22 enero, 2008

Actitudes «covardes»

O PP retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos.
Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs
Un ano despois de que o PP iniciase unha batalla legal contra dúas blogs de Cambados e O Grove, volven as andadas, ao estimar ofensivos os seus contidos, os populares grovenses devolven o asunto á actualidade.
Fano da man da concelleira Diana Otero que onte anunciaba que realizará xestións a través do seu partido para conseguir unha «proposta de regulación normativa na que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI, mediante o que se fagan responsables dos seus contidos e facilitar que estes delitos non queden impunes e que aqueles que se dedican a insultar e a coaccionar nos blogs poidan ser denunciados polas vítimas», segundo explica a edila.
Actitudes «covardes»
Desde o PP do Grove reprochan a «actitude covarde dos editores destes blogs e plataformas informáticas de linchamento das persoas que non pensan igual que eles».
Estes blogs tiveron o seu momento de maior efervescencia a principios do ano pasado a tenor das denuncias do PP e a publicidade que todo iso lles reportou. é grupo levou ao xulgado ás webs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com e en febreiro o xuíz admitía a trámite unhas denuncias coas que o PP pretende sacar do anonimato aos autores destes blogs e que se dirimisen responsabilidades.
«Aquí non se salva nin o apuntador. Facendo un percorrido sorprendente polos blogs locais atopeime con insultos, calumnias e inxurias variadas a políticos, funcionarios, policías empresarios, xornalistas... e tamén aos seus familiares e achegados. Actitudes covardes, infames e viles das miserias humanas. Non ten outra palabra», sinala Diana Otero .

Covarde non me considero e despois de buscar insultos, calumnias e inxurias variadas como di Diana, non as atopo. E mais, debo decirlle a nova concelleira que dende esta paxina en algún momento se chegou a defender a sua persona e incluso a dunha amiga dela. En todo caso se fala doutro ou doutros blogs e non deste, que o diga as claras, porque se non as inxurias poden partir dela e non dende aqui. A montaxe e de Cousas de Cambados

51 comentarios:

Desesperada dijo...

ya he colgado una entrada en vuestro apoyo! un bico

Escévola dijo...

Xa andan outra vez amedrentando ao persoal para ver se así ninguén lles di nada. O caso é que os tempos do absolutismo, dictaduras e inquisición xa pasaron.
Oe, se non é polo teu blog igual é polo meu pero sospeito que vai por todos nós... jeje
Mira que nós estamos facendo importantes que os concelleiros xa falan de nós tanto como da piscina municipal, manda truco.
Agardo impaciente que diga cales son os blogs ofensivos xa que igual sae cun papel impreso ensinandoo na Voz e entón xa era para cair de cu coa risa.
Esta concelleira de verdade que non ten outra preocupación maior ou algún outro tema ao que referirse?
Porque se non paréceme que é un pouco triste...

Belén dijo...

Tenéis todo mi apoyo, en serio!

Besos

conroibo dijo...

Pódende tirar algunhas conclusións deste actúar sen sentido, nin sentidiño ningún. Pois no plano no que esta formulado é un aúténtico Ad absurdum. Non tén consencuencias xurídicas ningunhas, é un simple desideratum, pero é máis sen lóxica racional ningunha, porque no caso dos servidores no Estado Español xa está todo inventado e no caso dos servidores que se atopan no extranxeiro as súas Leis xa os regulan, pero hai outra cousa que chama a atención, quen ailla as palabras dos seus contextos que está a facer maís que terxiversando ou falsificando o que quixo dicir o seu autor. Agora na vez de chamarlle a un feo (a pesar de acodir as canons da estética latina ou grecoromana) teremos que dicir que non é guapo, se un é coxo teremos que dicir que non deambula ben, se un é chosco teremos que dicir que só ve por un ollo só, se un ésta eivado dunha man teremos que dicir que coa outra non pode, se unha non che é moi espabilada teremos que dicir que non se desenvolve ben, se unha non se come un rosco teremos que dicir que hai que esperar á Pascua, etc, etc, etc...
Icaro quería voar e non se lle ocorriu máis que tirarse desde o alto dun outeiro con ás de aguia ou foi aquel que quixo chegar voando ao sol?. A nosa Diana pásalle talmente igual.

entrenomadas dijo...

Todo nuestro apoyo desde este blog aragonés. Vamos, lo que faltaba ya!!!
Subiremos un post!
VIVA LA BLOGOSFERA LIBRE!!!

