28 septiembre, 2007

Susi Otero recoñece diante do Xuiz que cubriu os formularios das listas vascas


A imputada acusa ao ex alcalde do Grove da falsificación das listas do PP para o País Vasco.
A empregada municipal asegura que Miguel Ángel Pérez mandoulle cubrir as fichas.
A traballadora do Grumir e antiga secretaria do ex rexedor municipal de O Grove Miguel Pérez recoñeceu que a súa letra era a que figuraba nos impresos electorais que acabaron integrando candidaturas nas municipais no País Basco, aínda que manifestou que o fixera ao sentirse presionada e considerar a Pérez como superior xerárquico e pola súa precariedade laboral no Concello, onde viña encadeando sucesivos contratos laborais. Na comparecencia que onte realizou no xulgado como imputada, dixo que no Grumir encargábase de facer gardas, pero que no concello «facía un pouco de todo, desde ir comprarlle unhas medias a unha concelleira ata realizar traballos para un partido político», e que nesas funcións a favor do partido «só obedecía as ordes do señor alcalde».
Deixovos o enlace a esta nova no Diario de Arousa en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e no diario El Pais, do Faro de Vigo xa non poño nada, porque simplemente non falan nada desto na sua edición dixital. O porque non o sei, pero xa o imaxino. Por certo, a foto foi sacada da paxina http://www.todogrove.com/

28 comentarios:

a formigha dijo...

A prensa de hoxe é tal cual a realidade, os matices e os puntos de vista son fundamentais:

La Voz carga o acento no principal: Pérez é acusado da falsificación por unha imputada.

Faro de Vigo, di que si pero que non: Una trabajadora declara que falsificó las listass, pero coaccionada por el ex alcalde.

Diario de Arousa, di que Pérez di que Otero exonera ao PP ao recoñecer que encheu ela os formularios.

Son os titulares.

ÉCHE COMA O MISTERIO DA SANTÍSIMA TRINIDÁ.

TRES CONTOS DISTINTOS E UNHA SÓA VERDADE:

CAJÁCHELA MIJELITO, CAJÁCHELA.

TOCA DIMITIR, XA TOCA. CAJÁCHELA.

a formigha dijo...

A prensa de hoxe é tal cual a realidade, os matices e os puntos de vista son fundamentais:

La Voz carga o acento no principal: Pérez é acusado da falsificación por unha imputada.

Faro de Vigo, di que si pero que non: Una trabajadora declara que falsificó las listass, pero coaccionada por el ex alcalde.

Diario de Arousa, di que Pérez di que Otero exonera ao PP ao recoñecer que encheu ela os formularios.

Son os titulares.

ÉCHE COMA O MISTERIO DA SANTÍSIMA TRINIDÁ.

TRES CONTOS DISTINTOS E UNHA SÓA VERDADE:

CAJÁCHELA MIJELITO, CAJÁCHELA.

TOCA DIMITIR, XA TOCA. CAJÁCHELA.

Masa Fladers dijo...

A foto é perfecta.
Con fianza, moita pasta, e aínda así haber se sae do caldeiro no que vai entrar.
E xa son dous alcaldes nosos os enchironados, record guinnes.
E os dous votados pola misma xente, ¿cando aprenderemos?

Anónimo dijo...

En www.todogrove.com tamén se pode ler o publicado no Faro e máis O Correo Gallego, teñen enlaces a todo o publicado sobre o tema e tamén un comunicado do grupo de goberno, moi completo a verdade.

COMUNICADO DO GRUPO DE GOBERNO dijo...

O grupo de Goberno do Concello do Grove, formado por concelleiros do PSOE, BNG, EU e PG en relación coas informacións de prensa, do día de onte, das dilixencias que segue o Xulgado de Cambados pola fraude das listas do Partido Popular no País Vasco quere manifestar o seguinte:

1. Que temos plena confianza no labor da Xustiza, razón pola que acordamos personarnos neste caso en defensa dos intereses do Concello do Grove e dos seus traballadores afectados pola fraude. Actitude que manteremos en futuras accións xurídicas que podan derivarse e que afecten a este Concello ou aos seus traballadores.

2. As declaracións do ex alcalde Miguel Angel Pérez exculpándose e procurando sinalar a unha traballadora como responsable única desta fraude lamentable son, cando menos, dunha absoluta perversidade. No mesmo sentido exculpatorio non asume as súas culpabilidades e procura desviar a atención aducindo utilización política dos Xulgados, e das persoas, por parte do grupo de goberno deste Concello.

