O Salnés é a comarca galega onde máis aumentou o paro en outubro e O Grove lidera a lista por concellos.
O mes de outubro pechouse con 666 persoas apuntadas na listas do paro máis que en setembro o cal a sitúa á cabeza no ránking das comarcas galegas, seguida de Vigo (408) e A Coruña (341). As únicas bisbarras onde diminuíu o paro foron Noia e Muros. No Salnés foi O Grove o municipio no que o incremento foi maior, pasando de 492 persoas paradas a 745, unha circunstancia motivada, en boa medida, ao descenso da actividade no sector servizos. Sanxenxo, outro concello turístico, tamén rexistrou un aumento notable pasando de 644 a 793 desempregados.
No caso de O Grove, dos 745 parados, un cento son menores de 25 anos, e no segmento de máis idade (maiores de 25 anos) é onde máis se acusa a diferenza entre a situación de homes (208) e mulleres (437).