O Salnés é a comarca galega onde máis aumentou o paro en outubro e O Grove lidera a lista por concellos.
O mes de outubro pechouse con 666 persoas apuntadas na listas do paro máis que en setembro o cal a sitúa á cabeza no ránking das comarcas galegas, seguida de Vigo (408) e A Coruña (341). As únicas bisbarras onde diminuíu o paro foron Noia e Muros. No Salnés foi O Grove o municipio no que o incremento foi maior, pasando de 492 persoas paradas a 745, unha circunstancia motivada, en boa medida, ao descenso da actividade no sector servizos. Sanxenxo, outro concello turístico, tamén rexistrou un aumento notable pasando de 644 a 793 desempregados.
No caso de O Grove, dos 745 parados, un cento son menores de 25 anos, e no segmento de máis idade (maiores de 25 anos) é onde máis se acusa a diferenza entre a situación de homes (208) e mulleres (437).
4 comentarios:
Esta ben, moi ben, pero aquí esta noticia non di nada. Sacade tema.
Home, éche un xeito de faser propajanda como outro calquera, aínda que iste non sexa o sitio máis axeitado para elo.
Yo llevo años visitando y usando ogrovedixital porque , aparte de ser la única que había para comentar temas de O´Grove , te daba y te da unas informaciones muy bien elaboradas y documentadas.Hoy en día , por suerte , ya hay nuevas ( y muy buenas )páginas de opinión - información que se relacionen con O´Grove.Desde este blog os doy las gracias a todos los que haceis posible este tipo de comunicación y os animo a que sigáis.
Cómo non vai subir o paro si desaparece o oficio de albanel...
Publicar un comentario