Además del PG y el alcalde del PSOE, el BNG también podría tener un edil liberado
Los grupos ven con recelo que los galeguistas sigan acudiendo a las reuniones con el PP
Los grupos ven con recelo que los galeguistas sigan acudiendo a las reuniones con el PP
El BNG se plantea quedarse en la oposición ante las «imposicións» de los galeguistas
Los grupos políticos que están negociando la formación de un cuatripartito en O Grove -PSOE, BNG, EU y PG- han cerrado el acuerdo sobre cuál debe ser el organigrama del gobierno local, aunque todavía hay lagunas respecto a cómo se van a distribuir las competencias. El diseño establece catorce o quince concejalías, en función de si las delegaciones de Urbanismo y Vivenda e Solo confluyen en una única área o si se dividen en dos. En las últimas reuniones también se habló del reparto de las concejalías liberadas. Esquerda Unida renuncia a tener un edil con sueldo de modo que como máximo habría tres liberados: el alcalde, Fredi Bea y un tercero del BNG.
La postura de Esquerda Unida en la reunión del jueves por la noche fue la de intentar limar asperezas. Sus pretensiones fueron de lo más lógicas y no supusieron ningún enfrentamiento. Así, hubo acuerdo en que se hagan cargo de Mocidade y Formación e Emprego y descartan contar con una concejalía liberada. La posibilidad de que el BNG no entre en el gobierno progresista de O Grove sería un duro golpe para este pacto y muy probablemente haría que otras fuerzas, como Esquerda Unida, se replanteasen el modo y la implicación en la que ellos formarán parte del nuevo ejecutivo local.
35 comentarios:
Rematou onte un proceso no
que catro forzas políticas procuramos achegar posicións, criterios, ideas e persoas á procura de cumprir coa expectativa que a xente do Grove agarda de nós: O Psoe, Bng, Pg e Eu sumamos uns 3650 votos que, a falta doutras maiorías posibles, son lexítimos para procurar o entendemento e afastar ao PP do poder local. Eso foi o que estivemos facendo nestes días dende as eleccións do 27 de maio; con reunións diarias de tres e catro horas. Fixemos o traballo todos e todas os que temos acadado actas de representación da veciñanza do Grove, con maior ou menor presenza, implicación ou intensidade, e con apoios ou axudas doutros compañeiros de cada organización... pero fixémolo.
E foi un notable exercicio de democracia, de relacións entre forzas políticas, de diálogo, negociación e posicionamentos ideolóxicos. Coñecémonos un puco mellor, e gustarémonos, un a un, un a unha, unha a unha, máis ou menos, pero fomos quen de falar, de sentarnos e compartir ideas e proxectos. Non sempre foi doado o diálogo, pero cumprimos a encomenda que se agardaba de nós. Temos o documento. E agora será cada unha das nosas forzas políticas quen terá que decidir se acepta ou non o plano de traballo que redactamos. E pase o que pase, haberá que entendelo como unha decisión libre e soberana; como un xesto de democracia e relacións políticas. Pase o que pase, estou seguro, puxemos novas bases para que, no Grove, a confrontación das ideas se poña sempre por riba dos enfrontamentos humanos, persoais. Agradézolle a todos os compañeiros e compañeiras, das catro forzas, que estiveron neste proceso de debate a súa indubidable dipoñibilidade, porque creo que foi un exemplo nítido de que a política é verdadeiramente a arte de facer realidade as ideas de transformación.
Á xente do Benegá pedirlle que considere ese documento que lle presentaremos na Asemblea local con toda a madurez, honestidade e realismo que temos acadado nesta organización.
Pois adiante. A traballar, a pór a nosa vila a andar...e, por suposto, a gañalas vindeiras eleccións.
Olas a tod@s: En principio, e se esta é a conformación, teño que dicir que non me gusta. Primeiro parecenme demasiadas concellerias e, segundo, dous concelleiros liberados máis o alcalde parécenme moitos para unha vila de menos de 12.000 habitantes e ademais non me gusta porque as forzas de progreso puxeron moitas pegas no pasado a liberar concelleir@s. Comprendo a dicultade de alcanzar un pacto dada a fragmentación existente tras o resultado das eleccións pero ainda así paréceme moito sacrificar para alcanzar o acordo. Resérvome unha opinión máis extensa cando coñeza todos os pormenores do pacto. Espero que urbanismo e vivenda sexan a mesma concellería xa que me parecería un desatino a súa separación e un mal comezo xa que indicaría que se sacrifica funcionamento por ter máis áreas susceptibeis de entrar no reparto.