3. Sen prexulgar as responsabilidades penais que podan derivarse das actuacións xudiciais en curso, existen responsabilidades políticas polo mal uso que se ten feito dos bens, instalacións e traballadores do Concello, presunta malversación de fondos públicos derivados da mestura e
confusión do que é a Institución Municipal e o Partido Popular.

4. Como xefe local do Partido Popular, o ex alcalde, incorreu en diversas actuacións exeitables, que derivan na súa terxiversadora pretensión de desviar a responsabilidade da fraude a outras persoas, razón pola que esiximos a súa inmediata dimisión de todos os cargos públicos. Demanda que trasladamos aos seus xefes políticos inmediatos, dado que este proceso desenvolveuse no seo do Partido Popular, ben sexa por dolo ou ben sexa por imprudencia, Rafael Louzán, Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, para que procedan en consecuencia e eviten ser considerados cómplices desta fraude.

Anónimo dijo...

O delito cométeo quen asina en falso e elabora as listas, non o que cubre os impresos. Por certo, con datos aportados desde a alcaldía.

Anónimo dijo...

Anónimo dijo...
" Roma no paga traidores ".Y los tres asesinos del caudillo lusitano Viriato fueron pasados por las armas.
Esto mismo es lo que hace el P.P.con el tema de listas electorales.Primero te utilizan para hacer el "trabajo sucio" y si algo falla te defenestran.Lo que tienen que hacer los jueces es darse cuenta que una persona "sin peso político"como Jesusa , no puede hacer eso si no se lo ordenan.Y solamente se lo puede "ordenar" el "jefe",en este caso el ex-alcalde.Claro que su caligrafía , si la comparan , saldrá con resultado negativo !!no es tonto !!sabía lo que hacía y se protegió la espalda.Y ahora "la teoría del limón" :me eres útil mientras tienes zumo pero una vez exprimido , a la basura.No me alegran las desgracias ajenas pero deseo que este caso sirva para poner al descubierto las "trampas" que siempre empleó el P.P. para conseguir sus objetivos.Lo que más me molesta del caso es que los verdaderos culpables se quedarán sin castigo y llenarán de "mierda" a quien menos lo merece.

12:53 AM

conroibo dijo...

Con "fianza". ¡ Non está mal o slogan!.

NEMESIS dijo...

Que verguenza, por Cristo... dentro de pouco esto vai parecer PEOR que Marbella.. .

MAISDOMESMO dijo...

PFFFFFFFFFFFFFF, E SEGURO QUE A ELA LLE CAE UNHA GORDA E Ó EX-ALCALDE CON NEGAR... LISTO.

conroibo dijo...

Espero que o Avogado do Concello fie fino.

Escévola dijo...

Home con respecto ao que lle cae á muller tamén habería que dicir que cando se acepta ser vasalo tamén se aceptan as consecuencias da vasalaxe. Vale que ela non é a máxima responsable pero o certo é que colaborou nos supostos delitos. Tamén está ben destas persoas que venden a súa alma a cambio dun posto de funcionario ou no concello, que se plegan a todos os desexos dos seus amos e que polo tanto tamén son partícipes da corruptela, en menor medida, pero partícipes. Despois son os mesmos que carrexan xente e cousas así para que o seu amo se manteña no poder.

SempreCeibes dijo...

Que despiadado se pode chegar a ser, tendo a culpa de todo e lavarse as mans como se non fose con el o asunto. O peor e que a xustiza non pode facer nada mentres non haxa probas evidentes, cousa que probablemente se asegurase de limpar ou evitar cando se lle ocorreu a gran idea de dar a coñecer o noso concello o país vasco e sobre todo a ETA. Foi un gran colofón ós 8 anos de goberno (se se lle pode chamar desa forma)

Felicidades EX - Alcalde!!! (Que así sexa pra sempre xamais)

Cousas de Portonovo dijo...

O tempo acaba poñendo a cada un no seu sitio. pero realmente é curioso que varios periodicos disfracen a mesma nova segundo o punto de vista político do director de turno.
Seguiremos de preto o desenlace.

Anónimo dijo...

o director non pinta nada nesto quen manda é o escribidor sobre colledor (de 500 euros servicio prestado)... o moi mendaz.

o concello informa dijo...

O Grove entrega as Centolas de Ouro

Será, na tarde do sábado, no cine O Mariño, nun completo acto cultural

As Centolas de Ouro, principal recoñecemento público anual do Concello do Grove, que nesta edición de 2007 premian o traballo e o compromiso, serán entregadas hoxe sábado, nun acto ao que están convidados todos os veciños.

