo do Partido Popular. Eso consiguen: transformar o veneno en pegamento.

O que de verdade lle doe ao Partido Popular e os seus irresponsables dirixentes locais, é comprobar que non só non se aprecian fisuras no funcionamento interno do goberno, senon que cada concelleiro asume as súas competencias con absoluto rigor e eficacia. En canto a Cultura, como todo o mundo sabe, pasamos de ver actos culturais de escasa asistencia, organizados no mínimo Salón de Plenos, a encher xa varias veces o Cine O Marino, nas xornadas Dereito a saber, na estrea do Novo Emden, na entrega das Centolas de Ouro, no Certame de Corais que eles facían cantar debaixo dun toldo… mudando o espazo para a dignidade e para a actividade lúdica e cultural do Grove. Sí cine cheo e moita xente felicitando ao goberno local pola nova imaxe de calidade que se vai ofrecendo. Evidentemente son eles mesmos os que se poñen en evidencia falando da mediocridade da programación do verán, algo que non pode facerse no mes de Xullo que á cando eu collín esa responsabilidade, senon varios meses antes, xustamente cando eles gobernaban, e nada fixeron por programar un vran de cultura. Son eles mesmos os que se poñen en evidencia, neste caso amosan un talante que preocupa polo que supón de involucionismo cando critican as homenaxes que se realizan ás persoas que padeceron represión franquista, cárcel, asesinatos, multas e malos tratos; eso sitúaos nos lindes da democracia que tanto costou conseguir, ou cando critican a retirada do monolito fascista da Fonte do Galo, que hoxe coa Lei da Memoria xa aprobada na man non sería legal e habería que proceder a retiralo en mera aplicación da mesma. O que resulta abafante é a ditadura e a falta de liberdade, nunca as homenaxes a quen tanto leva padecido. Resultan patéticos, estes dirixentes do PP, cando non indo nunca a ningún acto cultural son capaces de criticar os que se realizan, eso sí non perdoan calquera comida na que non teñan que pagar o cuberto. Resultan patéticos cando afean a conduta impecable do vicepresidente da Deputación, deputado provincial de Cultura que mantén a cordialidade e normalidade institucional convidando a este concelleiro a participar nun acto en homenaxe a Valle Inclán, no seu Concello, e devolvendo a visita ao Grove para inaugurar a exposición que nestes días pode verse na Casa da Cultura.

Falan de vagancia deste concelleiro, cando se encargou de que fose limpado e ordenado o xacemento de Adro Vello (despois de seis anos sen desbrozalo), cando organizou xa catro exposicións na Casa da Cultura, cando se abre a Biblioteca todo o día en xornada ininterrumpida e os sábados pola mañá (eles abríana en xornada de mañán, e os sábados pechada), cando se traballa nun proxecto para facer visitable e formativo o non nato Museo da Salga, denominación non legal, na que está para a súa vergoña a placa inaugural na que figura dúas veces o nome completo e os apelidos do excalde; cando se traballa na limpeza, ordenación e sinalización de todo o Patrimonio Etnográfico do Concello, e cando asumo, sen soldo, tres concellerías, dúas delas de nova creación: Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística, ademáis da de Cultura.

Se nalgún momento penso en dimitir asegúrolles que me lembrarei da dor de barriga que lles provoca ver que continúo facendo o que

ceo que debo facer e continuarei no mesmo lugar no que me puxeron os veciños do Grove, para os que traballo sen cobrar nin un céntimo das arcas do Concello. E eso quere decir que lles queda, aos carraxentos dirixentes do Partido Popular, polo menos catro anos máis de problemas de estómago. Desexándolles que resolvan pronto todos os seus problemas coa Xustiza.



Antón Mascato.

Anónimo dijo...

Pois se o barco negho anda a centola en veda, que desir dun barco que se chama EDU, e logho os Grandes Soles do paraghuai..., e logho aqueles barquiños que teñen a centola colghada nas bateas dos familiares, ou os que os venden nos jalpons (menudas colas fan no Hipermercado Chapel, ou os que descarghan noutros portos e van as suas donas coas furghonetas a recoller a centola?... Vaites, vaites... por non falar do jran surtidor de Noalla e Villalonga...!

