CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR AMOSÁRANSE OFENDIDOS POLO CONTIDO DAS BITÁCORAS
VIEIROS[14/02/2007 12:00] O xulgado número dous de Cambados admitiu a trámite as denuncias presentadas por concelleiros do Partido Popular contra blogs da localidade Cambados e do Grove. Esta decisión pode dar lugar a unha investigación que desvele a identidade das persoas que se atopan detrás das bitácoras Cousas de Cambados e Cousas de O Grove. Para iso, o xulgado terase que poñer en contacto coa empresa Google, propietaria do servidor no que se aloxan os blogs denunciados.
Os contidos das bitácoras molestaran os denunciantes, tres concelleiros de Cambados, o sarxento da Policía Local da vila e unha edil do Grove. No caso da páxina do Señor X, Cousas de Cambados, os políticos amosáronse ofendidos polas fotomontaxes nas que aparecían as súas caras. O xulgado deberá analizalas para decidir se o autor incorreu nalgún tipo de falta ou delito contra a honra e a intimidade dos concelleiros. Malia que no blog saen retratados políticos de todos os partidos, só os do PP se amosaron ofendidos.O proceso desencadeou unha reacción de apoio aos denunciados por parte doutras bitácoras de Galiza e de España, mesmo dalgunhas próximas ao Partido Popular, a prol da liberdade de expresión. As asociacións cambadesas tamén están a demostrar a súa simpatía co Señor X até o punto de que algunha comparsa pensa en empregalo como disfrace este Entroido. Ademais, a asociación Unha grande chea sacou esta semana a revista A Calsada, na que se publican algunhas das fotomontaxes que provocaron a polémica denuncia.
Os contidos das bitácoras molestaran os denunciantes, tres concelleiros de Cambados, o sarxento da Policía Local da vila e unha edil do Grove. No caso da páxina do Señor X, Cousas de Cambados, os políticos amosáronse ofendidos polas fotomontaxes nas que aparecían as súas caras. O xulgado deberá analizalas para decidir se o autor incorreu nalgún tipo de falta ou delito contra a honra e a intimidade dos concelleiros. Malia que no blog saen retratados políticos de todos os partidos, só os do PP se amosaron ofendidos.O proceso desencadeou unha reacción de apoio aos denunciados por parte doutras bitácoras de Galiza e de España, mesmo dalgunhas próximas ao Partido Popular, a prol da liberdade de expresión. As asociacións cambadesas tamén están a demostrar a súa simpatía co Señor X até o punto de que algunha comparsa pensa en empregalo como disfrace este Entroido. Ademais, a asociación Unha grande chea sacou esta semana a revista A Calsada, na que se publican algunhas das fotomontaxes que provocaron a polémica denuncia.
30 comentarios:
Este clima de crispación está degenerando a pasos agigantados: los vecinos de un pueblo no pueden opinar en un blog, pero Losantos puede escupir contra más de la mitad de los españoles diariamente en una emisora de radio, por no hablar de las pajas mentales de algunos políticos... Tendremos que aguantar que nos insulten y encima cerrar la boca, al parecer ya no se puede opinar en este pais. Defiendo la libertad de expresión, incluso la de Losantos (aunque en este caso creo que ha sobrepasado ya muchos límites); pero ver la paja en el ojo ajeno (que esto aun habrá que estudiarlo detenidamente) y no ver la viga de hormión armado de 4x4 en el tuyo... manda eggs
me parece muy bien que se admitieran a tramite las denuncias... jajajaj
se un quere presumir de liberta de expresion, o que ten que facer e poñer primeiro o seu nome e apelidos e a continuacion pos a parir a todo dios, pero nunca esconderse detras dun bloc.
que pasa, ahora que o xuiz admitiu a tramite a denuncia e igual se sabe quen e o autor da "liberta de expresion", xa nos empezamos a acojonar.
A anónimo que fala do presumir da liberdade de expresión, a ese que puxo o comentario das 11:06 PM.
Como podes criticar ao dono/a do Blog polo seu anonimato si ti escribes o comentario como anónimo.
Vaia contradicción.Para iso era mellor que non o fixeras, quedabas moito mellor cara a túa persona, e a conciencia máis limpa.
son o anonimo o que se refire o comentarista anterior, claro que escribo como anonimo, por que eu (corrixeme si me equivoco) NON INSULTEI A NADIE, polo tanto eu si me podo acoller o meu dereito de ser anonimo,o que quere insultar, desprestixiar, contar mentiras de otra persoa, primeiro que diga quen e, para asi os demais poder criticalo a el/ela tamen.