Esperemos que con tanto partido unido algún deles faga algo co ruido nas nosas ruas, o ciclomotores teñen atemorizado o pobo, o ruido e incrible e nadie fai nada, os municipais ven coma nos, escoitan coma nos, e cobran polo seu traballo, traballo que NON FAN, miran pra outro lado, (Tan dificil é, tomarlle a matricula, por certo seguro que doblada, e meterlles unha multa).
O que estades a sumar son euros. Facede público cánto van a cobrar eses "concelleiros liberados" para que todos poidamos xulgar si uns venden o voto e si outros o están a comprar... ¿Vendeuse Fredi ó mellor postor? O PP ofreceulle (segundo se comenta) máis ou menos 1.200€/mes de sueldo. ¿Cánto lle subíu Cacabelos? ¿Veñen a servir ó pobo ou a vivir del? ¿Cántos concelleiros liberados imos ter? Podemos bater records de xente colgada das ubres do consistorio.
¿Por qué en todos os pactos PSdeG - BNG son os sociatas os que se quedan con urbanismo en no Grove cédenllo ós nacionalistas? Sendo como é o concellería máis cobizada en todolos concellos, ¿é outra forma de pagar polo apoio tendo en conta que tamén se lle cede o posto de teniente de alcalde?
Parecedes corsarios repartindo o botín. Canto mellor sería que antes das eleccións fixerades unha plataforma de esquerdas en vez de enganar ó electorado. Si eu quixera a Cacabelos de alcalde xa votaba por él. Agora vai ser alcalde igual grazas ó meu voto. Para dentro de catro anos voto PP. Polo menos non hai ruleta rusa o día despois. Sodes un fraude, sin programa claro do que ides facer có Grove. E calquera que teña dous dedos de frente dase conta de que non todo vale para chegar ó poder. Catro partidos no goberno e dous na oposición. Fora do Grove riense de nos coa boca chea. Eu prefería unha oposición con dignidade e non un goberno de progres de deseño.
Así nos vai... O poder por riba de todo. Unha mágoa.
A ver si por fin vese un goberno de progeso no Grove, e de mencionar o rasgo de E.U. de non querer ninguha prebenda economica no goberno, asi vense a xente que loita por las ideas e non por los intereses economicos, E.U. sempre antepuxo aos ideais de esquerda a os intereses partidarios e economocos, e nas negociacios, deu cumplida nota de eso, podeno decir os outros partidos que negociaron o goberno de progeso.
Sí, e o premio que lle dan os outros tres socios é deixarlle una cencellaría de segunda fila, con todos os respetos. Coma si o voto de E.U. non valera o mesmo que o do P.G. Xan, estás moi verde. Non estás a defender os poucos votos que che deron. Estasnos poñendo ás portas de desaparecer de todo.
Dubido moito que un goberno de progreso consista en multiplicar o número de concellarías para fartar as ambicións políticas e económicas de máis de catro. Vai resultar que temos unha concellaría por cada quince veciños. No parlamento galego só hai 3 partidos. Aquí 6. É vergoñento ver tanto grilo na mesma xaula. É vergoñento un goberno baseado en pagar polos votos en vez de basearse nos ideais e na vontade de mellorar o pobo. E despois ainda lles temos que pagar dos nosos impostos un sueldo ós "liberados" nun dos concellos máis pequenos de Galicia. Despois ainda non vai haber cartos para alumeado, beirarúas, ou calquer cousa necesaria no pobo. Pero para sueldos sí. Que me digan agora que fai falta dedicación exclusiva dos nosos políticos. Con dúas ducias de ruas que ten o pobo e duas carreteras (que non hai máis). Non sei si van dar abasto. Esto sí que é complicado de gobernar, e non Vigo ou A Coruña. Sí señor. Agora xa temos políticos profesionais, que era o que lle estaba a faltar ó noso pobo. Policía local non, pero políticos con sueldo que non falten. Menos mal que somos de esquerdas, que si fixera esto o PP... había que oir a máis de catro...