Blasfuemia dijo...

¿y además del DNI no les interesa también saber la orientación sexual, la declaración de Hacienda, la talla de pantalón, etc?

Tenéis mi apoyo.

Ortigueira Sostible dijo...

Tentan poñerlles portas ao mar. Patético, ridículo, inútil. Non teñen nada que facer. Terán que acostumarse a vivir coa libre expresión. Un saúdo dende o norte

Anónimo dijo...

Esta es la derecha mediatica que ahora tenemos, Telemadrid (el montaje que acaba de hacer con lo de los inmigrantes que se colaban en la T4 y que era una GRAN MENTIRA), El Mundo, ABC, La Cope... etc, los distintos medios que la secunda y son capaces de mentir con tal de que el PP gane las elecciones, como esta ocurriendo con el Mundo, que miente dia tras día.

Lo mismo ocurre con La Cope, donde Federico Jimenez Losantos, miente sistematicamente, y amenaza a la ciudadania, sin que pase nada, y si no aqui tienes una muestra...

http://www.youtube.com/watch?v=oh7b6fp6LMs

Anónimo dijo...

mira se non saben aceptar as diferentes opinions problema deles que dereita mais radical temos que ate di que en galiza esta o castelan discriminado si xa e que mais.o meu apoio para vos

Anónimo dijo...

ánimo desde cantabria, hay una estirpe fascista del pp que debería de desaparecer, a nivel nacional ya se han cepillado a los más moderados, matas,piqué gallardón para quedarse una cúpula de fascistas asquerosos.
Desde Santander mucho animo y que en marzo ganen los rojos (como nos autoproclaman los fachas de mierda)

Anónimo dijo...

www.galicia-liberal.com

ya os hemos puesto como noticia para mañana.

Anónimo dijo...

Fantástico o arremeter desta "persoa" sobor da liberdade de expresión!
Eu quero un censo de censores para podelos denunciar por atentar contra o meu dereito a estar informada e a liberdade total de expresión que se lle presupón á internete.

Juan dijo...

Recollida e criticada a proposta da edil do PP en Periodistas 21
Saúdos

Júcaro dijo...

Desde Cádiz un abrazo solidario.

Lamentablemente no puedo decir que me sorprenda la actitud del PP.Pienso que a nadie puede sorprender el caciquismo de algunos representantes de este partido.

Periodistas 21 dijo...

La ciberdemocracia tiene sus riesgos. Y más donde la democracia todavía no ha creado el suficiente espacio de expresión. Los blogs más críticos toman a menudo el papel que no realizan los medios y diarios tradicionales, bien por falta de información o, demasiadas veces, por su dependencia política y económica de los poderes locales.
La Ley de Servicios de la Sociedad de la Información (LSSI) establece que los titulares de páginas personales no tienen las obligaciones de identificación previstas en la ley si no perciben alguna remuneración por su publicación.
La iniciativa del PP no ha tenido por ahora ningún efecto jurídico, pero la polémica por la libertad de expresión y crítica de los blogs y el periodismo ciudadano vuelve.
En todo caso, si los autores de los blogs han cometido algún delito o falta están sujetos a la legislación común, civil o penal.
La propuesta de Diana Otero es excesiva y no hay ninguna necesidad de crear un registro de blogs. Sus autores tienen derecho al anonimato, incluso para criticar y burlarse. Es la libertad de expresión.
Si los afectados perciben algún daño o delito, los tribunales tienen la ley para actuar.
Pero la política y el poder deben poder ser criticados. Incluso con burla e inquina. Es la democracia.

Queque dijo...

Hola Sol, soy Queque, de QuequeBlog.

Ánimo y muchísima suerte. Puedes contar conmigo para lo que sea y denunciar lo que consideres injusto, y tu caso lo es.

Acabo de publicar un post en mi blog:
http://quequeblog.blogspot.com/2008/01/el-pp-y-su-libertad-de-expresin.html

Insisto, ánimo y pá lante...
Un abrazo ;)

Los agujeros negros del alcalde dijo...

Hola Sol.

Gracias por tu comentario en nuestro blog. Hace casi un año nos hicimos eco de ese primer torpe intento de coartar la libertad de expresión, y ahora vemos que vuelven a la carga. No aprenden, no saben en qué mundo viven, no saben nada, están en su burbuja y no se enteran.