Como vivimos nun estado de dereito pareceme ben que se alguén se sente insultado neste blog teña dereito a denunciar e que o contencioso se arranxe.
Por outra banda estou moi contento da existencia deste blog mais son da opinión que a xente deberia ter un mínimo de moralidade e non asinar como anónimos ne insultar a outras persoas. Non se debe ter medo de expresar opinións ainda que sexan encontra de certas persoas sempre dende o respeto e coa cara descuberta.
Viva a liberdade de expresión e ánimo para o Sr. X e a xente do blog.
agora si que estou dacordo contigo "dalonga", desde ese punto de vista seguro que chegaremos a algún lado.
Todos estamos dacordo en que este tipo de blocs, fomentan a sana critica, e nadie, repito nadie esta en contra deles, pero claro, esconderse no fondo de catro lineas, como anónimo, para insultar, eso si que non e liberdade de expresion, senon outra cousa ben distinta
Estou totalmente de acordo con sarampelo. Para o autor anónimo das 11.06 P.M. que eu saiba a autora ou o autor do blog non insultou nin inxuriou, nin calumniou, nin difamou a ninguén. Xa o dixo por activa e por pasiva: non existen afortunadamente mecanismos técnicos de censura previa, todo o máis que pode facer é borrar aqueles que considera fóra de lugar. A resposta para ampararse no anonimato é ben sinxela, por medo ás represalias, así está de chunga a cuestión e non precisamente ás legais, senón ás políticas Ao meu amigo Dalonga, home xa avezado nestas lides, maese en mil batallas, incluídas as poemarias, o extraño de todo esto é que non tiveras denuncia ningunha, aparte das chamadas de atención das persoas que nomeas, resulta ben nídio que cos superfamosos de elite da pluma escribidora coma tí non se meten, saben que se van por lan saen trasquilados.
E para os intelixentes a ver se dun carallo dunha vez (perdonádeme a expresión) distinguides entre personas con cargos e exercizos públicos e xente do máis normal que non os ten. Repito unha e mil veces que o Tribunal Constitucional dá máis rango e valor constitucional á liberdade de expresión cando afecta a cargos públicos, agás claro está que esta sexa unha auténtica barbaridade, que ao dereito a propia intimidade, honra, imaxe...
Por certo eu non estou "acojonado" para nada, porque eu tamén son a sra/srta. Sol Costas e o Sr. X, porque avogo pola liberdade de expresión aínda que sexa desde o anonimato cando se trata de cargos e personaxes da vida pública, pois neste caso en ámbolos dous blogs non existe nin por asomo falta ou delicto ningún e non o digo eu que en certa medida son un "ciago" nesta materia, senón algunhas fontes da Avogacía e da Xudicatura consultadas ó efecto por algún que outro/a compañeiro/a , que afirman que é de auténtica carallada o que se fixo, agás que se pretenda pola vía penal coñecer quen figuran como donos/as dos dominios dos blogs para despois ir á vía civil, co cal se cometería un abuso do procedemento e outras historias que prefiro gardarme non vaia ser que tamén o grande ollo de Orwell, aquel que todo o controla, veña a por min.
Miña solidaridade a SolCostas e a seu blog, os do PP peñen a prensa comprada e dometicada asi como emisoras de radio e tv. vease telesalnes, asi que si alguien os critica, como non estan acostumbrados, sempre tuveron os medios de comunicacion nas suas mans, poñense como locos, seguide asi, unha apreta
Eu como blogueira abitual sintome indignada con esta decisión... Se isto segue adiante calquera que se sinta indentificado con un artículo de calquera blog podería poñer unha denuncia contra a persoa física que se esconde detrás dun apodo... ¿onde foi parar a liberdade de expresión? O paso seguinte será denunciar a un nick de un chat calqueira que arremeta verbalmente contra calquera persoa... imos a estar controlados ata no anonimato dun blog...