Manda Carallo na Habana....!

Anónimo dijo...

Despois do comunicado de autocomplacencia de Mascato, ocórreseme pensar que se mira moito ó espello. Ten tres concellalías sen soldo: "Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística, ademáis da de Cultura". E logo, ¿non se podían englobar as tres en Cultura? Así queda millor. Parece que traballamos o triple facendo o mesmo. Ou o patrimonio histórico e a normalización lingüística no son cultura? ¿Non o eran antes? ¿Temos un patrimonio tan amplo que require a creación dunha nova concellalía?
E, por suposto, todo sen cobrar. ¿Quere decir eso que critica a os que cobran ou que lle gostaría cobrar? ¿Quere decir que os outros que non cobran traballan menos? ¿Quere decir que él ten máis mérito por facer todo de balde? ¿Cando chegou ó Concello qué pretendía? ¿Cartos ou prestixo?
O mérito darémosllo cando pasen catro anos e poidamos facer análese da sua xestión. Pero autocolgarse medallas antes de ter feito nada xa é ben significativo. E defender a sua xestión atacando ó PP para desviar a atención, tamén. Que eu saiba, é sempre o Goberno o que ten que estar no punto de mira do pobo. A sua xestión é a que hai que mirar con lupa, non a da oposición, que xa non goberna. Está tan acostumado á política de acoso e derribo do PP que se esqueceu de que agora quen goberna é él. E todos temos dereito a opinar sobor da sua xestión. Sobor do que fixo o PP xa temos sobrada información e eles xa están donde merecen. O que nos preocupa é ver cara a ónde imos nos. E si con esta tripulación o barco non afunde, como parece. Catro patróns sen rumbo é o que parecemos. Desviar responsabilidades cara a compañeiros de goberno para non ter que asumilas. Interpretar que a cultura se centra na Memoria Histórica e nas inquedanzas persoais dunha soa persoa e rexeitar as festas relixiosas e as actividades educativas có conseguinte desprezo cara ó pobo que as demanda. Pensar que todas as críticas veñen dos "carraxentos dirixentes do Partido Popular" cando nas tertulias estanse a escoitar todo tipo de cousas dende un lado e outro do habano político.
Otorgarse a si mesmo todo tipo de loubanzas democráticas e negarllas ó adversario político (Ó máis puro estilo Chavista) como si o PP estivese gobernando estes últimos 8 anos como froito dunha dictadura militar e non coa vontade popular. Non reconocerlle, ainda hoxe, que é a alternativa máis votada no pobo a pesares de todo canto fixeron (bo e malo).
O dito, menos autocomplacencia e máis traballar para todo o pobo (non só para os teus), que é a mellor forma de pechar as bocas dos que te estamos a criticar.

Anónimo dijo...

Cinema dixital no Cine O Mariño do Grove



Continuando co ciclo de cinemas dixitais que se proxecta no Cine O Mariño de O Grove todos os venres dos meses de novembro, decembro e xaneiro, sempre ás dez da noite, chega á programación o film titulado Autopsia, dirixido por Milagros Bará no ano 2002. Esta película protagonizada por Isabel Blanco, Lino Braxe, Luís Zahera e Santi Prego, entre outros, conta a historia dun xornalista, Daniel Casares, que malvive do seu oficio e que intenta resolver o caso de dous asesinatos dos que intúe que teñen relación entre eles. A súa relación con Amanda, irmá dun dos asesinados fai que se involucre moito máis a fono na investifgacioón na que será unha peza fundamental a figura do médico forense.



Cinemas Dixitais é un proxecto da Axencia Audiovisual Galega, e da Concellería de Cultura do Concello do Grove para, en palabras do concelleiro Antón Mascato, “achegar o cine feito en Galicia aos espectadores, xa que normalmente teñen moitas dificultades para poder velo pola falta de interese das redes distribuidoras americanas e a súa tendencia a pasar só o cine que elas promoven e financian” Deste xeito normalízase a proxección audiovisual en galego, nos cines, as salas propias para esta actividade.

