13 febrero, 2008

Gran Irmán na Festa do Marisco

A seguinte nota foi enviada a esta paxina polo Movemento polos Dereitos Civís


A entidade instalou catro dispositivos de control nas carpas da Festa do Marisco a pesar de que carecía da autorización da Delegación do Goberno.


O Valedor do Pobo iniciou esta semana as actuación pertinentes ante o Concello de Ogrobe para esclarecer a utilización indebida por parte da entidade de cámaras de videovixilancia durante a Festa do Marisco. Durante o pasado mes de setembro, o Concello instalou catro dispositivos de vixilancia nas carpas nas que se desenvolvía a festa para controlar os posibles furtos, segundo o edil de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea. Non obstante, a entidade carecía dos permisos necesarios estabelecidos pola Lei Orgánica 4/97 para a ubicación desta clase de dispositivos de control, que deben ser autorizados pola Delegación do Goberno logo dun informe favorábel dunha Comisión. Asimesmo, a lei indica que o público será informado “de maneira clara e permanente da existencia de vídeo cámaras fixas”, principio que o Concello non cumpriu. Estas medidas están destinadas a garantir a protección das liberdades e dos dereitos fundamentais dos cidadáns recollidos na Constitución Española. Aínda así, Alfredo Bea xustificou a instalación asegurando que a autorización non é preciso se se trata de cámaras de carácter puntual, terxiversando a lei, xa que esta é clara e de ningún precepto da mesma se deriva dita interpretación, pois de ser así, os dereitos afectados por este tipo de medidas quedarían totalmente desprotexidos.
Os dispositivos foron instalados de xeito puntual para a ocasión, operación que é ilegal ao igual que que estea controlados por traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e non por membros da Policía Local.

A nova tamen esta recollida no xornal A Nosa Terra

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Para abrir tema digo lo siguiente:
Primero habrá que esperar la resolución del organismo competente y ver si la sentencia es contraria a la actuación del Concello.Por otro lado , lo que yo pienso , es incongruente que pidamos seguridad ciudadana pero criticamos la presencia policial porque coarta nuestras libertades y tampoco nos gustan las cámaras porque atentan contra nuestra imagen.Yo creo que en un evento como la Fiesta del Marisco donde se da cita tanta gente las cámaras pueden ejercer una cierta presión disuasoria ante los "posibles chorizos" de turno.No digo que , en ciertos casos , la ley impida la grabación pública pero creo que en este caso se le debe dar la razón al Concello ya que la finalidad de las cámaras es preservar la seguridad del visitante y las instalaciones.Por otro lado si alguien ve su imagen difundida , sin permiso , en algun medio de comunicación visual tiene el derecho de acudir a los tribunales ; pero no creo que este sea el caso.Creo que es un tema muy extenso en su interpretación y yo no soy jurista pero creo que a la mayoría de los que acudieron a la Fiesta del Marisco la sensación que tubieron fue de seguridad.
Saludos.

Desesperada dijo...

pois eu estou contigo. sé que o das cámaras é xa o futuro, non hai máis que ver cidades coma Londres o NY, pero mentres poidamos frenalo mellor. eu quero seguridade cidadá, pero non a costa da miña intimidade, síntoo moito. Bicos, Sol

Anónimo dijo...

Buenooooo!!
Sei de moi boa tinta que dende as altas istansias do cuatrigoberno local se afirma que xa esta resolta a teima do pexom.
A solusion e que non se vai facer, total pa que, pa que catro se fagan ricos, non, nos con cobrar o que nos paga o pobo todolos meses xa estamos satis.
Eso si que e facer altruismo e implicarse por un pobo.
E senon xa sabedes, a esperar os tres anos e pico que nos quedan pra elexir a outros.
Agora que temos elesions jrandes, pregolle a os que gañen que cambien as leis eleitorais para eliminar de un plumaso as minorias minimas que consiguen desfacer un pobo. Os que consiguen mandar con so uns trescentos votos.
Saude

Anónimo dijo...

Máis presencia policial e menos cámaras: de que serven as cámaras cando xa che deron o pau?

Anónimo dijo...

Como vexo que "Ogrobe, vila dos Blogs", esta morrendo e estas bitácoras están casi missing, vou a pinchar esta cuestión para abrir un pouco o dialogo:
Nestes tempos nos que se cuestiona a discusión pola identidade nacional-territorial-local, non vai sendo hora de poñer-lle nome as cousas importantes:
Como un pais pode ter dous nomes: Galicia-Galiza
Como un pobo pode ter mais de dous nomes: O Grove-Ogrove-Ogrobe-El Grove.
Non vai sendo hora de chamar-lle a cada cousa polo seu nome???
Saudos

Anónimo dijo...

Aclaración: Se non se tiña autorización gubernativa para a instalación das cámaras, a autoridade competente para o tema é a Subdelegación de Goberno mediante o correspondiente expediente administrativo, polo tanto non vai haber sentenza, pois esta correspondería a un tribunal sexa unipersonal ou colexiado da Admón. de Xustiza. Haberá polo tanto unha resolución dictada por Autoridade administrativa, que pode ser recorrida cando sexa definitiva en vía da Xurisdicción Contencioso-Administrativa (Tribunais de Xustiza).