PD: O que se pica allos come... xa o decía a miña aboa
Animo desde un blog de Villalba (Madrid) !!!
al que argumenta que el pp tiene compradas emisoras, canales de tv... pq siempre se mira la paja en el ojo ajeno y nunca en el propio... claro que en su mayoria los medios de comunicación se mueven por afectos ideologicos, eso no es ningun secreto. pero de la misma manera que son comprados y domesticados por los del pp, tambien lo son por los del psoe, bng,...
y claro que nadie esta constumbrado a q lo insulten, a que lo ofendan o a que mientan sobre su persona, por esa sencilla razon, tienen todo el derecho a denunciar y a que se le admita la denuncia en el juzgado cuando se sienten ofendidos. a nuestra querida SOL solo le queda asumir las consecuencias, de sus actos.
Libertad de expresión ¡SI!
Libertad para acudir a la Justicia ¡TAMBIÉN!
Que decida el Juez quién está en su derecho y quién ha sobrepasado los límites de la Ley. Libertad de expresión no puede significar indefensión ante difamaciones porque entonces nos habremos cargado el derecho de hablar en libertad. Si es cuestión de sentido común, hombre! Un derecho no se puede defender a costa de pisotear todos los demás. Para eso está la Justicia. Para decidir quién tiene razón. Personalmente opino que en este blog no hay delito alguno, pero no soy yo quién tiene que decirlo. También creo que la prudencia y el respeto habrían sido buenos consejeros para muchos de los que han escrito aquí amparándose en el anonimato para dejar caer dudas y acusaciones muy duras sobre convecinos.
O Grove no se merece a muchos de los políticos que tiene, independientemente del partido en el que militan. Sus lealtades están más con esa militancia que con el pueblo. Pero eso ya lo sabíamos. Tengo la esperanza de que este pueblo no entre al trapo en estos debates que no conducen a ningún lado y traten de ver si todavía queda alguien capaz de ilusionar, de hablar de proyectos de futuro y prosperidad sin utilizar el insulto, la descalificación y la demagogia.
Señores, que esto ya empieza a parecer una discusión de taberna sobre el partido del domingo pasado. El que es del Madrid o el que es del Barsa nunca va a reconocer que el equipo del contrario juega mejor. Eso es fanatismo. Al que le gusta el fútbol de verdad sabrá apreciar quién juega mejor.
Suerte a todos
Animos amigos que los primeros en tapar la cara son los comentaristas:
No puedo entender como se puede criticar el anonimato en los comentarios y ninguno firma con su nombre, se ve que los enviados de los denunciados se esconden.
Tenemos que seguir luchando por la libertad de espresión sin el apoyo de los curas y san dinero de la política.
http://fozhoy.blogia.com
Para o das 10.13 PM.
Resulta moi lóxico, que cadaquén teña o seu dereito de acodir a donde estime conveniente, ti mesmo o dixeches e mesmamente que segundo o teu parecer non existe delicto ou falta ningunha. Si ti o ves ¿como un Xuíz que en teoría sen grandes dotes a simple vista pode aprezar que non hai delicto ou falta ningunha, admite as denuncias?. ¿Os Xuices non teñen ideoloxía ou non teñen sexo ningún como os Anxos do Ceo?. E máis o Xuíz debería de someter a examen previo a denuncia para vez se efectivamente hai "indicios de criminalidade" (como eles afirman) e se non os hai ¿ porque investigar?. Por iso penso da existencia dunha utilización subreptica da Xustiza para outras fins.
Aclaración, donde pon subreptica debde de decir subrepticia.
Home... ¿Pero agora tamén poñedes en dúbida a honestidade dos xuices?
¿Hai que darvos a razón por riba da Xustiza e por riba de todo?
¿Non vos parece que si un xuiz admite a trámite a denuncia será por algo? Despois de todo él sabe un pouquiño máis de Leis que vos...
e como dixo aquel tolo:
... que me quiten todo menos a memoria...
....esta vida é unha tombola....
Asdo. "Os/as trepas"
o da vida e unha tombola e o de trepas que o dis por ti non?por que se che ve o plumero.o da plasa de munipa que querias que era polo moito que estudiaste patela,(ou por trepa)e tu a amiga todo o que ten e de traballar ou por trepa?porque chamades trepas a xente do grove cando o que queres decir e que sondes vos uns trepas... dinos do que presumides e diremosvos do que carecedes....tombolaaa
Estes días caeu nas miñas mans un escrito que leva por título Historias de Imaxinación e Misterio (o ou a autor/a ou autoras/res tomaban tal título do famoso libro de Edgar Allan Poe), non sei se estará colgado por algún blog, pero é moi interesante, recoméndollo que o leo o autor do post das 12.55 P.M.