Anónimo dijo...

hoxe cando ia para traballar, parei a tomar o cafelito diario no bar de sempre e ollei a prensa do día... Medo me da!.. disque Alternativa Meca vai neghosiar con Rosa Diez para entrar no partido desta última.

Vaites, vin o "retrato" da comisión neghosiadora, menudo escándalo! Alá foron Aida, Bombero, Xé, Uca e o mozo de Aida. ¿Cecais agasarían a Rosa Diez con algunhas centoliñas (en veda) das que Prol, o mozo de Aida descarjou durante estas semáns atrás con tanta rapidez dende o barco nejro ese no que anda a unha furjoneta?

Vaites, vaites... e despois saen na prensa os melloriños.... Hai que telos rectangulares...!

E penso eu, pois se o barco negho anda a centola en veda, que desir dun barco que se chama EDU, e logho os Grandes Soles do paraghuai..., e logho aqueles barquiños que teñen a centola colghada nas bateas dos familiares, ou os que os venden nos jalpons (menudas colas fan no Hipermercado Chapel), ou os que descarghan noutros portos e van as suas donas coas furghonetas a recoller a centola?... Vaites, vaites... por non falar do jran surtidor de Noalla e Villalonga...!

Manda Carallo na Habana....!

Anónimo dijo...

ó das 10.26 ¿que nos queres faser creer que eres de esquerda? tás de koña ou de koñák? era mellor faser coma teu tio meter todo dentro do seu saco do unto, fubolito, eres un papansiño e non nos enjañas con esa tetrónica fachosita, lee o que lle escribistes ao conejal de cultura e lee o que vos contestou con rasón.

Anónimo dijo...

grovedeesquerdas non sabe falar sin insultar.
Non teño nada que ver con ese tio do que falas e, dende logo, tios coma ti son unha deshonra para os de ezquerda. Polo menos para os de ezquerda democrática, tolerante e respectuosa cós rivais políticos. Ós totalitarismos chégase de moitos xeitos. Un deles é o desprezo polos que pensan de xeito distinto. No teu caso, a esto témoslle que engadir que a falla de argumentos faiche cair no insulto, ainda que a persoa na que pensas non está aquí. Empregas contra él adxectivos como "fachosita" e está claro que non sabes o que significa porque estaste a comportar de xeito que che podemos aplicar o devandito adxectivo a ti mesmo. O dito, unha deshonra para a ezquerda. Intolerante, intransixente e totalitario. Así é o pensamento fascista. E así é como o pos de manifesto, con insultos e descalificacións. Mírate primeiro no espello antes de chamarlle fascista a ninguén.

Anónimo dijo...

A versión galega da vida de Ramón Sampedro no Cine O Mariño do Grove

Co título Condenado a vivir, que conta a historia do tetrapléxico Ramón Sanpedro, a industria cinematográfica galega adiantouse en varios anos á versión que realizou Alejandro Amenábar, e que tanta sona lle deu aos que reivindicaban o dereito á eutanasia e a morrer dignamente.

Dirixida por Roberto Bodegas e protagonizada, entre outros, por María Bouzas, Ernesto Chao, Rosa Álvarez e Sonia Castelo, nunha produción de Continental. Esta versión, ten todos os ingredientes para ser do agrado do público, tanto polo seu elenco de actores, como pola xa coñecida historia, como pola ben levada gravación e montaxe deste film que sorprende pola calidade da súa realización.

Proxectase no Cine O Mariño do Grove, dentro do ciclo de Cinemas Dixitais, o venres 23, ás dez da noite, con entrada libre ata completar o aforo.


O Cine O Mariño acolle de novo unha programación estable de cinema

A Concellería de Cultura do Concello do Grove continúa dotando de contidos culturais ao recuperado Cine O Mariño, e nesta ocasión súmase ao proxecto Cinemas Dixitais , organizado pola Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Igaem.

Ao longo dos meses de novembro, decembro e xaneiro , todos os venres ás dez da noite realizarase a proxección de trece filmes, non comerciais, feitos en Galicia, que contarán nalgúns casos coa presenza no mesmo cine O Mariño de directores, actores, guionistas, produtores ou actrices que participaron nalgunhas das películas que se inclúen neste ciclo

Anónimo dijo...