Copiamos aquí lo que acabamos de comentar en Periodistas21:

<<< Vergonzosa la actitud del PP gallego. En todo caso, como bien dices, "si los autores de los blogs han cometido algún delito o falta están sujetos a la legislación común, civil o penal".

En nuestra ciudad, Villalba, nuestro alcalde (socialista en este caso, pero ese es un matiz intrascendente dado que se parecen mucho unos y otros), también amagó una vez con denunciarnos por no se sabe qué.

Debe de ser que, en el ámbito local, no tienen costumbre de leer críticas fuera del control de los medios locales que manejan. >>>

Animo y un abrazo.

Escévola dijo...

Por certo a nova xa saiu en moitos medios de comunicación e blogs. Por certo que se queredes ver a diatriba completa en contra dos blogs podedes ir ao blog no PP local:
http://ppdogrove.blogspot.com/2008/01
/plataformas-de-linchamiento.html

Ruben dijo...

Ánimo! estamos con vosotros!

Anónimo dijo...

O problema radica (cuestión de fondo) na inexistencia de control fáctico dos medios donde a liberdade de expresión é o leit motiv, e non aturan a máis mínima crítica, pois malentenden (a pesar de ser personaxes públicos) que son a imaxe e semellanza dos Deuses e desde a esfera cuadrada na que viven, amais de mirarnos por riba das ombreiras non poden permitir que os humanos mortais os poñamos no seu sitio.
Son conscientes de que no 99,99 % das denuncias, sexa en vía penal ou civil no acadan o resultado que quixeran, de aí que sexa máis doado acodir a vía administrativa para exercer as restriccións e con elo a censura que botan de de menos (a franquista), pero iso sí, apelan ao ceo si fai falla para levar adiante tamañas barbaridades. De seguro que ista é unha das famosas 200 medidas de Ragoy. Se por algunha mente lúcida as historias do Carnaval terían de pasar pola censura. En fin como dicía o meu caro amigo: País de ghaita e panderetas!.

Un que leu isto en menéame dijo...

Moito ánimo, arriba a liberdade de expresión.

Anónimo dijo...

Y ahí radica el gran problema.
Estos blogs están registrados en países donde no puedes actuar aunque te llamen cabrón, desgraciado, chulo, se acuesta con menganito, es lesbiana, maricón, o tiene un grano en la punta de la nariz..y todo con nombres y apellidos.
Y cuando entres en un buscador, puedes poner ese nombre y esos apellidos, y verás todo lo que dicen de esa persona.
¿Y a quien demandas tú sobre tu derecho al honor y a la intimidad?
A Perico de los palotes....porque nadie se hace responsable, ni blogspot, ni EE.UU, ni las islas Caimán...
¿Y qué vivimos en una ciudad sin ley donde yo te puedo llamar de todo en un medio de comunicación y aún por encima no puedo defenderme porque todos se esconden tras el ANONIMATO.
pues ese es el problema, y a lo mejor, mañana sois vosostros o vuestros hijos los que tienen la sensación de no estar protegidos.
Y aquí el derecho civil no puede hacer nada ya que es la injerencia en otro país...
Y todo eso pasa por no tener ni idea de cómo funciona el derecho.

Anónimo dijo...

Gostariame coñecer a opinion de algún membro da Asociacion da Memoria Histórica de O Grove, do estado actual no que se atopa o entorno do monumento o médico don Jacobo Otero Goday. Lembro que non hai moito tempo se lle fixo unha homenaxe (no Ano da Memoria), e desde esa, cada vez mais merda, con perdón, containers virados, barcos vellos tirados, etc, etc.
Non será que xa se nos acabou a Memoria para eso....
É unha situación vergoñenta para un insigne antepasado do noso pobo.

Anónimo dijo...

Son dos da Memoria e tes toda a razón. Pero solo podemos denunciar diante do Concello, por escrito, para que o goberno no que confiamos faga algunha cousa para devolverlle a ese entorno emblemático do noso pasado a dignidade.
Diana Otero, empeza a limpar a porquería que tes nos teus blogs, e deixa de ser tan sátrapa, denunciando o que ti misma escribes no voso tolerante pero non respetuoso blog pepetero.

sarampelo dijo...

Xa volven ás andadas, canto añoran a "longa noite de pedra". A concelleira o que tiña que facer era montar ao estilo Pilar primo de Rivera un sucedáneo daquela tenebrosa "Sección Femenina", ía a saber o que significaba ser muller decorativa nos tempos do sáprata.

