14 junio, 2007

La Voz de Galicia, 14 junio de 2007

(Firma: XURXO MELCHOR)
"O GROVE tiene tres blogs:
Cousas de Ogrobe (http://ogrobe.blogspot.com), Xarabal (http://xarabal.blogspot.com) y Cartas desde Delfos (http://oraculogaliza.blogspot.com). Dudo mucho que concellos más grandes tengan tal cantidad de blogs en la Red dedicados única y exclusivamente a la vida política y social de sus municipios. O Grove, como siempre, es único, peculiar y maravillosamente dinámico. Cousas de Ogrobe es el más cañero. Ahí reparten a diestro y siniestro y no se salva ni el tato. Ni yo mismo. El Xarabal es incisivo, pero huye del insulto y cuenta con un más que interesante debate de actualidad en el que no faltan personajes muy conocidos. Cartas desde Delfos es el más reposado y sesudo. El que se lleva la palma últimamente es el Xarabal , que actúa como complemento de los medios de comunicación tradicionales. Confieso que me gusta leerlo y que como científico de la comunicación -es lo que pone en mi título- me asombra lo rápido que está cambiando el modo en el que la gente se informa y participa de la actualidad. Entren y vean."

Agradezo a Xurxo Melchor que de novo o seu diaro faga mención sobre o noso Blog, simplemente quero recordarlle a entrada do día 31 de Xaneiro, Aclaración sobre ó contido deste Blog, penso que aqui non se reparte a diestro e siniestro, coma el mismo suliña no seu artigo, que se marcou a existencia duns limites e que á chamada á calma e á serenidade esta á funcionar. Por suposto falase nos comentarios de Xurxo e de outras xentes, pero sempre dende o respecto, ainda que non se estea de acordo coas opiniós. Grazas, Xurxo, por abrir de vez en cando as nosas fiestras. Sobor de todo, GRAZAS, a tod@s que nos ledes ou que deixades un comentario nos nosos espacios, axuda saber que alguén esta do outro lado.

11 comentarios:

Escévola dijo...

Moitas a felicidades a todas e todos os que facedes este e os outros blogs pero sobre todo a todos os que nos adicades un ratiño da vosa vida para compartir connosco temas e preocupacións. Moitas grazas a todos os que nos comentades, corrixides ou nos abroncades mediante os vosos comentarios pois é voso e para vos cada un destes espazos que creamos na rede para o debate e a conversa. Por certo eu non me enterei de que saiamos no xornal ate que o lin agora no blog de Xarabal e xa viste Sol que che reservan o lugar da caña jaja, a verdade é que iso era máis antes que agora pero "coge la fama y échate a dormir" . Ah e saudos para o xornalista que nos adicou esas liñas e un pouco de tempo para lernos.

Anónimo dijo...

Non me gustan os anónimos, nin os seudónimos que ocultan a verdadeira identificación das persoas, aínda que non conteñan insultos, gústame saber que estou interpelando na rede a Xesús María González, a Xan Caneda, a Paco Iglesias, a Viki Canoura, a Avelino Ochoa, a Luís Rei, a Carlos Otero, a Xan Lamelas, a Gogue, a Chesqui, ou a calquera outro amigo, ou amiga, por poñer exemplos que sei que son simplemente referencias nominais, sen base real na rede en moitos casos (e que me disculpen por citalos). O único que me gusta dese anonimato é o que agocha aos mantedores, ou mantedoras, dos blogs: Sol, Marina e Escévola.
E gústame porque, elas e el, non procurarn a rendibilidade persoal do seu enorme esforzo, porque como non sabemos quen son, onde encontralos na vida, pois non van poder tirar os réditos do seu bon facer. E grazas tamén á Voz por difundir ese traballo dos tres. Que non nos falten, que hai moito de vento fresco neles, e de exercicio de liberdade de expresión. E se vos parece ben, animarvos a escribir con nome e apelido, que así sabemos con quen falamos e de paso melloramos o estilo e evitamos descalificacións simplistas. Bon vento para todas e para todos.

Anónimo dijo...

Grazas a Xarabal, a Escévola e a Sol por poñer na man de todos a posibilidade de expresar as nosas inquedanzas e opinión; aos intervintes, coñecidos, semicoñecidos e descoñecidos pola súa participación; e grazas tamén a este "Sitio Paresido" -ou, coma puña hai tempo na entrada do pobo, Oh! Grove- por darnos a tod@s tanto xogo á hora de falar, comentar, tentar de arranxar, e incluso botar unhas boas risas por unhas veces e torcer o xesto por outras.
Por certo, hoxe hai 30 anos das primeiras eleicións democráticas, nas que a xente, toda ela, puido por fin dicir o que pensaba e o que desexaba sen censuras, represións nen medos. Penso que tamén é de xustiza agradecer que, tal día coma hoxe, 30 anos despóis, a liberdade de expresión forma parte consolidada da nosa sociedade, coma un elemento máis -cecais un dos máis importantes-, á hora de convivir coma cidadáns plenos en dereitos.

Anónimo dijo...

Grazas e que conste que creo que as veces merezo a vosa caña. Tamén vexo que os tempos da leña o mono total calmaron moito e iso e bo para todos, pero sobre todo para os que facedes este blog que sigo a diario (de verdade). Seguide así e perdoade si en algún momento me poño carca de máis.
Unha aperta para todos os que facedes este blog.