Adicado ao autor do Blog do Xarabal

Antón Mascato!!!

No sexas tan cobarde e alo menos identifícate como tal. Non vaias tirando a pedra e econdendo a man. Da á cara, non sexas tan POUCO home, e menos con unha muller. Ou dúas.
¿Non serás un pouco misóxino?.
O que tes que facer, filliño é gobernar e traer cultura e actos culturais para O Grove, non desenterrar mortos e perseguir á xente coa túa bravuconería.
Caes moi baixo actuando así con éstas rapazas, pero non te preocupes, o tempo te pora no teu sitio. E o pobo de Grove tamén.
Disfruta o que che queda de vida no goberno; DICTADOR.

Anónimo dijo...

Para María-Marina-Malina
e para os que acusan os políticos de acoso laboral desirlle que cando como traballadora do Concello che poñen un horario acorde co servisio no que traballas, e pos todos os impedimentos para faselo estás fóra da lei, nese caso eres tí quen terás que responder dos teus actos no conflicto laboral que provocas coa túa maldade. E si aínda por riba falsificaste o teu título para poder ter mais puntuación e que te escollera o teu lider, naquel concurso con trampa, ex alcalde por obra y gracia de xente como tí, pois xa sabes o que che queda. Sigue, sigue, Marinita Malina que xa todo mundo sabe o boa que eres. Tan boa que lle axudas moitísimo ao probe teu hirmán, ¿verdá? Queres que contemos eso ¿tamén?
Pois sigue facendo jatadas.
No jrobe conosémonos todos.

Anónimo dijo...

Día: venres 7

Hora: 22.00 horas

Lugar: Cine O Mariño. O Grove





Cinemas dixitais chega ao seu ecuador co pase de Jalisco





No cine O Mariño do Grove



A produción cinematográfica Jalisco, da produtora Saga, é o film que marca o paso do ecuador do ciclo de Cinema dixital que ven organizando a concellería de Cultura do Concello do Grove. Como todas as anteriores, será o venres, ás dez da noite, no cine O Mariño.

Jalisco é unha excelente obra para comprender os vencellos que a literatura e o cine manteñen dende que os irmáns Lumiere descubriron a posibilidade de animar fotografías e secuencialas para contar historias. Neste caso nárrase a confluencia dun escritor mexicano que ven a Galicia para descubrir a autoría dun asesinato, para o que se

axuda dos coñecementos dun xove xornalista galego, e dunha amiga súa, funcionaria. Tratan de saber se se trata dun crime pasional, ou dunha montaxe interesada.

O film dirixido por Jorge Valcárcel no ano 2001, ten entre os seus principias protagonistas a algúns dos mellores actores e actrices da actual escena galega: como Xavier Deive, Santo Prego, ou Maika Aguado.

apuntes para el dia del juicio dijo...

Distinguidos señores

Me dirijo a ustedes para plantearles la oportunidad de posible colaboración.
Ya que yo estoy promoviendo la creación de un periódico digital a nivel nacional con secciones en varias ciudades.
Me gustaria enfocar la colaboración desde tres posibles perspectivas;
En una de ellas ustedes me cederian articulos propios para publicar en la sección de su ciudad y nacional.
En otra se convertirian en la sección oficial del periódico para su ciudad.
Y en la otra yo me encargaría de buscar anunciantes para su página.
Estas opciones son compatibles conjunta o separadamente.

El proyecto de mi periódico digital avanza con paso firme y ya contamos con mas de ciento cincuenta colaboradores, esperamos ver la luz para año nuevo.
Confio en que me contesten mostrandome su parecer inicial.

Un saludo .
José Guillermo Chacón Montes
Lonuestro27@hotmail.com

Anónimo dijo...

Día: Venres 21 de decembro.
Ciclo: Cinema Dixital
Lugar: Cine O Mariño, do Grove
Hora: Dez da noite
Entrada: Libre ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura. Concello do Grove

Mentíndolle á vida no Cine O Mariño do Grove

Unha nova sesión de Cinema dixital vai ter lugar no Cine O Mariño do Grove, no que se proxecta este venres, ás dez da noite o trhiller sicolóxico Mentíndolle á vida, dirixido por Jorge Algora no ano 2005. Un film de Adiviña Producións, que ten entre os seus protagonistas aos actores revelación do panorama artístico de Galicia, como Marta Larralde ou Chete Lera.

