11 septiembre, 2007

O DEREITO A SABER


Desde uns posicionamentos paternalistas, promoveuse a conveniencia de ignorar os acontecementos relacionados co golpe de estado franquista e a represión posterior; acusando aos que sacaban á luz feitos e nomes asociados con ese período de “pór en perigo a convivencia e a reconciliación entre os españois”. Ademais de xerar un estado de opinión nese sentido, tamén se puxeron trabas legais e académicas concretas ao acceso a información e a divulgación deste asunto e mesmo se deu algunha denuncia e secuestro de publicacións. Aínda así, a enxurrada da memoria foi desbordando os diques do esquecemento e as vendas nos ollos foron transparentando unha verdade que se resiste a enmudecer. Quizais por iso, desde hai un tempo pasouse de mirar mal e obstruír a perseguir directamente a aqueles que están a traballar en condicións precarias para rescatar o ocorrido nesta etapa do noso pasado.Neste contexto de ofensiva contra a investigación histórica é preciso pararse a reflexionar sobre o status desta ciencia nunha sociedade democrática e aberta, mais fundamentalmente o que implica o seu uso público e as consecuencias sociais que ten o acoso aos que traballan desde a perspectiva dos vencidos e a inseguridade xurídica na que quedan, fronte á impunidade na que se moven os apoloxetas do réxime totalitario, propagadores da versión oficial que xustifica a censura das ideas, o asasinato dos discrepantes e a descualificación do sistema democrático.Para analizarmos a situación na que se atopan estudosos e difusores da represión franquista imos levar a cabo estas xornadas que baixo o título de “O dereito a saber, a liberdade de investigar” servirán para debater este asunto abordando as distintas dimensións do problema, tanto no plano académico e institucional como cívico e asociativo, desde o punto de vista máis interno e metodolóxico desta ciencia como na súa vertente pública e no seu tratamento nos medios de comunicación; e sobre todo examinar o marco xurídico e sociolóxico no que se desenvolve o labor de persoas e colectivos ocupados en rehabilitar a memoria histórica.

Extraido do blog dereito a saber

18 comentarios:

paco fuentes dijo...

Acabo de ler o programa desas xornadas no sitio
dereitoasaber.blogaliza.org
e pareceume moi bo. Veñen a Ogrove profesores de universidade, catedráticos de dereito, historiadores, investigadores, periodistas, realizadores de televisión, escritores, xentes da xusticia, e vai ser estrenada a peli do Emden, un barco que se fugou do Grove en 1936 con moitos veciños que non querían morrer nunha guerra inxusta; e vai estar Isaac Díaz Pardo, a máis importante figura da Galiza contemporánea, e o concerto da Brigada Vítor Jara de Portugal...
Sinceras felicitacións aos da Memoria, ao concejal e a todos os que organizan esto.

Anónimo dijo...

Programa
Setembro 6th, 2007
19 de setembro, mércores.
20.00 Conferencia inaugural, a cargo de Francisco Carballo, historiador.

21.00 Proxección do documental O Barco da Memoria.
Presentan: Marcos Gallego, director de Saga TV e Matías Rodríguez da Torre (Coodenador das actividades do Barco da Memoria)

20 de setembro, xoves.
20.00 Presentación do Documental O Novo Emden.
Presentan: Marcos Gallego, de Saga TV; Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte; Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación; Eduardo Galán, xefe daTelevisión de Galicia e José Antonio Cacabelos, Alcalde do Grove.
Actúan: Manuel Riveiro, compositor da banda de son do documental, Estudio de Ballet Va´lontano do Grove e o Grove Groove Jazz Quartet.

21 de setembro, venres.
20.00 Proxección do documental A derradeira lección do mestre
Presenta: Xoán Carlos Garrido, realizador.
23.00 Proxección do documental Sumarìssim
Presenta: Dolors Genovès, directora

22 de setembro, sábado.

Enfocando a verdade:

10.00. Introdución á xornada.
Presentan: Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia; Xosé Avelino Ochoa, Presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove e Antón Mascato, Concelleiro de Cultura.

