29 noviembre, 2006

Vivienda cara, ¿corrupción urbanística?

El metro cuadrado en O Grove, el más caro de Galicia

Comprar una vivienda exige un esfuerzo considerable a cualquier economía media. Pero si el piso elegido está ubicado en O Grove, el esfuerzo es mucho mayor. El metro cuadrado en el municipio arousano es el más caro de Galicia: se cotiza a una media de 2.266 euros, según la empresa tasadora Cohispania. Pero esa cifra no sólo coloca a O Grove a la cabeza de Galicia, sino que hace que este municipio sea más caro que la media de la comunidad Balear (donde el metro se vende a 2.212 euros) o Valencia (1.508 euros). El tirón turístico de O Grove y el parón del PXOM explicarían esas cifras.
¿Quien me da mas explicaciones? ¿Hay culpables?, Yo creo que SI.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Normalmente as cousas non son tan sencillas, e decir hai mais de unha explicación, en calqueira caso, o recurrente pelotazo, corrupción etc, urbanistica non explica por sí solo o precio da viveda, para mín hay dous factores, un primeiro é o precio que os donos dos terrenos piden polos mesmos sexa unha leira ou un solar, hay quen non distingue estas dúas cousas, e unha segunda e a inversión que cidadáns de a pé fan para comprar os pisos, como xa non é rentable invertir en bolsa e nesas cousas legais, e mellor invertir nos pisos mesmo con cartos ¿negros?, si se mira quenes compran os pisos podemos ter unha das claves, seguro que hai mais, pero penso que estas duas son das mais peso. saude

Anónimo dijo...

Tamén tedes que pensar que a demanda e infinitamente superior á oferta. Entre zonas de protección medioambiental, ley de costas, etc, a superficie edificable no noso concello supón unha porcentaxe moi pequena sobre o total. Cada vez que se reduce ese porcentaxe dende a Administraciòn os prezos suben. Eso chámase Ley da Oferta e da Demanda. E por iso vale máis o ouro que o ferro, porque hai menos. En canto ós donos dos terreos, están no seu dereito de poñer prezo. E os compradores están no seu dereito de comprar ou non. O problema de que cada vez haixa menos superficie edificable é que só poderán comprar os que teñen cartos abondo. É igual que o prezo do camarón na lonxa. Os mariñeiros poden retirar os lotes si non lles pagan o que queren. Si hai pouco... cómeno unhs poucos. Cando non haixa ningún haberá que compralo en outro lado.

Anónimo dijo...

Pero tamén a menudo nos olvidamos que a terra ten unha función social e aínda que estemos nun sistema capitalista, as plusvalías deben repercutir no común, e decir, en tódolos cidadáns, e non só nuns poucos, así como aqueles propietarios que se ven atados de pes e mans polas proteccións costas, rede natura, etc, deberían ser compensados pola administración, pois non e xusto que o que é disfrutado por tod@s, sexa a costa solo dun. saude.

Anónimo dijo...