Esta película narra o conflito que manteñen dúas familias, os Durán e os Souto, ante a desaparición de moza Cristina Durán. Todo indica que o culpable é o seu mozo, Enrique Souto, ata que a investigación policial, dirixida polo inspector Diego Martí, exculpa ao principal sospeitoso.
A intervención do xornalista Hannibal Bretal será determinante na resolución do caso.

O ciclo cinematográfico denominado Cinemas Dixitais está organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Grove, e ten lugar todos os venres, ás dez da noite, de decembro e xaneiro, con entrada libre ata completar o aforo. Nesta serie poden verse as mellores películas producidas en Galicia nos últimos anos, e ten por obxectivo vencer as dificultades de exhibición do cine galego nas salas comerciais dominadas pola industria americana.

Anónimo dijo...

Concellería de Cultura do Concello do Grove.

Programación Cultural Nadal 2007

Día 22, decembro, sábado. Ás 19.45 na Igrexa de San Martiño
Concerto de Nadal da Coral Polifónica da Confraría de San Martiño.
Concerto do Coro infantil e xuvenil da Coral Polífónica da Confraría de San Martiño.



Días 26 a 30, decembro. Cine O Mariño.
Xornadas de Teatro Afeccionado do Grupo Enxebre.



Día 26. Ás 21.00 horas. Inauguración.
O grupo O Trasno, representa a
obra D2N23.

Día 27. Ás 21.30 horas.
O grupo Expresión Teatro, representa a obra Ofimax.

Día 28. Ás 21.30 horas.
O grupo Porta Aberta, representa a a obra O arce no xardín.

Día 29. Ás 21.30 horas.
O grupo Libélula, representa a obra Un mal día

Día 30. Ás 21.30 horas.
O grupo Enxebre, representa a obra Lacras.


Todas as representacións das Xornadas de Teatro Afeccionado do Grupo Enxebre son con acceso mediante pagamento de entrada.

O Concello do Grove colabora co grupo de Teatro Enxebre, a quen lle agradece o seu compromiso co Teatro e a Cultura, cedéndolle o Salón do Cine para o desenvolvemento desta importante actividade.


Día 30, decembro, domingo. Ás 12.45horas da mañá. Igrexa de San Vicente
Concerto de Panxoliñas da Coral Polifónica Boca da Ría de San Vicente.

Día 2 de xaneiro, mércores. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Concerto do grupo de música Infantil MAMACABRA.


Día 3 de xaneiro, xoves. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Proxección do Cine de Animación O Vello e o Mar.

Día 4 de xaneiro, venres. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Actuación do Grupo de Monicreques de Kukas. Coa obra Sen Título

Día 4 de xaneiro, venres. Ás 22.00 horas da noite. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Proxección do cinema dixital O Partido. Film producido pola govense Emma Lustres.

Día 5 de xaneiro, sábado. Ás 13.00 horas da mañá. Biblioteca Lueiro Rey, do Monte da Vila.
Entrada libre ata completar aforo.
Presentación da obra e entrega do premio Lueiro Rey de Novela ao gañador da XV edición Ramón Caride Ogando.
Participan: Olegario Sotelo, editor; Francisco Martínez Bouzas, profesor e crítico literario; Ramón Caride, escritor; José Antonio Cacabelos, alcalde e Antón Mascato, Concelleiro de Cultura.

Día 5 de xaneiro, sábado. Ás 18.00 horas da tarde. Cabalgata de Reis.


A Biblioteca Manuel Lueiro Rey, do Monte da Vila permanece aberta dende as 8.30 horas da mañá ata as 21.30 horas da noite, ininterrompidamente, de luns a venres. Os sábados abre de 9.30 a 14.00. Durante todo o ano, non sendo os festivos.

Anónimo dijo...

Unha pregunta por que se ten ese afán de galeguizar os nomes e as marcas.
Que eu saiba o cine que hasta fai ben pouco existía no Grove chamase "El Marino"