10.30. Táboa: A liberdade na investigación científica:
- Coordinador: Ánxel Rodríguez Gallardo. Historiador. Universidade de Vigo.
- Victor Santidrián, historiador. Fundación 10 de marzo.
- Lourenzo Fernández Prieto, historiador. Investigador principal “As Vítmas, os Nomes, as Voces e os Lugares. Universidade de Santiago.
- Roxelio Pérez Poza, investigador. Fundación Luís Tilve
- Francisco Espinosa, historiador. Universidad de Sevilla. Dtor. Científico “Todos los Nombres – Andalucía”

12:30.- Conferencia: “A lei de enxuizamento civil. A impunidade legal do franquismo. Do procesual ao penal”
- Coordinador: Xosé Avelino Ochoa. Avogado. Asociación pola Memoria Histórica do Grove
- José Manuel Paredes Castañón. Catedrático de dereito penal da Universidade do País Vasco.
- Alberto Estévez, de Amnistía Internacional – Vigo.

14.30. Xantar:

16:30. Táboa: “A investigación na procura da verdade. Casos de demandas no Estado español”

- Coordinadora: Beatriz Gómez Amigo. Inicativa Galega pola Memoria
- Dolòrs Genovès. Directora de documentais da Televisió de Catalunya.
- Marta Capín, historiadora. Universidad de Oviedo. Proxecto “Frente Norte” - Asturias
- Santiago Macías, escritor e investigador. Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica. O Bierzo
- Alfredo Grimaldos, escritor e xornalista. Madrid

18.00. Táboa : “Os problemas da investigación da represión galega que oficialmente nunca existiu”:
- Coordinador: Antón Mascato. Concelleiro de cultura do Grove. Iniciativa pola Memoria.
- Dionísio Pereira, historiador. Asociación Verbo Xido.
- Fabién Garrido, investigador e divulgador. Francia
- Mª Victoria Rodríguez, historiadora. Comisión Memoria Histórica do 36 de Ponteareareas

20.15 h. Encerramento: Lectura pública das conclusións e comunicado de adhesión á Iniciativa Galega pola Memoria:
Presentan: Isaac Díaz Pardo, do Consello pola Memoria; Beatriz Gómez Amigo, da Iniciativa Galega pola Memoria e Antón Mascato, do Concello do Grove.

22.30 h. Concerto:
Participan: Brigada Vítor Jara e Ardentía.

Pep Calders dijo...

Perdonad que no os escriba en galego, soy Catalán y estoy en vuestro pueblo temporalmente, por razones laborales. He visto que va a participar en este Congreso Dòlors Genovès, la jefa de informativos y documentales de Televisió Catalunya. Os puedo asegurar que es unha verdadera joya de la corona. Su obra es muy sólida y se ha hecho con el tiempo un nombre entre lo mejor del reportaje audiovisual de Europa. No os la perdais. Perdonad que barra para casa, pero no es exageración mi comentario. Enhorabuena por el programa y felicidades a Ogrobe por ésto.

Anónimo dijo...

As miñas máis merecidas felicitacións o cuatripartito por estas xornadas.
Fachillas e apenados pola retirada do monolito fascista: queríades cultura? Tomade cultura.

Anónimo dijo...

ten pinta de estar moi interesante. é unha forte aposta pola verdade, por moito que lles foda aos fascistas. ás familias fascistas que critican todo iso porque se mostran nomes, penas de morte firmadas por persoas con nome e rango militar "nacional" etc etc, solo lles digo unha cousa: Q SE VAIAN A TOMAR POLO CÚ.

Anónimo dijo...

Oístes eso Lanzada? Pues ya te estás yendo y a paso de trote que así adelgazas... tus comentarios son un asco, mejor boca callada que tu árbol genealógico político es impresentable.

conroibo dijo...

Pediría un pouco de respecto, só desde a pedagoxía firme dos feitos obxectivos, do que facemos, sendo coherentes nos planos persoal e político podemos vencer e convencer resistencias que só fai falla que as "iluminen no seu camiño de dúbidas", non cometamos os mesmos erros que "os outros", a estes é inútil calquer tipo de razonamentos, sempre verán o branco en negro.

conroibo dijo...