CUATRIPARTITO... y despues dicen que ellos acogen y asumen democraticamente el resultado electoral, jajajjaa... yo me pregunto pq gastar tanto dinero en cuatro campañas separadas cuando se podian ahorrar unos cuantos miles de euritos haciendo una campaña toda en conjunto... de esta manera ademas de dinero ahorrarimos papel, ahorrariamos tantas y tantas horas de mitines estupidos... y lo que es más impostante luego nos librariamos de las eternas pujas a ver quien ofrece más,a ver a q hombro me arrimo. lo unico bueno de este cuatripartito es que despues de esta ya no salen más elegidos... sino tiempo al tiempo.
¿donde están os do BN-Ja ahora?
Estaban esperando que ó PG metese a pata nas negociación para eles quedarse no cuarto da saude COMA SEMPRE, na pura e dura critica.I
¿Xa non seguemos querendo o mellor para ó noso pobo? Claro si hay que compartir alomejor casi que no.... bueno y sino non me dan URBANISMO casi que tampoco
Pichoncitos a volar cuando acaban de nacer las alitas la,la, la........
Moita gracia me fai a xente esta que pon en dúbida a lexitimidade dos pactos. Primeiro, pactar en democracia non é que sexa lexítimo senón que é unha das partes máis importantes da mesma. Segundo, non sei eu quenes eran os cidadáns de Ogrobe que non sabían que as forzas progresistas ían pactar entre si se facía falla, o que se sinta enganado debe ser que non le os xornais. Terceiro, moito se critica o pacto entre catro pero tamén hai que dicir que o PP tamén tentou facer un tripartito o caso é que non saiu, síntese. Respecto dos cartos do concello, Ogrobe non é nin moito menos un dos concellos máis pequenos de Galicia, mirade o mapa. Despois tamén hai que dicir que se o concello está endebedado ata as cellas, algo terán que ver quen nos gobernaron durante os últimos 8 anos digo eu ( claro que se recadaron 1 euro en multas urbanísticas que se pode esperar). Ao final teremos o goberno que saia dun pacto a tres ou a catro e non me creo eu que o de PP,MECA,PG sexa o dos que respeitan a democracia e a vontade electoral e os pactos dos demais non. Un pouco de seriedade, que a min tampouco me gustaban os Simpsons e tívenos que aturar durante 8 anos porque así o decidiron o pobo e os seus representantes; e se daquela eran lexítimos digo eu que agora tamén o serán.
Non. De democracia xa deron exemplo no PSOE local coa elección a dedo do candidato.
¿Goberno progresista? ¿Non escoitaches as declaracións de Quintana ó respecto decindo que todos os gobernos, por definición son progresistas, independentemente da cor política? O progreso non é patrimonio do PSdeG (Está ben lonxe, por certo).
E si é certo que o noso concello está tan endebedado... ¿Pagar tanto concelleiro liberado non afonda o problema?
Pactar en democracia é lexítimo. Vender o voto igual non é moi ético, que é do que se está a falar aquí.
Vaites, vaites cós novos xestores...
Programa político del cuatripartito: "Lo que sea con tal de que no gobierne el PP". Luego ya iremos improvisando...
anónico dijo...
Non. De democracia xa deron exemplo no PSOE local coa elección a dedo do candidato...... etc.
¡Que gran acerto machiño!
¡Carallo como saiu do armario a titina!
Podía facer o anuncio de Larsa, ¡Voltando ás orixes!.
Do que se está falando hai moitas cousas que non son certas. Para comenzar o PG "impuxo" ter tres concellerías, unha tenencia de alcaldía e sueldo para o seu concelleiro. EU pideu as dúas que lle deron, unha tenenecia de alcaldía e dotación de diñeiro para organizar o traballo municipal do partido. O Psoe pideu seis e son as que ten no pacto, xunto coa alcaldía e unha tenencia de alcaldía. O BNG non consigueu que as súas propostas foran apoiadas polos outros tres, e non pideu nada, esperou a que lle dixeran qué lle daban e limitouse a tomar nota; advertindo que non vían clara tanta dotación económica, e que tiñan que someter ese acordo aos seus militantes.