Quizais algún día saberemos o porque das cousas e realmente como acaíron, coas súas todas trapalladas. ¿Alucinaremos?.
12.55 P.M.
permiteme rematar o teu post
... ou non...
TODA LA NOCHE MOLIENDO CAFE...
Para a blogueira ou blogueiro das 12.55 P.M., no que atinxe a honestidade dos Xuíces, quero creer que na Viña do Señor hai de todo ¿ non che parece?. Afirmar coa rotundidade e de xeito categórico que "el sabe un pouquiño máis de Leis que vos", verdadeiramente e columpiarse un chisco, porque ¿ quen che di a ti que por aquí non hai personas que teñan metido nas súas cabezas auténticos Aranzadis, Avogados de recoñecido prestixio, Catedráticos de Dereito Penal, Civi ou o que se tercei, Maxistrados ou Xuristas de sona internacional, incluso algún Maxistrado do Tribunal Supremo?. ¿E que un Xuíz polo mero feito de selo sabe máis de Leis que o resto dos humanos mortais?. Para desfacer erros ou inxustizas están os recursos de segunda instancia, donde se revisan as decisións dos Tribunais Unipersonais. Se un Xuíz é moi bo, ou simplementes bo, nun 99.99 % dos seus examinados casos confirmaran as súas resolucións, caso contrario as revogarán, e como eu non quero facer adiviñas e como as resolucións neste caso da Audiencia Provincial de Pontevedra están aí e son públicas o que queira coñecer estatísticas xa o sabe.
A condición humana de saber ou da aprehensión da sabedoría, neste caso xurídica, non está nun Xuíz, polo mero feito de selo, ben mediante oposición ou porque o contratan temporalmente que é cousa ben distinta do poder de decisión ou Autoridade polo mero exercizo da súa función.
Estou dacordo co blogeiro das 9:23.
E , pra o blogueiro/a das 12:55 PM , decirlle que esas preguntas debería facerllas a Rajoy , Acebes , Zaplana e a toda cúpula do P.P. xa que son os únicos que sacan xente a rúa pra protestar as decisions xudiciales , neste país.E , desde logo , infórmate mellor e poderás comprobar que hay infinidad de resolucións xudiciais , en primeira instancia que , cando se recurren , hay outros xuices que cambian o veredicto ; o cual quere decir que as leis non cambian (salvo cando se modifican) senón a súa interpretación.
¿ Coñeceremos a verdade algun día de quen ordenou polas denuncias, motivos e razóns?.
Xa o decía a canción: "malos tiempos para la lírica". Pero tamén Joan Baez afirmaba "unidos en la lucha no nos moverán".
Hoy , al abrir los enlaces de la edición digital del Diario de Arousa , veo con sorpresa que el apartado " tu opinión " lo han suprimido.¿Tendrá también la culpa Zapatero ? ¿ O es que los editores del diario temen que también los denuncien a ellos al juzgado de Cambados y les prohíban la página ?
Hoy 12.03.2007 (18.40hs.)
O artista que afirmou "el sabe un pouquiño máis de leis que vos", desdirase ou seguirá a manter o que dixo, a pesar de que o Xuíz que leva as denuncias dos blogs, instadas esta polo PP, cometeu un erro tremebundo ao pasarse polo forro a Lei aplicable no caso do nome Pepe. Iso non tén perdon de Deus. Os pais do rapaz afirmaron publicamente que tanto á Fiscal como ao Encargado do Rexistro Civil, os ían denunciar pois cren existen motivos para sancións disciplinarias. ¿Que argumentará o homiño cando teña que respostar á DXRN o motivo de non aplicar a Lei (á que viña obrigado por razón do seu cargo). ¿Acaso que non tiña coñecemento que entrara en vigor ou sinxelamente que se esqueceu se o tiña?. Xa se sabe que a ignorancia da Lei non exime do seu cumprimento, máxime cando quen ten que aplicala é o Encargado dun Rexistro Civil.
SABE ALGUÉN SE UN XUIZ DA COMARCA FOI APODERADO DO PEPÉ NUNHAS ELECCIÓNS. VÁINOS METER NO CALDEIRO A NÓS TAMÉN POR ANDARLLE A VER DE ONDE SAÍU ESE FUNCIONARIO TEN NEUTRAL?
Publicar un comentario