Pois a ver cómo se come iso de que nun sistema capitalista a terra ten unha función social. Se falamos de propiedade privada tamén as casas e os pisos deben ter función social. E non vexo que ninguén faga do seu fogar unha casa de acollida para inmigrantes ou mulleres maltratadas, por exemplo. Eu digo que si queremos darlle esa función social á terra, a Administración pública ten que expropiar e indemnizar ós propietarios para facer públicas as propiedades. Despóis vexo ben que se fagan reservas naturáis de protección ecolóxica. Pero non se pode ter Parques Naturáis protexidos á conta dun grave perxuizo dos propietarios que herdaron o pouco que teñen de pais e abós. ¿Ou non sabedes que iso tamén é unha forma de recalificación de terras con grave perda económica dos veciños? ¿Ou non sabedes que temos que pagar o Imposto de Sucesión de Herdanzas pagando a prezo de ouro por herdar terras que dun día para outro non valen nada? Vexo que hai moitos perxudicados que nen sequera se decatan da perda que están a ter. En canto ás plusvalías que se poden derivar dunha venta, estamos suxeitos ó sistema impositivo que temos e ás normativas municipáis. Diso non escapa ninguén.
Claro que se falamos de urbanizacións adicadas a segundas vivendas, estou dacordo en que deben estar suxeitas a un control especial. Por ahí ven a especulación e o perxuízo para todos. Pero non metamos no mesmo saco as edificacións adicadas a vivenda unifamiliar. Se pechamos todas as portas, de aquí a uns anos non poderemos facer vivendas de nova construcción e, por suposto, queixarémosnos ainda máis polo prezo do metro cadrado de vivenda.
En fin, que estou a favor de que todos disfrutemos do que é de todos, pero non das propiedades privadas. Sobre todo para que todolos domingos do verán non veña unha turba de "domingueros" a emporcar fincas a carón das praias das que os servizos de limpeza municipal non se fan cargo e o paisano nin pode nin ten ganas de manter limpas, porque, para él xa non teñen valor económico. E do valor ecolóxico, que se encarguen os da Rede Natura. Que para gastar gasoil do coche (Pagado por todos) vixiando valen, pero para manter limpo ese espazo verde... Bueno, que non lles vai moito iso de suar.

Anónimo dijo...

Moitas son as cuestións interesantes que se formulan: carencia de vivendas de promoción pública, ¿ porque o concello co aproveitamento cedido mediante os convenios urbanísticos, en vez de malvender ese metros cadrados non llo cede á Xunta para que se fagan vivendas de promoción pública?. ¿ Son necesarias 50.000 vivendas cando o crecimento poboacional non pasa do de fai 20 anos?. ¿É que acaso coa ampliación contemplada dos núcleos rurais non está garantido o crecimento para dentro de moitos anos?. ¿Queremos "marbellizar" a nosa Vila?. ¿ Que concello desde o punto de vista urbanístico lle imos deixar ao que veñan?.Por certo sería interesante coñecer as opinións das/dos blogueiras/os a respecto do fenómeno das enchentes do luns, e doutras enchentes que sempre se dan nos mesmos puntos da nosa Vila, así como esa designación imposta? de candidato polo establishment do PSOE.
Obrigado.

Anónimo dijo...

O das enchentas do luns están claras, choveu de carallo e a auga busca o seu lugar, que as persoas lle vamos roubando, asfalto, casas recheos, etc, etc,etc.
Con respecto o pre-candidato do psoe, non o coñezo nin personal nin politicamente, pensei que o rapaz era mudo, pero non o é, o que si non me gustaron nadiña duas opinións súas, unha con respecto os parques acuicolas de o ex-conselleiro de pesca lopez veiga quería meter nas nosas costas varios millons de m2, pois este rapaz apoiou este proxecto, quizais por eso o psoe local non presentou ningunha alegación contra o mesmo? e a segunda hoxe sobre a via rapida do salnes, decir que xunta anterior non a fixo por que non quixeron e a actual porque non se lle sabe pedir, pareceme cando menos querer tomar por tontos os cidadáns mecos. Pero en todo caso penso que o rapaz ten boa percha e sobre todo pareceme mais sano que ayda, si eu fose do psoe o apoiaría para ser o candidato, pero como no psoe de ogrobe xa se sabe, levan 25 anos enfrentados en todas eleccions locais e non ia ser distinto nestas, mentras tanto migueliño frotase a mans. saude

Anónimo dijo...

TODO O QUE ESTA PASANDO URBANISTICAMENTE EN ESTE POBO, BENEFICIANSE EMPRESAS COMO ALVARES PROL, QUE TODO O QUE FAY, O TEN VENDIDO, A ESTE TIPO DE CARROÑA SI LLE VAY VEN A COUSA, POR ESO NON PESTAÑEAN.

O PEXON, TAMPOUCO RESOLVERIA OS PROBLEMAS DO GROVE.FAGASE OUTRO NOVO PERO CON SENTIDIÑO.