Mirade, o BNG non pideu Urbanismo nin nada, foi Cacabelos que llo dou. O que propuña o BNG era separar Urbanismo de Vivenda e Solo e eles a que querían era Vivenda. Sabede que as competencias de Urbanismo as ten case que todas o alcalde, así que dá igual quen sexa o concelleiro. As cousas pintan mal. Eu aposto a que non haberá cuatripartito, mirade o que vos digo. O BNG non o vai apoiar e o PG terminará votando por si mesmo. Ao tempo.
hai que facer un exercicio de responsabilidade e tanto con respecto ao BNG do Grove como do BNG xeral. Se se decide non gobernar so quedan dúas posicións claras: Ou estar na oposición e, polo tanto, opoñerse ó goberno municipal ou estar no Pleno e apoiar o goberno presentando mocións para que o groberno as execute. E non hai máis.
1º Non sei o que dixo Quintana ou non , pero cando se fala de " forzas progresistas" fálase daquelas que se adoitan denominar "esquerda" e que son moi variadas entre si ( socialismo,socialdemocracia,marxistas,
new left, laborismo, ecoloxismo ...) que serían moi difíciles de englobar con outra expresión. Do mesmo xeito chamamos conservador á "dereita" (liberales, neoliberales,democracia cristiá,
neoconservadores, conservadores...).Polo tanto son expresións usadas para simplificar realidades moi diferentes.
2º Non sei se o PSdeG deu exemplo de democracia ou non pero o que está claro é que escolleu o seu candidato con arreglo aos seus estatutos e parece que os seus votantes non o penalizaron.
3º Os soldos dos membros da corporación son variables e son os concelleiros quenes os fixan sen superar o máximo permitido pola lei. A min paréceme que dous concelleiros liberados deberían chegar pero non creo que esa sexa a causa do endebedamento do concello senón a deixadez de funcións, a irresponsabilidade no manexo do erario, a petición de creditos para financiar actuacións de discutible urxencia e un longo etcétera. E si fago responsables aos gobernos anteriores que nos conduciron a esta situación.
3º Por moito que a un lle guste ou non o sistema electoral, este é o vixente e se fai falla un pacto para gobernar este é lexítimo e legal. Se se quere que goberne a lista máis votada que se pase a un sistema electoral maioritario pero hai que xogar coas reglas que hai.Durante a negociación dos pactos os representantes chegan a acordos repartindo as áreas e tarefas de goberno pero que eu saiba ninguén comprou voto ningún. Casos de compra de votos houbo dous na pasada lexislatura e os dous favoreceron ao PP, en Sarria e Porqueira ( e non estou dicindo que o PP os comprase só que lles favoreceu).
Por último a min hai cousas do pacto que non me gustan e outras que si, non me sinto roubado nin moito menos porque os meus representantes negocien e cheguen acordos ainda que non me gusten.Gústame discutir con vos no blog pero hai que dar argumentos e non " a min non me gusta o pacto polo tanto este é un roubo". Por certo alégrome de que a xente do PP descubra a liberdade de expresión e en vez de tentar pechar blogs participe neles dando a súa opinión , é un avance.
¿Cants de vos estades dispostos a traballar sin q vos pagen? ¿Ou queredes q as cousas sigan como no PP que cand podian ian "faser aljo" cando remataban a xúa xornad laboral? Q non vos enganen, nin vos conten milongas, é normal cobrar cando se desempeña un traball, o anormal e cobrar por un traballo que non se cumpre ou non se acadan os obxetivs marcados (a min pasame na miña empresa). O endeudamento non vai vir por que cobren os do BNG, PSOE ou PG, si non pola mala gestión.
Deu
perdona lo que se esta viviendo en el grove y en muchos otros lados no son pactos, ni cualiciones... sino algo que habitualmente se conoce como PUJA... es decir, se pone algo a la venta y quien ofrezca más es quien se lo lleva... aqui lo que se vende es un escaño y quien puja por el es el psoe y todos sus camaradas(iu, bng...) y el pp... sinceramente creo que esto de democratico tiene bien poco, creo que antes de ponerse a PUJAR, bueno o a dialogar que es como le llaman ahora ellos de una manera más fina, hay que hacer una reflesion sobre los resultados electorales, el pq uno baja, otro sube, uno apenas quita un escaño...