O grupo de goberno quixo renovar este acto, deixando atrás o modelo de xantar institucional, para convertelo nunha actividade cultural destacada. Continuando, dese xeito, o estilo iniciado coa celebración do Día da Patria Galega, ou a máis recente estrea da longametraxe O Novo Emden.

A organización do acto acto foille encomendada ao concelleiro Antón Mascato, que deseñou un completo programa no que se inclúe música en diversos formatos, visionado cinematográfico e varias intervencións. Así actuarán o bandoneista uruguaio Artigas Anelo; a Big Band Jazz Vincios, que intrepretará música swin; e a cantante galego-arxentina Lorena Lores, que ofrece un concerto de tango e canción tradicinal galega renovada nos seus propios rexistros, que serán os encargados da animación musical. Na parte audiovisual poderá verse a proxección cinematográfica da primeira película de ficción realizada en Galicia, en 1916, que ten moito que ver co acto e que da que a organización reserva o título como sorpresa, xa que ese será un dos momentos destacados noite, xunto coas intervencións a xeito de louvanza dos premiados que estarán a cargo de Dolores Vázquez, presidenta de Emgroves, Francisco Iglesias, Patrón Maior da Confraría San Martiño, Xosé Avelino Ochoa, presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove, ademáis do concelleiro de cultura, Antón Mascato.

As Centolas de Ouro 2007 serán entregadas por Montserrat Prado Cores, delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria; María Xesús López Escudeiro, delegada provincial da Consellería de Cultura; Fátima Linares, directora Xeral de I+D da Consellería de Pesca, e José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove, acompañados polos concelleiros Victoria Canoura, Noemí Outeda e Jorge Olleros.


No cine O Mariño, ás oito da tarde, comezará o acto de entrega das Centolas de Ouro 2007 que este ano recaen en Esperanza Casas; os traballadores e traballadoras do Grove no Gran Hotel da Toxa, que estarán representados neste acto polos seus compañeiros Ana María Caneda Álvarez e Manuel Bea Oubiña; Carmen Bea e Antonio Domínguez, do Hotel Villa Juanita; e o artista e intelectual, Isaac Díaz Pardo. Será conducido pola presentadora de informativos de Antena 3 Televisión, Lola G. Alfonso, nacida no Grove, sen dúbida un valor engadido a esta completa programación.

Manda carallo !! dijo...

Agradecería , si alguen o sabe , información sobre o documental " O Novo Emden ". Por exemplo , si se pode comprar e donde . Si está na internet e con qué título , etc...
Gracias anticipadas.

Anónimo dijo...

O Emden vaise vender voa voz de galicia, o dia trece, saábdo, a cinco euros. unha gran ocasión porque se trata da versiòn completa, non a que puxeron na tele que lle faltaban uns dez minutos.

Manda carallo !! dijo...

Grazas por a información . Espero non quedar sin o exemplar e mañan reservarei o xornal.

Anónimo dijo...

Fun mirar o acto das centolas, gustoume moito, xa era hora de que podamos disfrutar destas cousas tan ben feitas en Ogrobe. Felicidades ao concelleiro que organzizou, e aos premiados, todos moi ben escollidos.

Anónimo dijo...

Estos que se queixan das cámaras de vixilancia das carpas nunca lles deberon roubar a carteira , nin outra cousa , durante a festa do marisco.Non actuarían desta forma , en contra do concello.Creo que detrás desta "agrupación" están os resentidos do P.P.

conroibo dijo...

Noraboa a todas/os que fixéchedes posible retomar e recuperar actos que veñen a manifestar o respecto polo cidadanía deste pobo.

Anónimo dijo...

Para o anonimo das 3:40, non resvales , esa asociación está controlada polo BNG.

madriles dijo...

Cámaras solo donde sea realmente necesario, como en la Biblioteca (y que controle a la gente que trabaja allí, de paso) o en el Ayuntamiento, o en los patios del colegio, o en Adro Vello, pero no en Vías públicas, ya que O Grove no es Vallecas.

Anónimo dijo...

E de paso unha cámara para o das cortinas que se está a forrar a costa dos nosos impostos.

Anónimo dijo...

El Grove no es Vallecas pero el ayuntamiento, los colegios, Adro Vello y la Biblioteca sí?
Te estás contradiciendo.
Quién eres tú para elegir el sitio, para eso ya hay un concejal que lo decidirá ¡Qué ya sois muchos a querer mandar!

Anónimo dijo...

Las cámaras en los retretes públicos para controlar quién se lleva el papel higiénico...jajajajajajajaja

Juegos dijo...

Hay que tener cuidado con nuestros políticos, procurad que sean de familias con dinero para que así no les entre la tentacion de meter la mano. Saludos