25 septiembre, 2007

Sen ruído

O Concello aproba unha ordenanza que implicará multas para quen fagan excesivo ruído a partir das dez da noite
O Grove é un sitio ruidoso, non cabe dúbida. Nas estreitas rúas da nosa vila, fan ruído ata os policías, aos que o pasado verán a entón concelleira de Seguridade Cidadá tivo que pedir que utilizasen o chifre con moderación, que os veciños estaban dos nervios. Acordadevos da entrada deste mismo blog Cousas da Concejala de Seguridade: O Grove no quiere pitos.
As denuncias por contaminación acústica non paraban de chegar ao Concello así que cando tras as eleccións Fredi Bea -do Partido Galeguista- púxose á fronte da concellaría, botou unha ollada á ordenanza que regulaba ese tipo de cuestións e decatouse de que estaba obsoleta, que non se actualizou en dez anos. Púxose ao choio e elaborou un documento no que se endurece o control de ruído, sobre todo en horario nocturno, para que os veciños poidan durmir tranquilos. Así, vixiaranse as xoldas nas terrazas, os ladridos dos cans ou os decibeis da música nos pubs. Pero non só os cidadáns deberán ter coidado, senón tamén os operarios municipais, xa que o camión do lixo deberá andar con pés de chumbo e non molestar en exceso.
Extraido do xornal La voz de Galicia, donde podedes ler a nova enteira.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia vaia cos libertarios... pois mirade, eu estou dacordo con que controlen os das motos que fan ruido a todalas horas (e tamén os seus pais).

De seguro que se fose unha inciativa do BNG sería unha gran noticia.

Anónimo dijo...

Son do Bloque e estou dacordo con que vaian a polo exceso de ruido, e a polos das motos e o que andan pasando. E recorda que os tres do BNG votaron a favor no Pleno no que se aprobou esa moición de Fredi Bea. Pensa un pouquiño antes de larjar sapos polas orellas.

Xesús-Mª. González Domínguez dijo...

Xa fai unhos anos que o BNG presentara unha moción a respecto da contaminación acústica e doutras cuestións relacionadas, pois a pesar de contar xa cunha ordenanza esta tiña eivas, añinda a día de hoxe con corrixidas; elo pola ineptitude de levala adiante polo goberno do sr. Miguel Pérez, é dicir polo PP.
Se teño tempo a buscarei e a colgarei para que algúns se enteren. Tamén colgarei a de por pasos de peóns con semáforos en Ardia de xaneiro de 2004 (aprobada)
e non executada polo desleixo do Sr. Miguel Pérez (PP). Tamén colgarei a de dárlle publicidade aos Plenos, e un longo etc, que nunca as cumpreu o sr. Miguel Pérez (PP). Así é a democracia para algúns.

Anónimo dijo...

vaia ahora resulta que veñen os salvapatrias dos bloqueiros a decirnos como se fan as cousas.
¡por DIOS donde estavades !

Anónimo dijo...

estaban moi ocupados vendendolle os muebles os de Raeiros.

Mescarallo dijo...

¿Quen vai faser cumplir a ley?, os munisipais ja,ja,jaaaaaaaaaa...

Anónimo dijo...

TRanquilo Xesus, vai haber o longo da lexislatura un monton de meteduras de pata por parte do BNG (dos novos) e de incoherencias (exp. compra do cine O Marino!!) ....
pero publicao por que está ben que todos saibamos por onde andamos. Saudos

xesús-maría gonzález domínguez dijo...