Anónimo dijo...

Léovos a todos ledos, satisfeitos, entusiasmados, afoutos, mesmo dispostos a dar a cara e a conseguir a paz e a fraternidade universal. Xa lográchedes o que queríades: derrotar a Miguel e ó PP. Claro que necesitáchedes a un membro da dereita, pero eso son pequeneces cando se trata de lograr a Alcaldía. ¿Canta merda botáchedes sobre Miguel e xente honesta do PP? Ah, pero son pequeneces (excrementais) cando se trata de restaurar a democracia (pq para vós democracia é só cando goberna a esquerda) Pontecesures non é democracia porque 2 impresentables do PSOE votaron a unha alcaldesa facha para amolar ó Bloque. O Grobe é democracia fetén ainda que un facha votase ó alcalde psocialista. Así entendedes vós a democracia: todo vale con tal de derrotar ós fachas. Vale mentir, vale calumniar, vale inxuriar, vale emporcar. Salvádesvos que a xente do PP é moi decente, e nunca fará a vosa política de enmerdar dende o covarde anonimato. O PP vai facer, estou certo, unha oposición leal e constructiva. A basura, toda para vós, demócratas de pacotilla.

Anónimo dijo...

la pregunta del millon ¿en cuantos ayuntamientos gobierna el bng o el psoe por meritos propios y no por cualiciones inutiles?
superaran tan siquiera el 10%

Anónimo dijo...

Paco Tillo vemos que fas o contrario do que predicas, sendo facha e do PP insultas aos da esquerda que forman o novo goberno; polo que só cabe esperar o mesmo comportamento daqueles que defendes: os teus, os do Partido Popular. Ánimo, paquetiillo, que só vos quedan catro anos na oposición, carraxentos e na oposición... Qué risa dades!

Escévola dijo...

A verdade é que comprendo que a xente do PP non concorde con moitos dos artigos que publicamos ou cos nosos comentarios, negar iso sería vivir no limbo (que por certo a igrexa católica declarou que xa non existía) pero unha cousa é non concordar e outra é insultarnos. Eu creo que a todos os que facemos os blogs nos gustaría que a xente do PP tamén participase e dese a súa opinión en vez de intentar pechalos pero tamén debo dicir que isto normalmente non ocorre. Eu invito a todos aqueles próximos ao PP a participar nestes espazos que tamén son deles pero a que participen con educación. A min non me importan as críticas argumentadas e a discusión racional sobre temas políticos ou outros pero normalmente teño que dicir, con tristeza, que o habitual é que só se adican a insultar aos que facemos estes espazos ou a moitos dos que comentades. Por iso dígolle a xente do PP que participe pero que o faga con educación e con argumentos porque se non igual estamos falando doutra cousa, igual falamos de xente que non pode discutir ou argumentar e non atura ás críticas e négome a crer que toda a xente do PP responda a este perfil.

Anónimo dijo...

Hoxe, no blog @s mec@s aparece un artigo onde se fala sobre o traballo deste blog, Xarabal e Cartas desde Delfos a nivel informativo.
Persoalmente considerovos unha gran axuda para o noso traballo a nivel xornalístico.
Dende Bizocas grazas pola vosa axuda e noraboa polo voso traballo.

Anónimo dijo...

Para o anónimo das 5:41 P.M.
Benquerido amigo ou amiga: Un que leva xa certo camiño percorrido comeza estar farto das mentiras e das grandes trolas do PP (como moi ben afirmou no seu momento Manolo Rivas). O PP, e tí co teu comentario, estades a por en dúbida a lexitimidade do sistema democrático ( non esquezas que a maioría absoluta é a única que tén lexitimidade, de 17 concelleiros, 9 ou máis son a maoioría absoluta), non teñen pois lexitimidade legal as minorías por ser as máis votadas se non acadan o status de maioría absoluta, co cal estades a exercer un brinde a Xúpiter, pero é maís a Ley D´Hont xa prima aos partidos maoiritarios, só que os cidadáns comezan a exercer libremente o seu dereito ao voto e non o fan precisamente na dirección que o PP quere. Por certo porque o PP non fixo a reforma cando estivo gobernando?, sería porque lles ía moi ben, incluído o sangue chuchado do voto emigrante (expresión tomada de Simpson). Eis a grande contradicción e incoherencia do PP.
Derrúbase o PP na Baviera galega, en Pontevedra afortunadamente para eles mantivo por pouco a Deputación Provincial, auténtico foco de enchufismo da familia (PP) e outras historias, pero xa pouco lles queda.
Outra cousa para que tampouco o esquezas!, a maoría dos Concelleiros elixen ao Alcalde, e a maoría dos Concelleiros ao ser o sistema de representación indirecta, tamén representan á maioría da cidadanía votante.

Por certo porque o PP non pide que se tipifique no Código Penal as conductas vergoñentas para a democracia de empadronar a seis, dez ou non se sabe na casa de militantes do PP?.
Os méritos nun sistema democrático son os votos que teñen a lexitimidade que se basea nun sistema legal, e fan posible as maiorías absolutas.
Saúdiños.

Anónimo dijo...

Dun partido como o P.P. donde , incluso , votaron os mortos ¿Qué se pode esperar ? Agora votan os vivos pero sin pedirlles permiso.¿Cal será a próxima chanchullada que fagan estos malabaristas da mentira e o fraude electoral?