¿Qué significa "cualiciones"?. Él, cuando es pronombre se acentúa. Los nombres propios, con mayúscula. Igual ocurre con aquí.Luego de punto, mayúscula. Reflexión es así: con x. Está, con tilde en la a. El Grove no existe: su denominación oficial es O Grove y tanto en gallego como en castellanio.
Hay varias encuestas que, de modo general, relacionan la pertenencia a uno u otro partido con el nivel de formación. ¿De qué partido eres?
Ja, Ja, Ja, a mi Plá, me la replanfinplá. A quien van a chingar es a vosotras, EMPAREJADAS, APAREJADAS, APAREADAS, ou como os chamedes, acabaredes ENREJADAS, con vuestro EMPAREJADOR MUNICIPAL. Repito, niñas, Ja, Ja, Ja, a mi Plá, me la replanfinplá.
Eu solo dijo unhA COUSA. ¡CARLOS FALLACHESME!. Cómo te deixas mangonear así polos do partido galeguista, é dicir, Chesqui, Banco Gallego, finansiasions urbanísticas. Estanse a aproveitar de nós. Posto pa o do remo, posto pa o dos jalons, traballo para o da empresa de limpiesa e inda por riba finansiasions para o Beatle que traballa no banco. ¡Manda o carallo! ¡Ao que chejamos con un consejal!. Pas próximas presentome eu coa miña famili, malo será que non saque alo menos un posto ben remunerado.
Carlos espabila!!!!
Ya esbalila, ya va a cojer al tambien la pasta, y la gansa, que te apuestas, el muy puro y casto, jejeje
Ayer estuve leyendo en la prensa local que ya tenemos un nuevo gobierno y hoy ya parece definitivo.
¡¡UN CUATRIPARTITO DE IZQUIERDAS!!
Lo que nos faltaba, ganan las elecciones los de la derecha y estos rojos se unen para sacar inmoralmente a los del PP del gobierno. ¡Que desfachated!
Nunca entenderé estas lagunas de la democracia, como grupitos políticos con escaso apoyo pueden imponerse a la realidad del electorado que votó masivamente al PP.
Señores políticos adecuen la ley a la realidad del resultado electoral, y no permitan cambalaches.
La verdad es que es 1 desgracia. Con Franco esto no pasaba. Verdad josito?
Agora en serío. O que + me deixa perplex@ e a xente ke se enche a boca coa democrecia , xogo democratico... cando lle interesa a un. Mais cando non lle gusta o resultado falan de falla de democracia, de cambiar as regras democraticas, de facer valer a lista + votada. Tuvemos 8 anos de goberno popular gobernando en minoría me gustara ou non pero nunca dubidei que fora democratico.
Por tanto pode gustar o cuatripartito ou non ( pero 1º deixadeos gobernar, e logo opinade), mais que se poña en dubida a sua legalidade e democracia pareceme 1 falla de respeto como minimo.
No estoi diciendo que tenga que venir Franco. No ponga en mi boca cosas que no dije. Doi mi opinión al igual que lo hace usted.
Y discrepo. Es necesaria la cordura y la mano firme. Bajo mi punto de vista esto es un cambalache. Se unen los republicanos galleguistas, los socialistas y los comunistas. ¡Digame usted si eso no va a ser una jaula de grillos o de gallos de pelea!
El Grove precisa de un lider del que carecen estos grupos similares entre si, pero que se llevan a matar.
Buenas tardes.
Josito, Franco morreu hai trinta e tantos anos, e José Antonio moitos máis, Blas Piñar, Girón de Velasco, e Martínez el Facha, son momias das catacumbias... como Inestrillas, muñecos dunha barraca de feira podre... qué lle queres meu. Fai un esfrozo e recíclate, homiño, ou mulleriña, que para algo botaches no lixo o teu vello carnét de afiliación al régimen. Qué verjuensa dades, pobriños... E oiches, continúas coas faltas de ortografía doy é con y grego, o mesmo que estoy. Veña, outra sesión de cadernos de ortografía, e caligrafía sen rancor... Eso de El Grove, atufa meu, ou miña xoia...