Escévola dijo...

Olas de novo:
Resulta que onte fun ao blog de Diana
e fixen un comentario a respecto da súa diatriba e outro a respecto dun dos comentarios que tiña no que se usaba unha frase dun sofista grego que propuganaba unha sociedade de castas ou aristócrata. Ben, so dixen que se molestaban os blogs que os levase ao xulgado e que me parecía ben que nese blog de "paladíns da democracia" se usasen citas antidemocráticas e propuganadores de sociedades de castas.
Que pasou? Que ao final os paladíns da democracia censuráronme o comentario. Iso si que é democracia, si señor.

Anónimo dijo...

miércoles, enero 23, 2008
O PP quere fichar os blogueiros

Fíxense nesta cara. Correspóndelle á concelleira do Partido Popular (PP) do Grove (Pontevedra) Diana Otero. Pode ser a próxima estrela mediática da política de dereitas. Acaba de anunciar "unha proposta de regulación normativa na que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI, mediante o que se fagan responsables dos seus contidos e facilitar que estes delictos non queden impunes e que aqueles que se dediquen a insultar e a coaccionar nos blogs poidan ser denunciados polas vítimas".
Talmente como se acabara de ler a lei de prensa que firmou Fraga en 1969. Iso si, con máis atrevemento aínda e, dende logo, notoria ignorancia da situación real da blogolandia. Non sabe esta moza que tal rexistro xa existe e figura en poder dos correspondentes proveedores de internet, que teñen a obriga de facilitar os datos que lles pidan as autoridades xudiciais? Ela saber debe sabelo porque, se non foi ela persoalmente, alguén do seu partido xa ten recorrido varias veces aos xulgados para denunciar blogueiros. Ou é que o que lle gustan son os famosos rexistros (de cara á parede) que tanto lle encantaban a Fraga cando era ministro de Información de Franco?
Resulta preocupante tanto afán de controlalo todo. Di "que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI". A ver, quen ha constituír ese rexistro? Os editores de blogs? Supoño que quererá dicir que o compoña a autoridade competente, se o tempo non o impide. Fala de "delictos que fican impunes" e de que "aqueles que se dediquen a insultar e a coaccionar poidan ser denunciados polas vítimas". Esta concelleira mostra pouca fe no ordenamento xurídico vixente e tén unha fraca idea da blogolandia, na que só ve delincuentes e vítimas maiormente, polo que se desprende da súa opinión. Lendo o que propón, fico tan apampado como parecía estar ela cando lle fixeron a foto, dito sexa con respecto e como definición, que non é o mesmo que insulto.
En fin, hai xente para todo. Por que será que no PP abondan os afeccionados a compoñer listas de todo o que se move e a ver inimigos a bater debaixo das pedras? Queren que andemos outra vez co carnet entre os dentes. E, se cadra, borrarnos das listas. Como borrou Fraga unha vez o corresponsal de Le Monde José Antonio Novais. No que toca a estas cousas Deus, se anda por aí, debería collernos confesados. A formar, coño, que imos rexistralos!

posted by Perfecto Conde @ 19:08 3 comments

Hasta los cojones de ladrones! dijo...

Me parece denigrante el uso de la politica y la democracia por parte esa caricatura de politicos que tenemos en todos las agrupaciones politicas. Sera que acaso en vuestras inquetas cabezas no cabe la idea de democracia, sino de absolutismo. Ningun partido en la historia de nuestro pueblo a tenido la vergüenza de governar sin intereses, de ejercer la democracia como tal, en consenso entre seres humanos que buscan lo mejor para su pueblo... Y así seguiremos, gobernados por una manada de carroñeros que solo buscan su porcion de carne en un cadaver putrefacto de gente que solo se mueve por el interes.

A mis 23 años me veo en un pueblo con grandes posibilidades regido por una panda de incompetentes que jamas han sabido velar por lo mejor para nuestra población.

¿Sera que el Grove es mas feo que nuestro vecino Sanxenxo?

¿Sera que nuestras playas son peores y por eso tenemos menos Banderas Azules?