Facer unhas xornadas deste calibre ben merecen para a nosa Vila un recoñecemento a nivel internacional, é unha primeira pedra oficial, antes houbo outras: A Asociación Pola Memoria Histórica o está a facer como o tén que facer, traballando paseniño, salteando os atrancos, con seriedade e ganas e o que non che é nada doado, sen visión de partidismo ningún entre os seus compoñentes. Son unha mostra de exemplo.
A Xosé-Antón Mascato García, felicitalo non só por acadar para O Grove esta medalla de ouro que se recordará sempre, senón polo de agora curto pero sobranceiro labor na Concellería de Cultura, que creo que lle dará moito xogo no vindeiro e do que sairá beneficiada a maoiría da cidadanía.
Pola existencia da cultura todo o ano, ben mereceu este pobo un cuatripartito.

Anónimo dijo...

Pois si, tamén dijo que si hai cultura hai menos ditadura, esa é unha das grandes débedas do noso ogrobe. Adiante co cutripartito, e que rabeen os do peperete, e os achegados, viva a cultura.
E moi ben aos da Memoria por esas xornadas tan ben presentadas.

"libro-libre-Ogrobe" dijo...

¿Nos lanzamos a ésta locura de liberar libros?
Ahora sí, nos lanzamos oficialmente, con esta locura utópica, soñadora, rara, improductiva, destinada al fracaso y que se yo cuantas cosas más, campaña "libro-libre-Ogrobe".
¿te animas a ir contra la corriente? ¿ a probar a los mecos? ¿a animarlos? ¿a compartir la literatura, dejando volar libros?.
"Me sacaron de una vieja estantería en la que llevaba años encerrado, sin mover ninguna de las partes que me componen, entre mis hojas ya no pasaba el aire, mis tapas ya no sentían la caricia de ningún lector y, lo peor, todas esas palabras que me dan vida empezaban a morir de soledad”.
Podemos empezar el proximo domingo 23. Que cada cual deje lo quiera liberar en algun punto de Ogrobe y que lo comente aqui, yo pondre varios Muy Interesante recientes y algún libro en la Aldea Comercial, ¿se apunta alguien?

conroibo dijo...

Estiven onte no na estrea do documental do Novo Emden, a verdade que me satisfaceu o ver como en tempos anteriores, o cine O Marino cheo. O documental está ben imbricado en todos os sentidos espero e desexo que sirva de material pedagóxico para a mocidade e para os maiores e non tan maiores recordar cousas que xamais deberon de pasar co obxecto da súa transmisión como patrimonio colectivo que tivemos e temos para futuras xeneracións. O Presidente da Asociación Pola Memoria Histórica estivo fantástico o noso Alcalde sorprendéume gratamente co seu discurso (a verdade é que estivo moi ben no seu papel e non saíndose para nada do contexto e lugar no que se atopaba), e os demais no seu papel. As miñas máis sinxelas felicitacións públicas aos actores do Colectivo de Teatro Enxebre, as mozas do ballet local que realmente saben o que fan (ogallá por aí a mocidade se interese tamén pola danza clásica) e ao público por asistires a coñecer de primeira man tan dramático episodio que nos tén que facer reflexionar sobre os acontementos que sucederon, vai sendo hora de deixar atrás o medo e o terror e de que coñezamos a verdade pois os datos obxectivos están aí, só coa luz que esten arroxan os mitos-muros da mentira cairán por sí sós.

Anónimo dijo...

ogrovetolerante.blogspot.com un blog no que se fala dos temas actuais e que nos afectan a todos e a todas

Anónimo dijo...

É verdá que foron os netos do potro ao marino en plan juligans a animar ó jués fachón?

Anónimo dijo...

Si a pocha da Lanzada incluída e con mp3, fixeron comentarios de que Elgrove non estaba allí...

Anónimo dijo...

¿Eso de "pocha da Lanzada" qué é?. Por pocha entendo un xato femia

Anónimo dijo...

Listo, listo...xato non é potro. Dun potro non sae nin xato nin pocha. Non entendo nada.

verbas dijo...

Pocha, ou barrapocha, é unha besta femia pasada, moi pasada, de quilos.

Anónimo dijo...

ogrovetolerante é un engañabobos, montado polo pepé e libertá digital (fachada a tope) para convencer á xente de que son guais, pero non son simplemente fachas, pero fachas fachas, hadsta se lle ve no color naranxa que escolleron para meternos pepé polos ollos, e a Zaplana, Acebes, Rajoy, Louzán e Pérez, perdonade , teñó que ir ajomitar...