Dicía o Beiras que cando alguen vos solte aquilo de que todos son iguais, non dubidedes que quen isto afirma é un do PP.
Josito por favor que non somos uns cativos para que pretendas darnos leccións de democracia, tentes meternos un embolado subliminal, precisamente as eleccións son para escoller a quen queremos que nos goberne. Afirmar "... para sacar inmoralmente a los del PP... lagunas de la democracia... etc, etc..." é producto da ignorancia máis supina e con elo non pretendo insultarte, pois ignorante é aquel que descoñece ou pretende descoñecer que a lexitimidade tén o seu alicerce na legalidade, de aí que as maiorías absolutas se conformen coa metade máis un, que por certo reitero e insisto e volvo reiterar, tamén representan a maoiría da cidadanía votante. Non os esquezas, caso contrario dariame que pensar que ti avogas por outro tipo de democracia ¿ a Orgánica doutrahora quizais?. Josito tampouco te esquezas que a Lei D´Hont, premia aos partidos maioritarios e mentras que ben vos sirveu, non houbo problema ningún (con permiso de Simpson, incluído o de chuchar como os vampiros o sangue do voto emigrante), agora como estades de capa caída avogades por ese enguedello infame da lista minoritaria máis votada. O voso problema é sinxelamente que non tedes con quen pactar, pois estabades acostumados á prepotencia do poder, ao avasallamento, ao esmagamento dos cidadáns que aínda non exercían o seu dereito ao voto libremente. Tomo tamén prestado de Simpson a seguinte pregunta ¿ Porqué o PP non pide que se tipifique no Código Penal os empadroamentos masivos?. ¿Acaso é porque o PP fai uso de tan noxenta práctica nun sistema democrático?. ¿ Porque non pide a tipificación penal dos acarrexos dos xeriátricos, de xente incapaz, tulleita...?. ¿Quizais porque o PP a modo de ONG está a desenvolver por subrogación o traballo das monxiñas da caridade?.
Corrección de erros: é doutrora e non doutrohora.
NO me pueden callar. Miren ustedes, una cosa es la libertad de expresión y otra es el libertinaje, una cosa es la democracia y otra es aprovecharse de los resquicios de la propia ley para que, repito, grupúsculos campen a sus anchas y derroquen a mayorías libremente elegidas por las urnas.
No estoy de acuerdo con lo que ustedes llaman empadronamientos masivos. Por supuesto. Pero tampoco véo que ahora estén haciendo algo para evitarlo.
Ni tampoco contemplo con gracia como emigrantes voten en nuestras elecciones o la posibilidad de que emigrados de nuestra región (después de tantos años) puedan votar como los que llevamos aquí toda la vida.
Mi tio Pepe que tiene unas ganaderias cerca de La Pampa (y que solo viene a Galicia por las navidades) me incidía en esto mismo hace un mes "esto de que yo pueda elegir alcaldes o presidentes de Galicia es un coña marinera". Y tiene toda la razón. En Galicia y en España deben de elegir los propios y no los que vienen de fuera o no están.
Que pequeñez fijarse en una falta de ortografía para desacreditar mi opinión. De niños oiga usted.
No voy a decir aquello tan socorrido de "que con Franco en España se vivía mejor" (ya se que murio y puedo decirle que mi madre bién que lo lamenta), aunque no dudo que para una parte importante de ciudadanos antes se podía pasear y trabajar con tranquilidad, pero ahora.... ¿les parece bonito poner del tres al cuarto a personas que ni siquiera conocen? Es muy fuerte lo que é podido leer en algunos casos. Y a ustedes no le caeen los anillos.
Pero no voy a ser yo quién les impida que ustedes sigan hablando por hablar. Será su conciencia (si es que algunos la tienen).
Por cierto, "los tulleitos" ¿no tienen derecho a votar?.
Saludos al Foro
Creo que dei argumentos abondo, non frases típico-tópicas que fican la mar de ben pero que non convencen a ninguén, nin creo siquera a quen as di. As maoirías en democracia son a mitade máis un, o outro non deixa de ser un "desideratum" absurdo que lle convén entre outros, ao PP. Postos a falar ao mellor o sistema idóneo sería o das listas abertas, claro que iso non lle convén tampouco ao PP.