Si no tenemos infraestructuras, es por algo muy sencillo. EN ESTE PUEBLO NO EXISTE DEMOCRACIA, Y MIENTRAS LAS AGRUPACIONES POLITICAS SE DEDIQUEN A DARSE POR EL CULO UNAS A OTRAS; JAMAS SEREMOS LO QUE DEBERIAMOS SER, UN PUEBLO GRANDE

An dijo...

Eche triste que estas cousas acontezan, por que mentres non se falte o respecto e non se fagan cousas máis alo do legal, os nosos cadernos merecen moito respecto e non ser tildados de delincuentes. Un saudo, unha aperta e meu apollo.

Juan Mendizabal dijo...

Dejo este mensaje por si estan interesados en el intercambio de enlace de texto en forma reciproca

http://intercambiodeenlace.firstposition.info/
http://tus-links.com.ar

Suso Lista dijo...

Solidarizome con vos desde a Costa da Morte. Ainda que penso que non ides ter problemas a non ser que faledes da puta realeza. Eu creo que co que se leva falado de estes inquisidores xa lle chegou abondo e an de parar pola conta que lle ten.

Anónimo dijo...

Torquemada + Inquisición = P.P.

choiva azeda dijo...

Ola Sol, enlazámoste o noso blog. Moita sorte e se precisas máis apoios estamos a túa disposición.

Apertas.

Anónimo dijo...

Estimada SOL:

Hoy he visitado el BLOG DE DIANA y me he llevado la sorpresa de que no puedo acceder a él, porque no soy invitado, como podrás comprobar se ve que le han hecho daño ciertos comentarios y por ello se encierran en el blog para hablar entre ellos.

Y me pregunto yo ¿Será porque no hablan a menudo?.

Pues si el objetivo del blog era llegar al máximo número de vecinos, MAL VAN.

Están cerrandose ellos mismos, pues acabarán por no hablar con nadie, por que alomojoooo, no son de los nuestros????

Un saludo desde noalla.
Blog de Sanxenxo.

Visceral dijo...

O que está claro é que os blogs serven coma soporte de expresión e que non se pode vulnerar esta liberdade así coma así. Se denuncian por caluminias deberanas demostrar, e ante todo, dependendo da profesión que cada un teña vese máis ou menos exposto a ser criticado e aparecer nos medios, xa sexa internet, tv, etc. Precisamente os políticos vense nesta tesitura, e sempre que se respete o seu dereito á intimidade e vos refirades a súa política tedes todo o dereito a vos expresar. Xa que se lles dan a razón terán que prohibilas pancartas que ridiculicen os políticos en manifestacións, revistas coma "El jueves", ou calquera vía de expresión que simplemente manifeste un punto de vista sobre un feito ou acción referida a súa profesión, a cal repercute directamente na vida dos cidadáns dos que son alcaldes ou concexais. Por iso, para min a súa demanda está fora de lugar sempre que se respete a súa vida privada e vos refirades á vida política.

Diario dunha vida improvisada dijo...

Hola Sol e todos os Blogeir@s! antes de nada darche as gracias por ańadirme nos teus enlaces, e o segundo, pois eso, que vou a decir, pareceme unha burrada pero das grandes o documento ese, sobre todo escudandose na filosofia grega, que pasa, que se quere dar maior importancia?, non sei, non me parece un documento saido do corazon, mais ben feito a machada, e desde un punto de vista caciquista, xa que creo eu que si te metes no mundo da politica meteste con todos os pros e con todos os contras, o que implica recibir criticas!, eso, que non me merece o tempo escribir por eso, porque me parece unha burrada moi grande, e non vivimos na Espanha de fai 50 anos, aunque alguns quixesen...

Anónimo dijo...

claro que si, rojos, o unico que vos preocupa e a libertade de expresion cando se trata de vos, ah, carallo, cando a libertad de expresion e contra vos, saltades como ratos e decides que os ¡ fachas!, ¡ franquistas !, e todo aquel que non esta deacordo cas vosas ideas stalianianas, aique levalos a fogueira. QUE POUCO VOS QUEDA QUE DISFRUTAR, XA SE DESTAPARA A MERDA QUE TENDES OCULTA EN MADRID, DESPOIS A VER QUE DI ALGÚN.

Anónimo dijo...

!! Por qué no te callas ... !!

iwo jima dijo...