11.42 P.M.:Primeira e última amiga/o: Observo pola terminoloxía plasmada un ton un tanto pexorativo. Sinceiramente creo que erras, e moito, ao achacarme o de ir de salvapatrias pola vida -nada máis alonxado da realidade-. O meu traballo está aí e afortunadamente non se pode borrar, pode estar mal, regular, etc,; modestamente creo que cumprín abondo por demais, ao igual que os meus antecesores. O que pretendo demostrar e demostrarei, pois xa se sabe o que di o refrán: "donde falan papeis, calan barbas", é que o actúar do PP e de Miguel Pérez dequela Alcalde, á hora de cumprir as mocións aprobadas nos Concellos Plenos por maioría, mesmamente ás veces co seu voto favorable é dunha manifesta ilegalidade; polo tanto a tolerancia do PP para cumprir o que legalmente se acordou polos representantes do Concello é cero.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Miguel Perez mangouna durante oito anos e o único que fixo foi creae un bunquer de facciosos no Concello, que haber como se fai para chimpar fora. El xa non volverá porque co novo Fiscal (especialista en delitos urbanísticos) acabouselle a bula para delinquir.

Anónimo dijo...

eso xa o veremos, a ver si a algún que se lle enche a boca agora, igual ten que fechala con esparadrapo como nos teñen acostumbrados algo mais para diante.

Anónimo dijo...

mangantes, vajos e facciosos, como o seu lider e deso nunca mais todos fora e que vaian pasando polo xurjado a declarar polas firmas falsificadas, e si van po caldeiro moito mellor.

Anónimo dijo...

ESIJO QUE MIGUEL PEREZ E ALEXANDRE AGUÍN DIMITAN POR FALSIFICADORES

xesús-maría gonzález domínguez dijo...

MOCIÓN DO BNG SOBRE A TOMA DE CONCIENCIA E MEDIDAS PARA DIMINUÍR UN GRAVE PROBLEMA AMBIENTAL: A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: É obriga do Concello velar pola calidade de vida e benestar dos seus cidadáns. Os usuarios dos ciclomotores, motos, coches, empresas, industrias, etc, etc, ben por ignorancia, ben por interese ou ben por abandono non son conscientes, e polo tanto non teñen en conta a gravidade da contaminación acústica que xeran, e que incide de xeito negativo na saúde das persoas. Cada día máis, a contaminación acústica é motivo de preocupación, a pesar de térmonos dotado de lexislación abondo, e así temos por unha banda a Lei autonómica 7/1997, sobre protección contra a contaminación acústica e o Regulamento de desenvolvemento da mesma (Decreto 150/1999, de 7 de maio, e incluso o Decreto 2414/61 ou o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas).
A ter en conta nesta materia, que o Concello de Ogrobe, á marxe da lexislación amentada, conta cunha Ordenanza de Protección do Medio Ambiente, de Ruídos e Sons que entrou en vigor o 21 de febreiro de 1997, que se ben é certo contempla no seu artigo 23. 1 a prohibición do emprego de todo dispositivo sonoro con fins de propaganda, reclamo, aviso, distracción e análogos, con níveis que excedan dos sinalados nesta Ordenanza para as distintas zonas, botamos en falla a non mención desas zonas e ruído máximo admisíbel en canda unha delas; elo no atinxente á actividade de megafonías nas rúas e vías públicas locais, pero tamén botamos en falla unha limitación horaria de tal actividade. Non obstante o criterio que temos desta Ordenanza é bó; agora ben para o seu cumprimento necesítase algo máis que un Texto Legal: por unha banda necesítase que a Policía Local conte con aparellos axeitados ao devandito fin. A carencia destes medios fai que a situación sexa de permanente incumprimento da legalidade, e desde logo de impotencia para as persoas que a sofren. E pola outra, necesítase vontade política de atallar ou minimizar este grave problema.
Tamén é evidente a carencia de información que teñen os veciños sobre o devandito asunto, que trámites teñen que facer, autoridade a quen dirixirse, etc, etc... e mesmamente o importante sector da poboación, que xerador desta contaminación non a corrixe, mentres non se lle informe dándolle un prazo prudencial para elo, ou por suposto, de non facelo, se lle obrigue ao seu cumprimento.
Tando claro que a Admón. para a competencia e control da contaminación acústica e en xeral das actividades clasificadas é a local, neste caso polo tanto a competencia é a do Concello de Ogrobe.
Polo exposto con anterioridade o grupo municipal do BNG, insta ao Concello Pleno a adopción do seguinte ACORDO:
1º).- Dotar á Policía Local o antes posíble de sonómetros.
2º).- Facer unha campaña de información destinada tanto aos sectores que xeran contaminación acústica como ás persoas que a padecen, mediante o emprego de material axeitado, coa finalidade de pór en coñecemento de todos este grave problema, facendo un chamamento á responsabilidade de corrixir e adaptar as deficiencias á lexislación vixente.
3º).- Unha vez finalizada a campaña, e despois dun tempo prudencial, a Policía Local unha vez xa en posesión dos sónómetros, comezaría o seu labor na aplicación legal, e aínda así, sería conveniente tomar como referencia as actuacións doutras Policías Locais, por exemplo con respecto dos usuarios de ciclomotores, na permisión de retirar ou anular o expediente administrativo infractor, se nun prazo estipulado relativamente curto se corrixe a deficiencia.
4º).- Que o Sr. Alcalde no prazo máximo dun mes traia a este Pleno unha modificación da Ordenanza a respecto dun horario limitador da megafonía nas rúas e vías público-locais, así como da posibilidade de fixar para este fin en cada zona (art. 23. 1) uns níveis máximos en decibelios razoábeis. A devandita modificación, deberá ser previamente debatida e consensuada na Comisión Informativa de Urbanismo, Vías e Obras e Medio Ambiente, ou no seu defecto na Comisión de Portavoces.
Ista moción foi aprobada por UNANIMIDADE, no Concello Pleno de 30 de agosto de 2001 e lembrada con posterioridade varias veces ao daquela Alcalde Miguel Pérez (PP), que como cáseque sempre fixo oídos xordos. Creo que a conclusión que se pode tirar é máis que elocuente.
A pesar de que ista moción foi copiada a pan de millo pola promesa feita ás persoas que estades neste foro, prometo no vindeiro dotarme dun scanner ou facelas chegar aos foron correspondientes para coñecemento de todos vos.
Obrigado.