Creo que nalgo coincidimos Josito, na cuestión do voto emigrante.
Faltaría máis que puxera siquera en dúbida que os tulleitos puideran votar, iso sería un grave atentado pola miña banda e por suposto nada máis alonxado da realidade. O que poño en dúbida é o mecanismo de acarrexo de votos, e polo tanto que o PP exerza o poder levar á xente dos xeriátricos, facendo as funcións dun Servizo Social que debera de existir para todas aquelas persoas o o solicitaran voluntariamente, e non como acaeu en Ribadumia que compareceu unha señora que dixo que a levaran e ela non quería ir votar, por suposto quen a levou eran do PP. Eu se fora o Presidente de Mesa, preguntaríalle se quería votar e se dixera que non como dixo, pois que a levaran para o xeriátrico e o faría constar na acta aos efectos legais pertinentes.
¿Que mes dis dos 60 votos que apareceron en Oubiña (Cambados) da emigración coa mesma letra en cada un deles?. Había que meter a algún no cárcere para que se reprimiran tales practicas noxentas. Un sistema democrático non debe de permitir semellantes actuacións.
En resume non poden dar lección ningunha de democracia aqueles que son herdeiros da dictadura e das súa prácticas máis abominables e donde a dereita demicrática europea lles leva milenios de anos luz.
Se se parte do concepto errado (porque interesa) e non se recoñece que as maiorías sempre suman no aspecto cuantitativo máis que as minorías e que representan a un número maior de votos da cidadanía, non teremos avanzado grande cousa, porque do que se está é a dubidar é da lexitimidade e da legalidade, e iso amosa un certo grao de desprezo (non aceptación) cara ao sistema democrático, o cal non é bo para a convivencia nunha sociedade normalizada.
Fai semanas, cando se falaba das denuncias contra este Blog, a meirande parte dos post ían na liña de que o sistema (en este caso o xudicial) non respectaba a liberdade de espresión. Estábamos diante dun Estado opresor e manipulado pouco menos que pola falanxe. Hoxe, coa alcaldía e unhas cantas concellarías nas mans, resulta que xa voltamos a loubar as virtudes da democracia e a legalidade vixente (Salvo pola malfadada Ley D'Hont que segue a impedir que no meu barrio fagamos un partido con representación no Concello). Paréceme que este viño ten un resabio de hipocresía bastante fedorento, cando non de dogmatismo e adoctrinamento dos lectores descoidados.
Tanto facer "nazón", tanto "progreso" prometido... e á hora da verdade hay que pagarvos por servir ó pobo (Grande xesto de xenerosidade que fai pensar en que nada mudou). Tan ben se vos dou estando na oposición criticar e denunciar que, polo visto, ninguén reparou na posibilidade de que ia chegar o tempo de solucionar o problema do Urbanismo municipal. E resulta que ese "marronazo" non o quere ninguén. Non vaia a ser que teñan que enfrontarse con algún veciño ou, mellor, con algún familiar. (Que Ogrobe é pequeno e sábese todo...). Resulta que levades meses confundindo ó pobo de tal xeito que non se distingue xa unha infracción urbanística dun delito urbanístico. Cando todos sabemos que no pobo non se deixou de construir a pesares da paralización obrigada (supostamente). Porque a necesidade de crecer e progresar dos veciños non pode depender dos Decretazos nin do PXOM. Así que medio pobo é infractor e o outro medio está a piques de selo. O fodido agora é castigalos ¿Non?. Ós mismos que vos deron o voto, ós que (en máis casos que un...) comen na mesa convosco. ¿Queredes nomes? Mirade a lista de concelleiros un por un e preguntade polas licencias das casas e negocios... deles, dos pais... A ver con que cara veñen agora a poñer orden no urbanismo municipal. Queredes saber o que vai pasar cando se levante todo este fume??? Pois nada de nada. Porque os infractores non son de ningún partido e son de todos...
Toca o turno da doctrina
3.54: ¿non serás apolítico?. Preocuparíame moito que foras apolítico coa politica que te marcas, polo que dis e no sentido no que o dis.
Publicar un comentario