O PP retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos.
Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs
Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs
Un ano despois de que o PP iniciase unha batalla legal contra dúas blogs de Cambados e O Grove, volven as andadas, ao estimar ofensivos os seus contidos, os populares grovenses devolven o asunto á actualidade.
Fano da man da concelleira Diana Otero que onte anunciaba que realizará xestións a través do seu partido para conseguir unha «proposta de regulación normativa na que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI, mediante o que se fagan responsables dos seus contidos e facilitar que estes delitos non queden impunes e que aqueles que se dedican a insultar e a coaccionar nos blogs poidan ser denunciados polas vítimas», segundo explica a edila.
Actitudes «covardes»
Desde o PP do Grove reprochan a «actitude covarde dos editores destes blogs e plataformas informáticas de linchamento das persoas que non pensan igual que eles».

Estes blogs tiveron o seu momento de maior efervescencia a principios do ano pasado a tenor das denuncias do PP e a publicidade que todo iso lles reportou. é grupo levou ao xulgado ás webs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com e en febreiro o xuíz admitía a trámite unhas denuncias coas que o PP pretende sacar do anonimato aos autores destes blogs e que se dirimisen responsabilidades.
«Aquí non se salva nin o apuntador. Facendo un percorrido sorprendente polos blogs locais atopeime con insultos, calumnias e inxurias variadas a políticos, funcionarios, policías empresarios, xornalistas... e tamén aos seus familiares e achegados. Actitudes covardes, infames e viles das miserias humanas. Non ten outra palabra», sinala Diana Otero .
Covarde non me considero e despois de buscar insultos, calumnias e inxurias variadas como di Diana, non as atopo. E mais, debo decirlle a nova concelleira que dende esta paxina en algún momento se chegou a defender a sua persona e incluso a dunha amiga dela. En todo caso se fala doutro ou doutros blogs e non deste, que o diga as claras, porque se non as inxurias poden partir dela e non dende aqui. A montaxe e de Cousas de Cambados