Anónimo dijo...

" Roma no paga traidores ".Y los tres asesinos del caudillo lusitano Viriato fueron pasados por las armas.
Esto mismo es lo que hace el P.P.con el tema de listas electorales.Primero te utilizan para hacer el "trabajo sucio" y si algo falla te defenestran.Lo que tienen que hacer los jueces es darse cuenta que una persona "sin peso político"como Jesusa , no puede hacer eso si no se lo ordenan.Y solamente se lo puede "ordenar" el "jefe",en este caso el ex-alcalde.Claro que su caligrafía , si la comparan , saldrá con resultado negativo !!no es tonto !!sabía lo que hacía y se protegió la espalda.Y ahora "la teoría del limón" :me eres útil mientras tienes zumo pero una vez exprimido , a la basura.No me alegran las desgracias ajenas pero deseo que este caso sirva para poner al descubierto las "trampas" que siempre empleó el P.P. para conseguir sus objetivos.Lo que más me molesta del caso es que los verdaderos culpables se quedarán sin castigo y llenarán de "mierda" a quien menos lo merece.

xesús-mª. gonzález domínguez dijo...

Non sei se o Sr. Concelleiro de Seguridade Cidadá coñecía a ordenanza de 1997 que esta en vigor no noso Concello. Creo que foi un erro facer unha nova ordenanza, a cuestión sería modificar a que xa tiñamos e engadirlle o que se considerara necesario. É a miña modesta opinión.

galiciadenuncia dijo...

pareceme moi ben, temos que regula-la convivencia.

vodadelle unha ollada a este blog e si vos parece boa idea utilizadelo e ata podedes enlaza-lo o voso.

http://www.lacoctelera.com/galiciadenuncia

saudos