Estache moi ben iso de falar da libertade de expresion, do dereito a critica...Pero que hai da igualdade? O principio de igualdade está recollido como un dereito, e deixa de selo cando unha persoa ofende, insulta, menosprecia,etc a outra dando o seu nome, o seu apelido e hata o dos seus familiares e se abriga baixo o manto de un anonimo ou un alias.Ahi e donde se rompe o principio da igualdade.Di o que queiras, expresate en libertade, pero da a cara.O demais son paparruchas e literatura barata,falar por falar.

Anónimo dijo...

En dereito a carga da proba compete a quen acusa ou demanda. Iso é así desde fai moito tempo. Quen se sinta prexudicado pode acodir ás accións civís e penais que estime oportunas e se non tén medios pode solicitar Avogado e Procurador de Oficio, sempre e cando non gane máis do doble do salario mínimo interprofesional. Existe un privilexio que non o teñen o resto das outras persoas ¿donde a igualdade?. Ese privilexio o é para os funcionarios, Autoridades e Axentes no exercizo do seu cargo, pois unha simple denuncia vale para que o Ministerio Público exerza as accións. Polo tanto se estamos a falar de personaxes públicos o teñen bastante doado non che parece?. Cuestión ben distinta é o choque entre as liberdades de información e expresión e o dereito á honra, intimidade, etc, etc, cando isto afecta a personaxes públicos, pois é criterio da xurisprudencia que deben de prevalecer os primeiros, sen prexuízo da existencia de condenas polas barbaridades que se din.

Jose A. Pérez dijo...

Hola.

Soy Jose A. Pérez, del blog mimesacojea.blogspot.com

Acabo de leer un comentario que Sol Costas (supongo que eres tú) me dejó (dejaste) en mi blog.

He flipado MUCHO al leerlo y más todavía al leer el artículo.

Sol, mi blog tiene bastantes visitas. Te invito, por favor, a que escribas un breve texto indicando lo que te están haciendo y lo envíes a:

mimesacojea@yahoo.es

Te lo encantaré encantado en mi blog.

Por lo demás, trabajo en televisión. Haré lo posible por difundir tu caso.

Un abrazo y fuerza.
Jose A. Pérez

Anónimo dijo...

Prezados Blogueir@s, fago unha parentesis neste tema para postear unha pregunta: ¿Que pasou co PXOM?

Lembro que cada un dos grupos que compoñen O Cuatripartito, na campaña eleitoral, escupiron coa boca aberta que sería caseque a primeira cousa que atacarían na mais tocar poder. No publicado Convenio do Pacto de Goberno, tamen asemellaba que ia ser o buque insignia da acción deste goberno.
Logo de uns cantos meses (7 u 8) os avances na materia do grupo de goberno non van a paso de tartaruga senón de nocra.
¿Será que xa non é un tema de primeira necesidade para o pobo?
¿Será que se pretende arranxar os deficits dotacionais con estranos plans especiais artellados co beneplacito da COTOP?
Non sei, non sei...Unha vez mais, e xa van...., volvemos a perdelo tren.
Algúns que tiñamos unha certa esperanza de cambio real nos feitos e actitudes do goberno empezamos a perdela fe.
Vai a ser que este e un goberno de Pantalla e de Propaganda!, En definitiva de Fume. Y donde dije Digo digo Diego, con escusas de mal pagador.
Malo, Malo.

El de La Criba dijo...

Los vecinos de un pueblo no pueden opinar en un blog, pero Losantos puede escupir contra más de la mitad de los españoles diariamente en una emisora de radio, por no hablar de las pajas mentales de algunos políticos... Tendremos que aguantar que nos insulten y encima cerrar la boca, al parecer ya no se puede opinar en este pais. Defiendo la libertad de expresión, incluso la de Losantos (aunque en este caso creo que ha sobrepasado ya muchos límites); pero ver la paja en el ojo ajeno (que esto aun habrá que estudiarlo detenidamente) y no ver la viga de hormión armado de 4x4 en el tuyo... manda eggs (citando a
Trillo).
Siguiendo con el tema, me gustaria abrir un debate, ¿Que os parecen las letras de alguna comparsa?. En concreto hay una que arremete contra la Policia Local insultando directamente y llamandoles H...s de P..a. La letra dice "solo estan para poñer multas, para eso entralle a presa os hijos de puta,deixas o coche mal un momento, receta no parabrisas..... o fillo de vivencio e a gorda hai que darlle un premio..". Dejando de lado el tema de las "recetas" que es su trabajo, a mi no me gusta estar parado 10 minutos en el coche porque un algún espabilado deja el coche un momento en doble fila, creo que se han pasado entrando en insultos tan graves y de forma tan directa. ¿Donde esta SuperDiana ahora?. ¿Y el Alcalde que estaba presente en el pabellon cuando cantaron la letra?, ¿sera esto tambien denunciable en el Juzgado?

