31 enero, 2007

Aclaración sobre ó contido deste Blog


Quero deixar ben claro que a diferencia doutros medios de comunicación, non teño a posiblidade real de exercer ningun tipo de filtro ou exame previo dos textos e comentarios que se remiten a este Blog, xa que logo este proceso é inmediato no tempo.
Coincido plenamente que non todo é valido e na existencia duns limites que son os que deben marcarla propia existencia deste Blog, pola cal pregariavos encarecidamente, facendo unha chamada á calma e á serenidade, que as persoas que aquí vos expresades, na vez de publicar algún tipo de comentario inxurioso ou verter acusacions concretas, o fixerades doutro xeito, quizais algo semellante ó que acontecia no Antroido da dictadura franquista, donde todo o mundo entendia perfectamente a quen ían dirixidos os tiros, caso contrario veriame na obriga de borralos.
Pídovos perdón ós que creades que vos sentides prexudicados e pensedes que me prego as "imposicions" do PP. ¡¡ Nada mais lonxe da realidade !!. Ë favor que por un instante vos poñades no meu lugar e a situación que se deu sen pretendelo. Desde esa posición creo que o entenderedes. ¡GRACIÑAS!


12 comentarios:

Anónimo dijo...

Yo te apoyo. ¡Adelente!

Un lector de PPdeG.com.

Anónimo dijo...

Está comprendido e sigo apoiandote.
Non se pode tampouco nos comentarios difamar e insultar. Se poden dicir as cousas doutra maneira quizais onde máis lles doa, con intelixencia e boas formas. Aínda que eles o piden a berros en cada falcatruada que fan.

Anónimo dijo...

Te comprendo porque a mí me pasa lo mismo, con mi blog www.blogdesanxenxo.blogspot.com, a pesar de que no somos responsables de los comentarios, intentan hacernos responsables, incluso hasta de los anónimos, desde luego ellos pueden decir y hacer lo que les venga en gana, hacer correr bulos es una tática que a menudo emplean, ahora quieren impedir toda crítica, pero sin embargo a ellos no les molesta hacerlo con los demás, no te conozco, pero desde sanxenxo y más concreto desde noalla, un saludo y seguir adelante.

Anónimo dijo...

Nuestra solidaridad y apoyo desde el blog "Los agujeros negros del alcalde", de Collado Villalba (Madrid).

¡¡Animo!!

Anónimo dijo...

rectificar de de sabios
por moito que exista a liberdade de expresion, non se pode difamar e insultar sin probas, aproveitando un foro aberto coma este.
as normas estan para cumplilas e non para saltalas cando nos pete.

Anónimo dijo...

Suscribo el comentario anterior

Anónimo dijo...

Ola moi boas!
Aquí un do colectivo anarkista de galiza. quería dar ánimos e unha palmadiña nas costas ao(s) responsábel(s) do blog. moi bó traballo e ánimo!
P.D:VIVA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Anónimo dijo...

Para os anónimos das 9.21 e 11.20. Creo que é un erro matar ó mensaxeiro, ou alomenos satanizalo. Aventurar o que é delicto ou non nin está na vosa man, nin tampouco na miña, pois logo donde ficaría a presunción de inocencia?. Segundo vos á marxe. Creo que o comentario editorial e nidiamente claro ó respecto. Por certo o Tribunal Constitucional unha e outra vez reitera que a liberdade de expresión ten maior rango e valor constitucional que o dereito á propia imaxe, honra, intimidade,.. dos cargos públicos, penso que iso non se debe de esquecer, xa sei que diante de barbaridades fóra do contexto e finalidade dun todo pode prevalecer o outro dereito e non o da liberdade de expresión. Para o autor do blog os meus parabens, desde logo ti non es culpable para nada do que poñen os demais, nin podes, nin tampouco debes ser Inquisición como para estar as vintecatro horas a ver que poñen ou non poñen se pode ser ou non pode ser inxurioso ou calumnioso pois o límite non o podes por ti, non embargantes o que debes de facer é cada certo tempo, por exemplo cada día botarlle unha visual e como dis borrar todo aquelo que poida facilitarlle a tarefa para que pechen o blog ou postas as túas medidas de non omisión non poida haber lugar a condena ningunha. Segue a por novas e nos exerceremos dignamente con mesura, sen por elo deixar de exercer unha crítica feroz a todo aquelo que supoña recortar os nosos dereitos como cidadáns libres, por moito que lles poida doer.

Anónimo dijo...

Coincido plenamente co exposto pola autora do blog. Cómpre exercer con finura, pero tamén exercer donde máis lles doe. Denunciar, exercitar o dereito á crítica, a participación pública sen deixarnos amedrentar, ¿ou é que acaso só elen poden invocar a Constitución cando lles ven en gana e os demais non?.

Anónimo dijo...

Ó mil por mil que o que máis lles doe (férvelles o corpo co arrepío) é que poidamos lanzar mensaxes de esperanza, que poidamos razonar e rebatir, en resume que exerzamos os nosos dereitos.

Anónimo dijo...

Creo que a autora do blog está a cumplir con creces de eficiencia a función dun foro de debate, ao mesmo tempo de por unha condicións mínimas de respecto, sen por elo deixar de permitirlle aos blogueiros e blogueiras o exercizo do seu dereito a expresarse libremente.
A mila solidaridade e adiante!.

Anónimo dijo...

Por cero autora deste blog: é tecnicamante posible invertir a orde de publicación dos post, para que primeiro aparezan os máis novos publicados e non os resesos, así nos evitarías, imáxinate se hai douscentos ter que ir ó remate.
Se é posible, adiántoche as miñas máis humildes grazas.