Anónimo dijo...

Esto pode interesarvos

http://www.inkilino.com/2007/01/08/trece-delitos-que-se-pueden-cometer-con-un-simple-post/

Anónimo dijo...

Parece ser, me din, que M.M. leu nun blog una nova e fixo pesquisas no Concello, resultado:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3261_17_199465__Arousa-Policia-estudia-denunciar-comparsa-delito-injurias

iris dijo...

Dende Sanxenxo queroche mostrar o meu apoio pois a liberdade de expresión é un dereito que temos.

Animo e segue así.

Anónimo dijo...

Na nosa Vila ben é certo que non existen pandas mafiosas ao estilo da implantadas en Madrid, Barcelona e outros lugar, pero sí te atopas con auténticos energúmenos: animais irracionais con roupa, que non respectan nada nin a ninguen, cuns mínimos modais, carentes de civismo e de educación, para eles só cumpriría a reeducación en centros especiais ou dárlle cursos pedagóxicos por especialistas: sicólogos, sociólogos e incluso clases de Tai-Chi para atemperar esa enerxía irracional e canalizala nun sentido positivo, incluso na axuda social aos demais.
Isto vén a conto porque fun testemuña dun feito que non se parecía para nada á realidade, un Policía Local que multou a un individuo por non levar casco, a infracción da Lei é o de menos, aquí para chulo "yo", e pódome permitir o que me dá a real gana en aras da liberdade de expresión, que se facedes o que vos da a gana, que si falo alto porque me sae dos collóns, que se invoco a seguridade colectiva e os meus dereitos, que se patatín, que se patatán, eso sí, o fago cando estou en manada, pois iso me dá a forza suficiente para pórme "gallito" e quen realmente representa á Autoridade (P.L. e Garda Civil) teñen que entender a mensaxe para que achanten, diante do alporizamento do ciudadano que non é delincuente e polo tanto que goza dos seus dereitos divinos e humanos.
Non estou polo de antes, faltaría máis, pero tampouco estou polo de agora, as cousas nos seus xustos termos, se houbera sentidiño na educación dos nosos fillos non chegariamos a ver como un pai pór a parir a un P.L. porque lle pón unha multa por non levar casco, senón todo o contrario, se fora civicamente racional e educado e non inculto neste sentido, porque o termo cultura non só é saber moito de moitas cousas, é tamén saber comportarse civilizadamente, pois o que faría sería botarlle ao seu fillo unha reprimenda e deixalo sen ciclomotor unha boa temporada para que aprendera.
En fin afortunadamente elo é unha excepción, pero moito me temo que é unha excepción que desgrazadamente se vai extendendo pouco a pouco.

Anónimo dijo...

Y Diana donde está, ah... de vacaciones en el Sanatoria de A Lanzada para coger ánimos y soltar otra macanuda de las de ella.

Anónimo dijo...

Se algunha se pensaba que tiña o sillon pillado (gañado sen facer nada), e a iso se lle suma unha hipotética liberación, e un futuro marabilloso dentro do Partido Prometedor, e moito máis por vir: montes e moreas, un soño pois a volta do curruncho que xa cáseque se podía tocar, sentir, acariñar, facer realidade; de súpeto esfumóuse e ficou abraiada por unha realidade totalmente distinta a programada, e como para estar cabreada co cuatripartito, pero tamén é non ter sentido ningún e incluso o que non deixa de ser gravísimo: o de non asumir que en democracia a mitade máis un son maioría. Así o Partido Prometedor sigue nas antípodas da realidade social, e seguirá se non muda, aínda que eu non o vexo nada doado, pois como di ese meu bo amigo, desde que Rajoy foi para Madrid (daquela co goberno Asnar), a involución reaccionaria, o sen sentido, o descrédito tén nome.

Anónimo dijo...

Manuel Fraga Iribarne retiró, en 1965, el "carnet de corresponsal de prensa" al periodista gallego José Antonio Novais Tomé (Le Monde)

Ton. dijo...

o que hai que ter e pouca verghonsa, solo con eso xa lle dan a un o carnet pp/pipiolo.